Arquivo da categoría: Editoriais

3 Pintamonas, nova editora de bd

AbastosPortadaSempre é unha boa nova ver nacer unha editorial, e si e de bd, dobre boa nova, por iso levamos unha alegría cando nos enteramos que Tirso Cons e uns amigos creaban 3 pintamonas.

A editorial xa ten a venda o seu primeiro libro “Abastos” unha bd colectiva ambientada en Santiago de Compostela e que ten como punto común nas vidas dos distintos personaxes o restaurante Abastos 2.0 Compostelán.

O libro editarase en galego e máis en español así coma en papel e en dixital.

Presentación de Destino Hërgüss

CARTEL MINCHAFEST PENIQUEEste venres 13 será a primeira presentación de Destino Hërgüss a novela gráfica de Manel Cráneo, na Coruña, organizada pola librería Metropolis en colaboración coa Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano.

Este título de Planeta Mincha, só estará a venda en librarías mecenas ata finais de abril que será cando saia ao circuíto comercial.

E despois da presentación a iso das 21:30h na Cervecería El Penique, na rúa Gómez Zamalloa da Coruña, celebraremos o Minchafest, unha festa de presentación aberta para todo o mundo e pensada especialmente para todos os mecenas que apoiaron esta aventura na campaña de crowdfunding.

Mincha, Mincha Minchok!!!

Os editores Franceses publicarán un álbum de homenaxe ás vítimas dos atentados de París.

The cover of satirical weekly of Charlie Hebdo is seen in this handout imageO Sindicato Nacional de la Edición (SNE), promove a publicación dun álbum de homenaxe ás vítimas dos atentados de París.

O director delegado de Dargaud, como representante da banda deseñada dentro do SNE, Philippe Ostermann, declarou que, no canto de que cada un faga unha homenaxe, toda a familia da bd, autores e editores, vano facer nun mesmo álbum en beneficio das vítimas. A publicación sairá en febreiro, e a recadación será íntegramente para as familias das vítimas. Xa anunciaron a súa participación Casterman, Fluide glacial, Futuropolis, Dargaud, Dupuis, Le Lombard, Denoël Graphic, Kana, Urban Comics, Rue de Sèvres, Glénat, Delcourt, Panini e Steinkis.

No próximo Festival Internacional da banda deseñada de Angulema, que se celebrará entre os próximos 29 de xaneiro e o 1 de febreiro, tamén se renderá homenaxe ás vítimas cunha exposición dos debuxantes da Charlie e organizaranse debates sobre a liberdade de expresión, a cerimonia de clausura renderá homenaxe ó semanario Satírico e Wolinski, un asiduo a este evento, recibirá o Grand Prix do Festival 2015.

Aleta Ed. editará as coleccións de Valiant Comics en España

Logo-Valiant-AletaAta o de agora era Panini Comics a que editaba en España o catálogo de Valiant Comics, mais a partires do mes de nadal de 2014 será Aleta Ediciones a encargada de editar las versiones españolas de X-O Manowar, Harbinger, Shadowman y Archer & Armstrong, novos personaxes coma Eternal Warrior o Quantum & Woody, e coleccións como Unity.

As diferentes coleccións, seguirán o mesmo ritmo de edición que ata o de agora, e tódolos volúmes publicados continuarán dispoñibles, os primeros volúmenes co selo de Aleta Ed serán Archer & Armstrong vol. 3 e Eternal Warrior vol. 1 (nadal de 2014), ós que seguirán X-O Manowar vol. 4 (xaneiro 2015), Quantum & Woody vol. 1 (febreiro 2015).

Novidades de Fulgencio Pimentel para Novembro

Las cosas de la vidaLAS COSAS DE LA VIDA (INTEGRAL)
Gérard Lauzier
Cartoné. 23,5 x 32 cm.
296 páxinas. Cor.
PVP: 36 €

 

 

 

 

Arsene Schrauwen2

ARSÈNE SCHRAUWEN II

Olivier Schrauwen
Colección Los Impronunciables
Rústica con sobrecuberta. 21,2 x 26,5 cm.
64 páxinas. Duas tintas.
PVP: 14 €

 

 

 

Máis información