Arquivo da categoría: Concursos

Alicia Jaraba, gaña o Concurso de Cómic Ganorabako

ganorabako-logo-Metrópoles DelirantesA nosa compatriota Alicia Jaraba (Pontevedra), ven de gañar o concurso de Cómic Ganorabako con coa obra Superhéroes, organizado por Kultur Basauri e dotado cun premio de 900 euros. O tamén galego Vicente Salvador (A Coruña) levou o terceiro premio coa obra Avante! A marte.

 

Os traballos premiados poderán verse nunha exposición en Pozokoetxe Kultur Etxea a partires do 18 de abril. Posteriormente editarase un número da revista Ganorabako no que se incluirán os traballos galardonados.

Aquí podedes ver os traballos dos gañadores.

Sorteamos os 4 Finnegans editados.

Finnegans-Metrópoles DelirantesPara celebrar os 50 programas imos sortear un feixe cos 4 Finnegans editados polo de agora.

Que tedes que facer? Simple:

  1. Seguirnos no tuiter (@metropolesd).
  2. Tuitear co hashtag #EscoitaAsMetrópoles.

Tedes ata o Luns ás 12 da noite.

Convocatoria da 3º Edición do Premio de Cómic Manchacómic

Premio Manchacomic 2016-Metrópoles DelirantesEn Outubro celébrase en Ciudad Real o festival Manchacómic, que convoca un concurso de bd. Velaí unha escolma das bases:

  • As solicitudes presentaranse seguindo o modelo dispoñible na web www.manchacomic.es.
    Deberá acompañarse a obra tanto en formato papel como en formato dixital.
  • O prazo de presentación dos traballos será ata o 7 de Septembro de 2016.
  • O premio poderá ser declarado deserto.
  • A concesión do premio publicarase na web de Manchacómic.
  • O prazo máximo para resolver a presente convocatoria será de 3 meses.
  • A obra gañadora poderá ser publicada por AmiCo e Manchacómic.
  • Entregarase ao autor/a o 5% da tirada.

Sigue lendo

14º Certame de Cómic de Cangas

Cómic-Cangas-Metrópoles DelirantesA Concellería de Cultura de Cangas, convoca o décimo cuarto certame de Cómic, dirixido a novos artistas de ata 35 anos cumpridos en 2016.

Os traballos deben presentarse antes do 30 xuño de 2016, na Casa da Xuventude de Cangas, Rúa Real 29. 36940 Cangas. Pontevedra.

Establécense tres categorías:

Categoría A de 18 a 35 anos. (Premio 500 €).
Categoría B de 14 a 17 anos. (Premio 200 €).
Premio á Viñeta Xove para menores de 14. (Premio 100 €).

Os traballos serán orixinais, con textos en galego, de creación propia e inéditos, non debendo ter sido premiados anteriormente. O tema e a técnica son libres, e o formato será DIN-A4. A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B; e de 2 a 4, para o Premio Viñeta Xove.

Os traballos presentaranse polo sistema de plica, nun sobre pechado aparte, no exterior deste sobre figurará o título ou lema e a cateegoría na que se participa e no interior título ou lema, fotocopia do DNI, enderezo e teléfono de contacto.

Máis información na Casa da Xuventude de Cangas, teléfono 986 392 171

XXII Concurso Nacional de Cómics “Ciudad de Dos Hermanas”

concurso-comic-dos-hermanas-206x300O concello de Dos Hermanas, convoca o XXII Concurso Nacional de Cómics “Ciudad de Dos Hermanas”. Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que o desexen, sen limitación algunha, de forma individual ou colectiva, e residentes en España.

  • Opción A: Cómic de Tema Libre (Premio único: 500 €).
  • Opción B: Manga de Tema libre. (Premio único: 300 €).
  • Opción C: Historieta referente ao Programa de Educación Afectivo-Sexual “Sin Miedo”. (Premio único: 500 €).
  • Opción D: Historieta referente ao Programa de Prevención de Adicciones “Dos Hermanas Divertida”. (Premio único: 500 €).
  • Opción E: Historieta pola Igualdade e contra a Violencia de xénero. (Premio único: 500 €).

Hai tamén un premio especial “Autor Menor de 18 anos” dotado cun premio único de 300 € (só obras realizadas íntegramente por menores de 18 anos).

O prazo de presentación de obras remata o 12 de Febreiro de 2016, non se admitirán aquelas obras que cheeguen de forma posterior a esta data.

Bases completas aquí