Arquivo da categoría: Festivais

Nomeados aos Premios Carlos Giménez 2017

O evento anteriormente coñecido como Expocómic, que se celebra en Madrid, pasa a chamarse Heroes Cómic Con. Dentro do marco deste festival vanse entregar os premios Carlos Giménez de la Industria del Cómic Español.

Autobán 2017

Os vindeiros 11 e 12 de agosto celebrarase a edición de verán do Autobán, o festival coruñés de banda deseñada autoeditada. Medio cento de creadoras e creadores porán á venda as súas creacións neste encontro, que ademais contará con palestras, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre e xa tradicional Combate de Debuxantes.

O Autobán é unha cita inexcusable para os amantes dos fanzines e do cómic independente. Este ano amais dos nomes habituais do panorama galego, sumaranse promotores de proxectos autoeditados desde Portugal, Castela e Levante.

Este ano o festival terá dúas localizacións. Sigue lendo

Viñetas desde o Atlántico 2017

Hoxe foi presentada polo Concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande a edición 2017 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico.

A vixésima edición do Viñetas será na Coruña entre o 7 e o 13 de agosto, como cada ano esta edición contará con convidadados nacionais e internacionais, a organización destaca a presenza do Premio Nacional de cómic 2016, Pablo Auladell e da exposición coa que se conmemoran os dez anos deste premio. Tamén haberá unha mostra adicada á banda deseñada Galega nos vinte anos do Viñetas, unha exposición retrospectiva que prometen será “conceptualmente novidosa”. No apartado das sedes, o festival medra e integra dous novos espazos, Afundación, da Obra Social Abanca, e a Fundación Barrié. Outra das novidades é o  espectáculo audiovisual: Black Dog, the dreams of Paul Nash, con Dave McKean.

Por primeira vez na historia do Salón, o cartel deste 2017 non lle foi encargado coma sempre a un dos convidados no 2016, senón a o autor galego, Das Pastoras, que xa asinara o de 2002, pero, en palabras do directo do festival, Miguelanxo Prado: “queriamos que o vixésimo cartel fose diferente, un que, na medida do posible, salientase dentro desa magnífica colección que fomos xuntando neste tempo. O listón estaba alto, ben se pode comprobar na exposición de carteis que Viñetas leva cada ano á Torre de Hércules. Así que pensamos en pedirllo a DasPastoras, pola súa particularísima liña de traballo. O certo é que non dubidou en quedar co reto. E á vista está o resultado”. Sigue lendo

Autobom 2017

Este sábado 1 de abril celébrase o Autobom, un minifestival dedicado ao cómic autoeditado, será na Nave 1839.
Programación
16:30 – Sesión vermú con música e picoteo.
17:30 – AutoLab, os asistentes poderán participar en exercicios de cómic experimental e colaborativo.
18:30 – Mesa redonda sobre censura e liberdade de expresión con Alberto GuitiánLeandro Barea e Sekone moderado por Edu Maroño.
20:00 – Autocine,  proxección de catro curtas de animación independentes.
21:00 – III Akelarre Mutante, conciertos ilustrados de BravuBoy (Pulpiño Viascón) e Strikeback, debuxados por Sara Roca e Álvaro López respectivamente.

Cosey é o gañador do Grand Prix de Angouleme

Este mércores comezou o festival de Angouleme e fíxoo facendo público o nome do vencedor do Grand Prix que é o autor suízo Cosey, impoñéndose na votación aos outros dous candidatos, Manu Larcenet e Chris Ware.

Cosey é o nome artístico do debuxante e guionista Bernard Cosendai, é autor da coñecida serie Jonathan (Ponent Mon), que foi publicada dende 1975 na revista Tintín, tamén é autor de ‘El viaje a Italia’, ‘A la búsqueda de Peter Pan’ y de ‘Saigon / Hanoi’. Tal e como manda a tradición, Cosey presidirá a vindeira edición do festival. Sigue lendo

Abertas as convocatorias do FunFunFun 2016

cartaz-fun16-metropoles-delirantesComa o apalpador, polo nadal volve o FUN FUN FUN! (O Movidote de Autoedición de Compostela).

Os días 16 e 17 de Decembro na Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N), e desde 11:00 a 21:00 terá lugar o FUN FUN FUN, para o que abrimos convocatoria a partir de XA. Creadores, editores, impresores, afeccionados, fanáticos e curiosos: arreconchegádevos.

Queremos o vosos papeis manchados e cosidos, os vosos escritos románticos, os vosos tebeos feitos con manley, os vosos fanzines colaborativos e as vosas movidas indefinibles.

Pero desde o FUN FUN FUN tamén entendemos que coa edición gráfica non morre o conto, e queremos dar cabida a outros medios, espazos e formatos da edición alternativa. Deste xeito, nesta segunda edición do mercado reduciremos un chisco os metros adicados ao papel, porque pretendemos que traiades tamén a vosa música, a vosa roupiña, a vosa filatelia, o voso extraño montaxe en vhs e a vosa movida indefinible con rodas.

CONVOCATORIA “MERCADO”

Para solicitar sitio no Mercado de Autoedición, mandade un correo a eufunofunfunfun@gmail.com co tema MERCADO, e por favor, adxuntade:

  • O nome do participante, participantes, ou grupo de participantes.
  • Unha descripción da vosa proposta.
  • Unha estimación do volume que ocupariades (calcúlanse, de media, espazos de 0,70 x 0,70 cm, pero todo é falalo. Agradecerase sinceramente que os grupos e autores que xa son amiguetes fagan por compartir espazo. Xa sabedes como vai).
  • Un link a algún lugar da ciberautopista da información no que se poida observar o voso traballo, de existir.

A convocatoria estará aberta ata o día 17 de novembro, e durante a semana do 21 ao 25 de novembro publicaremos o listado de participantes no noso evento de Facebook.

CONVOCATORIA “COMBATE DE DEBUXANTES”

O 17 de decembro imos celebrar o combate de debuxantes do FUN FUN FUN.

Se queres participar envianos un email.

Escribide a eufunofunfunfun@gmail.com ata o martes 1 de decembro (as propostas que cheguen máis tarde das 23:59 do día 1 serán automáticamente rexeitadas).

Vencedores dos Prémios Nacionais de Banda Desenhada – AmadoraBD 2016

Ja conhecemos os vencedores dos Prémios Nacionais de Banda Desenhada que foron atribuídos este sábado no âmbito do Festival de BD da Amadora, que decorre até 6 de novembro. O júri dos PNBD foi constituído por: Luís Salvado, Marco Mendes, Nelson Dona e Sandy Gageiro.

Melhor Álbum Português

Tudo Isto é Fado, de Nuno Saraiva (EGEAC e Museu do Fado).fado-metropoles-delirantes Sigue lendo