Arquivo da categoría: Tintín

Xornalistas baixo os focos das viñetas

Un dos intres que máis se recordan do filme Kill Bill de Tarantino é o monólogo de Carradine sobre Superman e a súa identidade secreta como visión crítica dos habitantes da Terra. Arriscándonos coa metáfora poderiamos dicir que o kriptoniano tamén sufriu de certo Síndrome de Estocolmo ao deixarse levar polo idealismo humano, escollendo o xornalismo coma traballo. E non só como un medio para obter información de primeira man senón tamén pola visión romántica da procura da verdade.metropoles01

Reporteiros, redactores, editores e demais membros do mundo da comunica
ción apareceron de xeito regular dende os inicios do cómic, sendo a ferramenta perfecta para achegarse á
realidade social, política ou, simplemente, empregalos como escusa para a aventura cara lugares exóticos.

Cada historia ten un prezo

A vida dun xornalista non é sinxela e aínda se complica máis se ten que salvar o mundo (ou Metrópolis / Nova York) cada día. Con máis de setenta anos ás costas, as historias de Superman, Lois e o resto da redacción do Daily Planet son un bo compendio do mellor e o peor da profesión, evolucionando dende a inocencia dos primeiros tempos até o cinismo do sensacionalismo, a procura do espectáculo en detrimento dos feitos e a chegada do xornalismo dixital. Sigue lendo

Teñen os herdeiros de Hergé os dereitos de Tintín?

tintin-80-metropoles-delirantesO xornal NRC Handelsblad, publicou que a xestora dos dereitos de Hergé perdeu a acción xudicial presentada contra a Asociación Hergé Genootschap, unha asociación de 680 de tintinófilos neerlandeses fundada en 1999.

O Tribunal da Haia declarou que os herdeiros de Hergé (Moulinsart) non ten nada que reclamar á Asociación Hergé Genootschap, polo tanto a conclusión da Xustiza dos Países Baixos é que: os herdeiros de Hergé non teñen os dereitos dos álbums de Tintín!.

Hergé Moulinsart denunciou a Genootschap por publicar cadriños do personaxe de Hergé sen autorización e sen pagar taxas, mais a defensa de Genootschap deu a sorpresa, levando ao Tribunal un documento de 1942, debidamente acreditado por un experto. Este documento era o contrato de edición no que Hergé traslada explicitamente os dereitos sobre os textos e os debuxos de tódolos álbums a Casterman.

Sigue lendo

6º encontro Tintinófilo

6encontrotintin Coma tódolos anos polo mes de entroido os tintinófilos teñen un encontro en Madrid, organizado pola Asociación Mil Rayos, o encontro está adicado o libro Tintín no Tibet e coma lema escolleuse “El Tíbet de Hergé”, será concretamente o día 21 de febreiro pola tarde na Fundación Carlos de Amberes (Rúa Claudio Coello, 99). Sigue lendo

Atopada nova prancha de Tintín

Resulta que un señor en Bélxica (isto parece o comezo dun chiste malo) atopou unha prancha orixinal de Tintín debuxada polo propio Hergé cando movía un moble da súa casa.

O coleccionista belga olvidara que tiña unha folla orixinal do álbum O Cetro de Ottokar, polo que, ademáis da conseguinte sorpresa, aproveita a oportunidade e este obxecto será subastado o vindeiro 22 de novembro en Artcurial, cun prezo final estimado entre 200.000 e 300.000 euros.

Fragmento de la plancha encontrada

Fragmento da prancha atopada

Máis información (en francés).

Escocia e a bd

Essay-on-Modern-Medical-Education-1-William-Heath-Glasgow-Looking-GlassUn dos temas recorrentes no mundiño da bd é averiguar cal foi o primeiro cómic da historia, hai teorías de todo tipo que en función da definición do que é un cómic, sitúan esta primeira bd en distintas épocas da historia. Dende os murais exipcios ata os incunables medievais ou os que toman coma punto de partida a invención da imprenta, aínda que maioritariamente considérase o Yellow Kid coma punto de partida da historia da bd en 1895.

Na International Graphic Novel and International Bande Dessinee Society Joint Conference 2013 que se celebrou na Universidade de Glasgow defendeuse que o cómic máis antigo do mundo foi publicado en Escocia hai case 200 anos. O “Glasgow Looking Glass“, publicado en 1825. Este cómic, que se coñeceu máis tarde coma The Northern Looking Glass, é unha mirada satírica sobre a sociedade escocesa do século XIX, facendo burla das modas e dos políticos.

Derk islandFose esta a primeira ou non, a fermosa Alba é protagonista de grandes cómics. Evidentemente a aportación directa máis importante dos escoceses á bd son os seus autores, sinaturas importantes no olimpo dos creadores dos que non é preciso dicir nada máis que o seu nome, Frank Quitely, Grant Morrison, Mark Millar ou Alan Grant, por poñer algún.

