Arquivo da categoría: Ligazóns

Debuxos por sorrisos

Debuxos por sorrisos é unha iniciativa da Asociación Creativos en Acción, que con este  proxecto pretende recadar donativos para axudar a cubrir as necesidades básicas en  campos de refuxiados repartidos arredor de toda Europa. Moitos artistas aportan o seu arte, debuxos que se converteran mediante a solidariedade nunha gran axuda. Todo dun xeito transparente e correctamente auditado. Cada aportación chega de forma íntegra ao seu destino.

Cada debuxo que elixas, transformarase en axuda directa para un proxecto solidario nunha zona necesitada. Estufas para o frío inverno, mosquiteiras para o verán, lápises e cores para o cole…  Así de sinxelo. Así de doado. Así de solidario. Sigue lendo

Esenciais 2016 da ACDCómic (2º semestre)

A Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España (ACDCómic) presenta a segunda ronda dos ‘Esenciales 2016’ que cos xa elixidos no primeiro semestre, resulta nos 50 cómics máis destacados para o colectivo durante o pasado ano.

O listado recolle as novidades publicadas entre xullo e decembro de 2016. A selección da ACDCómic reflicte a excelente colleita de novidades de autores españois na segunda metade do ano. Así, inclúe obras como como ‘Lamia’, de Rayco Pulido; ‘La grieta’, de Carlos Spottorno y Guillermo Abril; ‘Jamás tendré 20 años’, de Jaime Martín, ou ‘Intemperie’, de Javi Rey. Este listado ten representantes de autores de Europa, Estados Unidos e Xapón, con títulos que van dende a recuperación de obras clásicas (‘Philémon’, ‘¿Quién es el 11º pasajero?’) ata apostas de vangarda (‘Beverly’), pasando pola BD xuvenil (‘Leñadoras’) ou thriller (‘El sheriff de Babilonia’), entre outros.

Esta selección presentase como una ferramenta para animar a lectores, bibliotecas, libreiros e todo tipo de colectivos culturais a descubrir obras destacadas con independencia do seu éxito comercial. A lista de títulos vai acompañada duns breves apuntes sobre cada obra.

Festival Bosquexo 2016

Bosquexo-Metrópoles DelirantesO Bosquexo é un festival internacional de debuxo ao natural, que sirve de punto de encontro de debuxantes, que se ven realizando desde 2014, en Senderiz no Parque Natural de Serra do Xurés, nun territorio que forma parte da Reserva Transfronteriza da Biosfera Gerês-Xurés. Durante unha semana os participantes conviven nesta localidade e realizan actividades lúdicas coma charlas, visitas a lugares pintorescos, murais ou concertos, sempre co caderno e os útiles para o debuxo preparados. Nas anteriores edicións achegáronse a Senderiz participantes procedentes de diferentes puntos da península, para os que o festival é un xeito de estar en contacto coa natureza, relaxarse, aprender, e practicar o debuxo ao natural. Cada ano o festival conta cun invitado especial de recoñecido nome no mundo do debuxo, o ano anterior foi Sagar Fornies.

Actualizado: A invitada deste ano é Carla Berrocal.

Este ano as datas nas que terá lugar o Festival Bosquexo serán do 23 ao 30 de Xullo de 2016.

Bosquexo15_IreneRíos-Metrópoles Delirantes

Foto: Irene Ríos.

O proxecto que en 2014 nace da mente de Miguel Porto, autor de cómic e profesor na escola O Garaxe Hermético, é posibel grazas á Asociación Cultural Sende que puxeron en marcha Edo Sadikovic e María Rodríguez co obxectivo de crear un dos primeros espacios europeos de coworking e convivencia no rural.

Podedes reservar praza aquí.

 

Ti, o manga e o anime, e Xapón

José Andrés, un bo amigo e colaborador das Metrópoles está na Universidade de Kyoto traballando e envíanos esta enquisa sobre o manga e o anime. Animádevos a participar neste estudo universitario.

https://www.soscisurvey.de/Manga/

A enquisa «Ti, o manga e o anime, e Xapón» forma parte dun Proxecto de Investigación Sociolóxico Internacional sobre cómic e animación xaponesa e os seus afeccionados. Un equipo de investigadores, baixo o nome de “Manga Network”, leva traballando dende o ano 2006 nun proxecto de análise comparativa acerca da imaxe e nocións que se teñen sobre Xapón, tanto entre afeccionados como non afeccionados do manganime en diferentes países. O obxectivo de esta investigación é comparar as experiencias e a especificidade do público de diferentes países sobre o manga e o anime, así como os seus coñecementos e opinións sobre Xapón. A enquisa está dirixida tanto a afeccionados coma a non afeccionados do manga e o anime en España, sen límite de idade. Xa se realizou con éxito noutros catro países europeos (Alemaña, Italia, Suíza e Francia) dando resultados sorprendentes.

O Investigador Principal deste proxecto é o Dr. Marco Pellitteri, un sociólogo italiano que actualmente desenvolve a súa actividade na Universidade de Kobe (Xapón). Este estudo conta co el apoio económico da JSPS (Japanese society for the promotion of science [Sociedade Xaponesa para a Promoción Científica]). O Dr. Pellitteri é autor de varias monografías sobre manga e anime en Europa, así coma de numerosos ensaios e artigos no ámbito da socioloxía. Para a posta en marcha en España conta coa colaboración de José Andrés Santiago, investigador da Universidade de Vigo, investigador pos doutoral invitado na Facultade de Manga da Universidade Kyoto Seika (Japón) e membro da ACDCómic (Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España).

La enquisa estará a dispor a partires do 15 de Outubro. Calquera que o desexe pode respostar á enquisa nesta ligazón: https://www.soscisurvey.de/Manga/

¡Animádevos a participar!

A DC Comics Style Guide de José Luis García López

Batman-Garcia-Lopez-metropoles-delirantesHai apenas un mes e medio visitaba a súa aldea natal no concello de Lalín, José Luís García López, alí tivemos o privilexio de falar con el na presentación do cuarto número de Castelao de Ivan e Inacio, un home sinxelo e humilde, pero sobre todo, moi agradábel, que se mostraba sorprendido pola repercusión do seu traballo.

Entre outros traballos, José Luís ilustrou para DC a iniciativa de Warner Bros, a guía de personaxes da compañia, a referencia para outros autores e tamén para o merchandising. A DC Comics Style Guide é un traballo de 1982 da que a páxina de fans en Facebook “José Luis García-López Fans”  pendurou na rede  máis de  200 páxinas, nas que atoparemos os deseños de personaxes, e guías de cor. Un traballo realmente importante e de altísima calidade que podedes (e debedes) ver aquí.

Vía

Atila, cuarta entrega da bd de Castelao

Atila_CastelaoDemo Editorial segue a ser a editora que máis incansablemente traballa a prol da bd galega, e para este vindeiro mes de Maio, mes das letras galegas, anuncia o lanzamento da cuarta entrega da serie na que Inacio Vilariño e Ivan Suárez contan a vida de Castelao. Esta entrega leva por título “Atila”, facendo referenza ao segundo dos tres álbumes de debuxos que fixo sobre a temática da guerra civil “Atila en Galicia”.

Aquí podedes descargar un adianto.

A Deputación da Coruña convoca o X Premio de banda deseñada “Castelao”

Deputacion-Coruna-metropoles-delirantesA Deputación da Coruña convoca o X Premio de banda deseñada “Castelao”.

Eís un pequeno resumo das bases:

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas cinco edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame.

As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dous autores (un como guionista e outro como debuxante).

O premio é de  6.500 €.

Sigue lendo