Arquivo da categoría: Cursos

Curso de Ilustración de Jano no Museo de Arte Contemporáneo de Coruña

jano-metropoles-delirantesJano, o tiraboleiro maoir da revista O Botafumeiro vai impartir un curso de ilustración no MAC da Coruña. Neste curso vanse explorar as relacións entre esta disciplina artística e o relato escrito para realizar proxectos propios.

Partindo dun conto, canción ou artigo de opinión os participantes apenderán a preparar unha ilustración que acompañe e complemente ao texto dun xeito clara e atractivo, tamén como adaptar a imaxe ao formato e tamaño apropiados, as posibilidades narrativas e as técnicas e recursos que mellor se adapten as necesidades expresivas.

Contidos.
1. Antecedentes históricos e referentes contemporáneos da ilustración moderna.
2. Tipos e usos da ilustración editorial: cartelería, packaging e estampación.
3. Creación de conceptos e traducción á linguaxe gráfica.
4. Procesos metodolóxicos para a construcción de imáxes desde o bosquexo ata o arte final.
5. A cor e os seus efectos narrativos na percepción psicológica.
6. Introducción ás ferramentas e técnicas da infografía dixital (Photoshop, Illustrator e Manga Studio).

Máis información.

 

Master class de Enrique Fernández no Garaxe Hermético

Masterclass_EnriqueFernandezO vindeiro Venres 19 de xuño de 11:30 a 14:00, Enrique Fernández autor de “Brigada” impartirá unha master class titulada “Creación de Cómic e Autoedición Crowdfunding” na escola O Garaxe Hermético de Pontevedra.

Para reservar praza:
Email: ogaraxehermetico@gmail.com
Tlf: 610 33 73 12

O prezo é de 25 euros. (Gratuíto para os alumnos matriculados nos Cursos Profesionais).

Enrique Fernández, é autor de cómic, comezou traballando en animación (El Cid, Nocturna) para despois adicarse por completo a banda debuxada. Traballou para editoriais francesas, onde xa leva publicadas varias obras, algunas traducidas ó español. Acadou na plataforma de Crowdfunding VERKAMI financiación para os seus dous volumes de BRIGADA (50.063€ para BRIGADA nº1 e 48.224€ para BRIGADA Nº 2)

Autobom

Autoban_gifOs organizadores do exitoso Autobán non paran de traballar e así os vindeiros venres 20 e sábado 21 de febreiro, celebrarase o Autobom, a versión invernal do evento de autoedición coruñes. Será un evento máis enfocado aos fanzineiros, e non tanto ao público xeral. Hai varias actividades programadas, algunhas son presenciais e outras non. As presenciais serán en THE ROOM.

VENRES 20 de febreiro.

De 18 a 21 h. – Autolab.

O venres pola tarde haberá unha serie de exercicios de estilo coa axuda da xente de LabOu. Son exercicios divertidos que permiten facer un cómic entre varias persoas dunha forma rápida, amena e colaborativa, a idea é facer durante a fin de semana un fanzine (o Autozine), cun contido que veña do cómic común que se faga ese venres pola tarde e coas colaboracións vía e-mail. A data límite para enviar o teu cómic para o Autozine é o venres 20 ata as 20 horas.

Sigue lendo

Master class de Emma Ríos no Garaxe Hermético

9432934453_a6602e26d9_bO Garaxe Hermético, a escola profesional de banda deseñada que dirixe Kiko da Silva terá este mes unha invitada de luxo, desta volta a autora galega, nominada ós Eisner de este ano, Emma Ríos, vai impartir unha Master Class na escola o vindeiro xoves, 18 de Nadal.

Emma Ríos, fará unha viaxe pola creación da súa última obra “Bella Muerte/Pretty Deadly” e amosará todas as fases creativas, desde a idea ata o libro final.

O Garaxe Hermético está na rúa Álvaro Cunqueiro 4, Baixo.

Horario: DE 12:00 horas a 14:00 horas.
Prezo: 30 euros.

Reservas de Praza: 610 33 73 12 –  ogaraxehermetico@gmail.com

As prazas son limitadas.

Obradoiro de novela gráfica de Alberto Guitián na Coruña

Flyer-Monty-comic-print1-300x134Este obradoiro vai dirixido a tódalas persoas (maiores de 16 anos) interesadas na narración gráfica e o cómic como medio de expresión. Será os martes de 19 a 21 horas do 7 de Outubro ó 16 de Nadal cun total de  22 horas, en sesións de 2 horas semanais. Ten un prezo de 60€ ó mes e un número máximo de 14 prazas

Obxetivos:

  • Afondar nos recursos e a linguaxe do medio.
  • Aprender a contar gráficamente historias, reflexións e experiencias.
  • Desenrolar ideas propias a través do guión, a planificación, o estilo e o formato.
  • Buscar a propia voz como autor de cómic / novela gráfica.
  • Elaborar unha autopublicación.

Contido:

  • A linguaxe do cómic: Elementos, mecanismos e recursos.
  • Debuxo: Personaxes. Anatomía. Perspectiva. Ambientación. Composición e lexibilidade.
  • Debuxo: Atopar as tuas ferramentas. Materiais e técnicas gráficas.
  • Desglosar a idea en cadriños: Planificación, secuencia e ritmo. Recursos narrativos.
  • Posta na páxina: O cadriño. A páxina. O grafismo. Do boceto ata o final.
  • Traballar as ideas ata convertilas en guións.
  • Chegar o lector: Publicación e autoedición. Papel vs Dixital.

Inscripción aquí.

Preséntase o curso profesional de BD de O Garaxe Hermético

esquema kiko.cdrHoxe sábado as 12 da mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra preséntase o novo Curso profesional de BD de O Garaxe Hermético.

Durante o acto proxectarase un documental sobre cómo se fai unha bd profesional dende a idea ata a edición, e ó rematar os alumnos recibirán as maletas e os materiais docentes de cada curso.

A escola ven de ampliar a súas instalacións, habilitando unha nova aula para os alumnos de 3ª curso, un despacho e taller de traballo e unha zona de descanso. Tamén ampliou e renovou a aula de ordenadores con novos equipos e un mural do mestre Fernando Iglesias (Kohell).

Este ano será o derradeiro da 1ª promoción da escola.

III Taller creativo e experimental de BD

1405482022323_580_1000_A_f9fc126de3df1bb33d1bdcbc60eb0edO vindeiro día 5 de Agosto comezará o terceiro Taller creativo e experimental de cómic, serán dúas horas diarias e está aberto tanto a asistentes con coñecementos avanzados coma a afeccionados que queiran afondar nos recursos e narrativas do cómic. A maior parte do taller son exercicios prácticos de enxeño e destreza mental que xogan coa capacidade creativa dos asistentes.

O taller que será dirixido por Henrique Torreiro, está baseado nunha experiencia levada a cabo por profesionais en EE.UU.

Henrique Torreiro é experto en BD e unha das persoas clave nas Xornadas de banda deseñada de Ourense, foi membro do Colectivo Phanzynex de Ourense, e tamén participou nos números 3 e 4 de Frente Comixario e no Spesial Pelengrin, ademais de realizar portadas e logos para diversas exposicións de fanzines que fixeron anualmente en Ourense. Encárgase da organización anual das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense Actualmente colabora no equipo de redacción e revisión de textos da editorial de banda deseñada coruñesa Demo Editorial. Sigue lendo