Arquivo da categoría: Programas

Metrópoles Delirantes 81 – La espada de San Eufrasio

Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Acompañamos a Zapi na procura dos tebeos xurásicos, desta volta as xoias literarias ilustradas. Viaxamos atras no tempo ata o medievo galego, ata as terras do Conde de Lemos, nese tempo e nese espazo transcorre a historia da espada de San Eufrasio, unha bd de aventuras da que ven de se publicar o primeiro número, falamos con Miguel Fernández o seu debuxante.

As músicas desta emisión son:

  • Franco Battiato – Centro di gravita’ permanente.
  • King Crimson – Epitaph including March for No Reason and Tomorrow and Tomorrow.
  • Sué Mon Mont – Besos.
  • Os Resentidos – Galicia Canibal.

Metrópoles Delirantes 80 – Licor Café – Manel Cráneo, Xulia Pisón e Dani Xove

Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescidíbeis o Sr B anota a triloxía galáctica de Leo. Embarcan nesta emisión Manel Craneo, Xulia Pisón e Dani Xove, cos que falaremos do Licor café, a antoloxía da nova BD galega que ven de editar Demo Editorial. E tamén dos proxectos desta heroica editora coruñesa comandada por Cráneo.

 

As músicas desta emisión son:

  • Novedades Carminha – El Vivo al Baile.
  • Afterlife – Ten Thousand Things.
  • The Ladybug Transistor – These Days in Flames.
  • Stefan Obermaier – This Vive.
  • Miguel Rios – Ahora que he vuelto.
  • Jens Lekman – To Known Your Mission

Metrópoles Delirantes 79 – Festival de Cinema e BD de Vilagarcía

Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Volvemos a embarcar a Xaime nesta dorna da BD para que nos conte cales son os seus cómics favoritos na sección «andeis cósmicos». Falamos con Luis Rosales, director do festival de cinema e Banda deseñada de Vilagarcia, do que se vai celebrar a cuadraxesimo quinta edición do 23 ao 29 deste mes.

 

As músicas desta emisión son:

  • Mando Diao – Dance with somebody.
  • Stan Getz – On The Up And Up.
  • Ataque escampe –Os problemas crecen.
  • Los Punsetes – Tus amigos.

Metrópoles Delirantes 78 – Berliac

Neste programa falamos con Berliac, contounos como ve a polemica polo boicot da editora norteamericana ao SadBoi, libro que acaba de ser editado en España, cal é a súa opinión, que buscaba con este libro e moitas máis cousas.

As músicas desta emisión son:

  • Los Nikis – El Imperio Contraataca.
  • The Dave Brubeck Quartet – Blue Rondo a la Turk.
  • Els Amics de les Arts – Jean Luc.
  • Abraham Boba – Asi Se Vive Aqui.
  • My Little Airport – Gigi Leung Is Dead.
  • Lluis Llach – L’estaca.

Metrópoles Delirantes 77 – Fosfatina, Oscar Raña e Cynthia Alfonso

Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Volve Zapi ás Metrópoles para nos falar dun mito, o gran Jack Kirby nos tebeos xurásicos. No tempo da entrevista falamos con Rubén Romero, señor da Fosfatina e a BD máis adiantada, tamén veñen con el Oscar Raña e Cynthia Alfonso.

 

 

 

 

 

 

 

As músicas desta emisión son:

  • O Sonoro Maxín – Así se constrúe unha bomba.
  • Arvo Part – Festina Lente.
  • Esteban e Manuel – Ela Namoroume.
  • Miranda – Nadie Como Tú.

 

Metrópoles Delirantes 76 – Barea, Guitián e Xove

Rematamos a tempada cun gran fin de festa, invitamos a Leandro Barea, Alberto Guitián e a Dani Xove e fixemos unha tertulia ao máis puro estilo “Ferreras”. Un programa especial de dúas horas no que simplemente rimos, criticamos, esbardallamos e volvemos a rir, e sen axudas psicotrópicas. Puro delirio.

As músicas desta emisión son:

  • Siniestro total – Naturaleza.
  • Snatch BSO – Boris the blade.
  • The trashmen – Surfin Bird.
  • Novedades Carminha feat Alba Galocha – Yo te quiero igual.
  • The Temper Trap – Closer.