Arquivo da categoría: Cinema

Psiconautas, los niños olvidados

O vindeiro 24 de febreiro estrearase nos cines a película “Psiconautas, los niños olvidados“. O filme, que está nomeado aos premios Goya 2017 na categoría de Mellor Película de animación, foi dirixido por Alberto Vázquez e Pedro Rivero e está baseado na novela gráfica orixinal do mesmo título do propio Alberto Vázquez, a fita é unha coprodución entre a produtora galega Zircozine e Basque Films.

“Psiconautas, los niños olvidados”, continua o camiño iniciado coa curtametraxe “Birdboy”, que baseado igualmente nun libro de Alberto Vázquez do mesmo título, obtivo en 2012 o Goya á Mellor curtametraxe de animación.

Sinopse:

Despois dunha terríbel catástrofe ecolóxica na illa que habitan, Birdboy e Dinki perderon aos seus pais. Houbo un tempo no que afrontaron xuntos a súa dor, pero Birdboy vive agora illado no bosque, consumíndose, e alleo a que Dinki decidiu emprender unha arriscada viaxe na busca dun lugar mellor. Birdboy terá que loitar contra os seus demos interiores si quere unirse a Dinki a tempo de axudala na súa aventura e salvarse a si mesmo.

Os mil mundos da ciencia ficción

Partimos a pé cara un planeta máis alá / porque estamos máis que namorados da vida e do que somos, escribiu o gran Ray Bradbury nun dos seus poemas sobre a obsesión do ser humano polo descoñecido. Esa fascinación sobre o que supera as nosas fronteiras (xa sexan planetarias ou temporais), as posibilidades da tecnoloxía e a infinita variedade de consecuencias para a sociedade forman parte das raizames da ciencia ficción, un xénero sen límites tamén na banda deseñada.

Se no ámbito literario Verne ou H.G. Wells sentaron as súas bases no XIX, as publicacións pulpsciencefiction01 de comezos do XX supuxeron un antes e un despois para a ilustración e os cómics desta temática. Revistas coma Amazing Stories —con portadas que sempre paga a pena revisitar pola súa modernidade— ou Planet Comics, amosaron os perigos de viaxes interplanetarias e futuros distópicos. Nesta última publicación tamén destaca a presenza de pioneiras coma Fran Hooper, debuxando a Mysta of the Moon, unha protagonista feminina con amplos coñecementos científicos e cun papel activo que non se limitaba a agardar polo heroe.

Viaxes espaciais entre xornais

A relación coa prensa (a través de tiras diarias ou páxinas dominicais) foi vital nos primeiros anos do cómic de ciencia ficción, con Flash Gordon coma o exemplo máis representativo do impacto que podían ter as viñetas xa nos anos trinta. Entre as historias que desbordan unha complexa imaxinería de planetas e culturas diversas sobresae o traballo de Alex Raymond. Aínda así foi a etapa de Dan Barry cando se afondou no contexto científico do cómic (axudado por escritores e guionistas que dominaban o xénero, fornecendo as tramas de maior credibilidade).

Esta estreita relación cos xornais está presente noutras obras como Garth —na que se introducen as viaxes no tempo e as implicacións morais de alterar o pasado— ou Jeff Hawke – onde destacou o elemento dramático e a psicoloxía das personaxes sobre a acción, que predominaba noutras publicacións contemporáneas—. Sigue lendo

Estrease a película: Anacleto, Agente secreto

O cinema é un negocio de ciclos, o éxito dos estudios Marvel coas adaptacións alimenta a febre de levar cómics ó cinema, e na España tamén se está a vivir esta tendencia, despois de Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape ou Capitán Trueno (sic), mañá Venres será a estrea da película de imaxe real que adapta o coñecido personaxe “Anacleto agente sercreto” de Vázquez. A fita parodia as películas e novelas de espías e os protagonistas son Imanol Arias e Quim Gutiérrez. Na película hai máis acción que nos cómics, mais mantense o ton humorístico dos tebeos. Anacleto é un veterano axente que comparte aventuras con seu fillo Adolfo. O vilán é un criminal chamado Vázquez, interpretado por Carlos Areces.

Xa hai rumores de que o director quere levar ó cinema deseguido o Superlópez de Jan.

Novo libro e novo filme de Sfar

O_gato_do_rabino6No mes de Agosto, concretamente o 28, en Francia, Joann Sfar publica unha nova entrega das andanzas de “El gato del rabino” que levara por titulo “Tu n’auras pas d’autre dieu que moi” e será o sexto tomo desta banda deseñada que xa é un imprescindible nas bedetecas.