Aínda que hai máis exemplos, algunhas das bedés europeas de máis fama e máis importantes en número de exemplares vendidos adicáronlle un número a esa terra.

A Illa negra é un álbum creado por Hergé que foi publicado en Le Petit Vingtième entre o 1937 e mediados de 1938, foi orixinalmente editado en branco e negro aínda que foi reeditado a cor en 1943. Máis de vinte anos despois no 1965 o álbum foi redebuxado por completo a petición dos editores británicos que non crían atinada a representación que fai do país.Cubiertas.indd

Despois da continua liña descendente que levaban as aventuras de Astérix e Obélix dende a morte de Goscinny e que tocou fondo no derradeiro libro feito por Uderzo, no 2013 chegou o primeiro álbum no que non participan ningún dos creadores dos famosos galos.

Astérix e os pictos é o álbum nº 35, editado en galego por Xerais, os seus autores son o guionista Jean-Yves Ferri e o debuxante Didier Conrad. Coma ven sendo habitual non faltan as chiscadelas nin os estereotipos nunha historia na que os galos viaxan ata a vella Alba.

Blake_e_MortimerMais, se algunha banda deseñada ten a Escocia presente en todos e cada un dos números publicados esa é Blake & Mortimer, a estupenda obra de Edgar P. Jacobs que en España publica Norma Ed,  que nos conta as aventuras de Philip Angus Mortimer, físico nuclear, de orixe escocés (do clan dos Mac Quarrie) e o seu amigo o Capitán Francis Percy Blake.la foto 3

Especialmente o álbum “El caso de Francis Blake” no que Mortimer viaxa pola illa utilizando varios medios incluido o mítico tren Flying Scotsman, ata chegar o norte, a un típico castle nas fermosas terras dos Highlands, as terras dos seus ancestros, onde se resolvera todo.

 

3,2 millóns de dólares por un Action Comics #1

Action_Comics_1A subasta dunha copia “inmaculada” de Action Comics # 1 de 1938, a historieta na que Superman fixo a súa primeira aparición, rematou o domingo pola tarde, o vencedor pagou 3,2 millóns de dólares americanos.

É o prezo máis alto pagado por unha revista de cadrinhos, a marca anterior era de 2,1 millóns de dólares, para unha copia diferente do mesmo número.

Esta copia do comic-book sobreviviu tan ben ó paso do tempo porque o comprador orixinal mantívo este tebeo nunha caixa na súa casa por décadas onde permaneceu practicamente intacto. Un comerciante comprou o cómic ao comprador orixinal a principios de 1980, cambiou de mans unha vez máis, e foi mantido nunha caixa de seguridade por preto de 30 anos.

Action_Comics_1pag13O poxador prometeu doar o un por cento do produto da venda do cómic para a fundación Christopher e Dana Reeve, que financia investigacións sobre a cura para lesións na medula espiñal.

Supera así en 426.000 € ó orixinal de Tintín recentemente subastado que xa contamos aquí.

Tintín en galego

Portada de A estrela misteriosa

Portada de A estrela misteriosa

As aventuras de Tintin foron publicadas pola Editorial Juventud en galego na década dos 80 e principios dos 90; e os volumes editados foron dende “Tintin no Congo” ata “Tintin e os Pícaros”. A lista de títulos, traducidos é:

  • O caso Tornasol (1983)
  • Obxectivo: A Lúa (1983)
  • O Caranguexo das tenaces de ouro (1984)
  • O segredo do Alicornio (1984)
  • O tesouro de Rackham o Roxo (1984)
  • A illa negra (1984)
  • Explorando a Lúa (1984)
  • Tintín e o lago dos tiburóns (1984)
  • Tintín no país do ouro negro (1985)
  • As xoias da Castafiore (1985)
  • Tintín e os “Pícaros” (1985)
  • Os xarutos do faraón (1986)
  • O loto azul (1986)
  • Stock de coque (1986)
  • Tintín en América (1987)
  • Voo 714 para Sidney (1987)
  • O cetro de Ottokar (1988)
  • A estrela misteriosa (1988)
  • O templo do sol (1988)
  • Tintín no Tíbet (1988)
  • As 7 bolas de cristal (1989)
  • A orella rota (1990)
  • Tintín no Congo (1991)

A tradución ao galego foi a cargo de Valentín Arias López, un profesor de Sarria, que faleceu o 25 de marzo de  2011 con 77 anos de idade.

Dende entón non se fixo ningunha reedición ou publicación no noso idioma e, pese ás boas intencións que expresou Manuel Bragado (director da Editorial Xerais) no oitavo programa, todo parece indicar que non haberá máis posibilidades de conseguir un libro no noso idioma salvo que aproveitemos os que hai nas bibliotecas ou os que están agochados nas estanterías das casas.