Arquivo da categoría: BD Norteamericana

Ether, outra obra de David Rubín para USA

Ether-metrópoles delirantesDavid Rubín segue traballando a bo ritmo alén do Atlántico, despois de The Fiction, a serie que fixo con guión de Curt Pirés, xa editada en españa pola súa editorial habitual, Astiberri, xa está a traballar na nova serie que Dark Horse anunciou na pasada Comic-Con de San Diego.

A serie titulada Ether é unha historia fantástica sobre o que pasa cando a ciencia e a maxia se atopan. Para esta nova aventura américana, Rubín  forma equipo creativo con Matt Kindt aos guións.

Ether conta as aventuras de Boone Dias, un científico e explorador da Terra que intenta entender como encaixa a maxia no seu propio mundo científico. Boone é un asiduo visitante do Ether, unha realidade alternativa máxica. Os habitantes do Ether confian en Boone para resolver algúns crimes a través da combinación do seu coñecemento científico coa maxia.

ether-metropoles delirantes 2O primeiro número de Ether estará a venda o 16 de novembro deste ano en formato físico e dixital.

Aquí unha entrevista ao guionista Matt Kindt (en inglés) na que fala así de David:

Vin o que fixo no seu incríbel libro “O heroe” e tamén nos spin off de Battling Boy (Aurora West) e simplemente namorei do seu estilo, andaba a buscar por todas partes artistas, estaba sendo super esixente, porque hai moito material divertido para debuxar nesta serie, e quería debuxalo eu, pero a miña axenda faino imposíbel polo menos para dous anos e non quería agardar tanto. Entón vin cousas de David e que estaba dispoñible, e eu sabía que podería facelo mellor do que eu xamais podería. Ese foi o punto de inflexión. David é unha estrela e teño moita sorte de traballar con el.

Os gañadores dos Premios Eisner 2016

eisnerawards_logo_12-Metrópoles DelirantesOnte a noite falláronse os premios máis importantes da bd norteamericana, David Aja gañou o seu quinto premio, desta volta como mellor portadista, tamén destacamos o premio á mellor colorista que gañou Jordie Bellaire, a colorista do Pretty Deadly da nosa Emma Ríos. Sigue lendo

Tempo de piratas e ilustrados

Descubertas científicas, novos estilos e innovacións nas artes, mudanzas clave nas fronteiras, cambios sociais drásticos… o mundo no que nos movemos hoxe non podería entenderse sen todo o acontecido durante o século XVIII, onde atopamos as raizames da modernidade. O Século das Luces foi ademais un dos contextos históricos preferidos para a vertente máis aventureira da BD, grazas ós numerosos personaxes que se moveron entre fronteiras: a das vellas e novas ideas, a das leis e a marxinalidade. E as mesmas viñetas tamén nos achegan detalles relevantes e case descoñecidos sobre o pasado.

A piratería: reflexo do poder da navegación

O século XVIII é unha das idades douradas da navegación, sendo décadas con constantes combates no mar entre as diversas potencias europeas. Cinguidos a ese mundo en conflito destaca a figura do pirata, que agocha unha realidade complexa de diferentes tipoloxías (corsarios, bucaneiros, filibusteiros…) e obxectivos persoais.piratas01-metropoles-delirantes

O espírito das lendas arredor de figuras coma o capitán Roberts ou Anne Bone trasladáronse ó cómic en multitude de cabeceiras durante os anos cincuenta-setenta, e onde predominou unha visión romántica: asaltaban barcos sen ningún tipo de compaixón pero fascinaban ós lectores máis novos con guións que souberon empregar as mellores técnicas narrativas do folletín. Entre todas elas sobresae o Barbarroja de Charlier e Hubinon, publicada no semanario Pilote e que cos seus máis de corenta anos de percorrido serve para coñecer coas súas tramas boa parte da historia naval do momento. Sigue lendo

Os mil mundos da ciencia ficción

Partimos a pé cara un planeta máis alá / porque estamos máis que namorados da vida e do que somos, escribiu o gran Ray Bradbury nun dos seus poemas sobre a obsesión do ser humano polo descoñecido. Esa fascinación sobre o que supera as nosas fronteiras (xa sexan planetarias ou temporais), as posibilidades da tecnoloxía e a infinita variedade de consecuencias para a sociedade forman parte das raizames da ciencia ficción, un xénero sen límites tamén na banda deseñada.

Se no ámbito literario Verne ou H.G. Wells sentaron as súas bases no XIX, as publicacións pulpsciencefiction01 de comezos do XX supuxeron un antes e un despois para a ilustración e os cómics desta temática. Revistas coma Amazing Stories —con portadas que sempre paga a pena revisitar pola súa modernidade— ou Planet Comics, amosaron os perigos de viaxes interplanetarias e futuros distópicos. Nesta última publicación tamén destaca a presenza de pioneiras coma Fran Hooper, debuxando a Mysta of the Moon, unha protagonista feminina con amplos coñecementos científicos e cun papel activo que non se limitaba a agardar polo heroe.