Ademais e despois de “O gato do rabino” e “Gainsbourg” chega as salas de cinema francesas o terceiro filme dirixido por Joann Sfar que leva por titulo “A dama no coche con gafas e un fusil”. O filme está baseado na novela de Sèbastian Japrisot que foi adaptada por Gilles Marchand e Patrick Godeau. A cinta está protagonizada por Sebastian Biolay, Elio Germano, Stacy Martin e Freya Mavor. A_dama_e_o_cocheTratase dun Thriller que xira ó redor dunha misteriosa muller rubia, miope, sentimental, mentirosa e obstinada. A mais inquedante das heroinas. Unha muller que nunca viu o mar que fuxe da policia e que non deixa de repetirse que non esta tola…

O desenrolo e o final desta historia poderan gozala nas salas de cinema en Francia a partires do cinco de agosto. No Estado Español ainda haberá que agardar non se sabe canto (ainda que o mais seguro e que quede polo camiño).

Sen dubida este agosto será o mes “Sfar”

Kemushi no Boro, o vindeiro traballo de Miyazaki

studio_ghibli_logoDespois do anuncio da súa enésima retirada o mestre e grande cineasta xaponés, Hayao Miyazaki, está a traballar unha curtametraxe que será a primeira da súa longa carreira feita íntegramente con ordenadores, estará protagonizada por unha eiruga e a produción durará tres anos, segundo ven de anunciar recentemente o seu fillo Goro Miyazaki.Miyazaki

O guión desta curta estará baseado no dunha longametraxe que nunca se filmou, titulado ‘Kemushi no Boro’ (‘Boro, a eiruga’) e foi escrito antes que ‘A princesa Mononoke’ (1997).

O protagonista é, en verbas do propio Miyazaki, “un ser tan pequeno que se podería esmagar cun dedo”. O filme faise para ser proxectado en exclusiva no Museo Ghibli de Tokio, durara uns 10 minutos, segundo fixo público Toshio Suzuki,  presidente e productor xefe do Studio Ghibli.

“Os combates cotiás” adaptada ó cinema

OscombatescotiasO director Tuel Laurent, nominado os Premios Cesar pola súa pelicula, “Jean-Philippe”, levou a gran pantalla a adaptacion da BD de Manu Larcenet “Os combates cotiás”. A pelicula de baixo presuposto conta cos actores Nicolas Duvachelle (nominado ó Cesar no 2012 coma mellor actor de reparto polo seu traballo en Polisse) e Maud Wyler.

Despois das moitas negativas por parte de Larcenet a moitos productores de cine para facerse cos dereitos do comic, o autor deu luz verde a esta adaptación logo dunha xuntanza mantida co director da fita.

A pelicula conta a loita de Marco (Nicolas Duvauchelle) un xoven entrado nos trinta, fotógrafo e sometido a psicoanalise en Paris a 600 km da sua casa. Unha pelicula que xira, arredor do compromiso co amor, a devoción ó traballo, o rexeito do pasado e o combate cos seus vellos demos.

Ainda que a pelicula sera lanzada oficialmente en Francia o 15 de xullo deste ano, sera presentada nunha preestrea o día 12 na localidade de Saint-Renan en Finistère.

Ainda non hai datas sobre a sua chegada os cinemas de España. “Os combates cotiás” é unha obra publicada por Norma editorial en España.

Capitão Falcão

Capitao-Falcao-metropoles-delirantesEstreouse en Lisboa, o 23 de abril, a primeira (que saibamos) película dun superheroe portugués, é con grande éxito de público.

O filme é dirixido por João Leitão, e leva por titulo Capitão Falcão, os actores principais da fita son: Gonçalo Waddington, David Chan, José Pinto, Rui Mendes, Miguel Guilherme, Bruno Nogueira, Nuno Lopes e Ricardo Carriço.

A sinopse oficial do filme é esta:

Capitão Falcão conta a história de um super-herói Português ao serviço do Estado Novo. Juntamente com o seu sidekick, Puto Perdiz, Falcão combate todas as ameaças à Nação, respondendo a um homem apenas, António de Oliveira Salazar. Mas estranhos acontecimentos e uma ameaça democrática começam a invadir a capital. Conseguirá Capitão Falcão salvar o dia?

Sigue lendo