Viaxes espaciais entre xornais

A relación coa prensa (a través de tiras diarias ou páxinas dominicais) foi vital nos primeiros anos do cómic de ciencia ficción, con Flash Gordon coma o exemplo máis representativo do impacto que podían ter as viñetas xa nos anos trinta. Entre as historias que desbordan unha complexa imaxinería de planetas e culturas diversas sobresae o traballo de Alex Raymond. Aínda así foi a etapa de Dan Barry cando se afondou no contexto científico do cómic (axudado por escritores e guionistas que dominaban o xénero, fornecendo as tramas de maior credibilidade).

Esta estreita relación cos xornais está presente noutras obras como Garth —na que se introducen as viaxes no tempo e as implicacións morais de alterar o pasado— ou Jeff Hawke – onde destacou o elemento dramático e a psicoloxía das personaxes sobre a acción, que predominaba noutras publicacións contemporáneas—. Sigue lendo

Cando o Western e a BD cabalgan xuntos

Hai certas épocas que forman parte do noso imaxinario colectivo, con escenas e protagonistas que aparecen na nosa cabeza con só escoitar unha palabra. Un deses momentos inabarcables é o século XIX norteamericano e a palabra clave, o Western. Este xénero está enraizado na nosa educación sentimental / visual –persoalmente bótolle a culpa ós planos de Ford, á música de Morricone e ó rostro de Charles Bronson—, sendo o cómic un medio que soubo captar a liberdade, o perigo e as paisaxes sometidas ás cores do deserto.

Mais as viñetas situadas neste contexto histórico falan ademais dunhas circunstancias concretas: o final dun xeito de vida nos Estados Unidos e a chegada da “civilización” (dito isto cunhas comiñas moi, moi grandes). E mentres se dan os primeiros pasos para a brutal modernización do país, nas páxinas camiñan historias que podemos analizar dende múltiples perspectivas.

A paisaxe e o (anti)heroe solitario

Se hai unha protagonista ineludible no Western, esa é a paisaxe: o seu peso na composición convértea nunha personaxe máis que vai moldeando a tódolos individuos que a atravesan. Xa sexa da man de Giraud ou Palacios, os debuxos son quen de facernos sentir a calor, o pó e a beleza dos espazos abertos ou a opresión do Canón do Antílope. Pero tamén é un mundo que agroma arredor do ferrocarril, as cárceres, os pobos mexicanos e as cidades (coa omnipresencia do saloon coma centro sobre o que pivotan boa parte das tramas, tan ben retratado polo trazo de Boucq en Bouncer).western01

Nesta particular xeografía móvense os protagonistas, que durante a primeira etapa do xénero —entre os anos trinta e cincuenta—, popularizaron múltiples cabeceiras con distinta sorte. Entre todas elas destacaron Ringo Kid, El llanero solitario (dando o salto dende un serial radiofónico) ou Two Gun Kid, cun Kirby que volvía demostrar o seu poderío visual para as escenas de acción. Case sempre eran individuos acusados falsamente dalgún delito e durante a súa fuxida aproveitaban para impartir xustiza ó seu xeito. Sigue lendo

Miguel Porto publica “Allen: Fillo de Hellcock” nos EUA

Allen-Miguel- Porto-metropoles-delirantesA bd galega segue a exportar talento, Miguel Porto, debuxante e mestre na escola profesional de bd O Garaxe Hermético, publica este vindeiro 9 de Nadal o primeiro número da serie que está a facer para a editora norteamericana Z2 Cómics con guión de Will Tracy e Gabe Koplowitz.

Hellcock2-Miguel- Porto-metropoles-delirantes

 

A bd é  unha serie de fantasía épica que conta as aventuras do fillo inconformista dun gran guerreiro medieval. Allen é cobarde e físicamente debil e tamén é o único fillo do heroe máis poderoso capaz de afundir a espada fondamente no escuro corazón do mal … o poderoso HELLCOCK! A pantasma do seu pai empuxa a Allen para ir nunha búsca que non irá polo camino agardado.

Haberá presentación nas librarías Banda deseñada en Vigo e Sindicato del Cómic en Ourense que ademais van ter exemplares á venda.

Lobeto será Laura Kinney

AllnewLobetoParece que Marvel atopou ó filón en feminizar os seus superherois, despois de facelo con Thor volve a facelo con Lobeto. Na nova serie que foi lanzada neste mes nos Estados Unidos a partir de agora, Wolverine será Laura Kinney ou X-23, un clon feminino do mutante que ten as súas mesmas habilidades de rexeneración e forza, e por suposto o esqueleto de adamantium e as características gadoupas .

O personaxe xurdiu cando intentaron copiar o Proxecto Arma X (o experimento científico, que buscaba crear un arma definitiva, onde lle subministraron o adamantium a Logan) Laura foi creada como unha máquina asasina, máis conseguiu liscar e rematou sendo a protexida e aprendiz de Logan.

Na nova serie chamada “All-New, All-Different” Wolverine morre por un virus que ataca a súa capacidade rexenerativa e Laura Kinney ou X-23, decide substituílo co mesmo uniforme.