Arquivo da categoría: Misc

Sempre son os mesmos

Vivir na Coruña que bonito é, xúrovolo, na Coruña non hai problemas, non hai desafiuzamentos, nin pobreza; ningunha familia ten que escoller entre comer ou pagar a luz, de seguro que ningún estudante tivo que deixar a universidade polas subas das taxas, e mesmo é probable que ningún coruñés con moitos títulos e másters e áxil falador de idiomas europeos, ou mesmo asiáticos, tivese que marchar a outro país a traballar de calquera cousa como xa fixeran os seus avós noutros tempos.

Pero hai unha pequena comunidade de xente que non goza da marabillosa cidade, “figuraté”, ata teñen que escoitar a lingua esa tan molesta é difícil de entender que fala “Suyo”. Esa pobre xente que vive nun continuo apocalipse marxista que vai converter a Praza de María Pita nunha praza da revolución mañá mesmo, ou espera, será pasado mañá, ou o mes que ven, da igual cando, pero vai pasar, “de verdad Pitita”. Seguir lendo

Test Delirante – María Solar

maria-solarMaría Solar é escritora e xornalista. Sempre centrada no mundo da comunicación, principalmente en radio e televisión, tamén colaborou en prensa e revistas. Acadou varios premios polo seu labor profesional na televisión e na radio. Como escritora é unha das máis recoñecidas da nosa terra e a súa obra, tanto xuvenil coma adulta, está traducida a varios idiomas. O seu último libro publicado é As Horas Roubadas.

1-Cal é o teu cómic preferido.

Un feixe deles, por exemplo Sin City, a peli tamén, aínda que non lle gustou a moitos.

Seguir lendo

Exposición de Emma Ríos na Coruña

fkm-emma-rios-metropoles-delirantesO Festival de Cinema Fantástico da Coruña, FKM, continuando coa serie de exposicións que ven realizando na Fundación Luís Seoane sobre a obra de ilustradores galegos, presenta a exposición Bella Muerte, da autora galega Emma Ríos. A exposición constará de 72 obras orixinais a tinta pertencentes á primeira e segunda parte (aínda inédita en España) do libro homónimo e a outras obras, como I.D., o seu último traballo, no que amáis debuta como autora completa. Esta exposición complétase cunha intervención mural realizada pola artista na mesma sala.

A inauguración terá lugar mañá sábado 1 de outubro ás 13:00h na Fundación Luís Seoane. A autora compartirá a súa experiencia e asinará exemplares da súa obra. Ademais teremos a oportunidade de degustar a cervexa artesá de trigo Bandua amenizada cunha selección musical da propia autora.

Guía Ninja do Ilustrador, da AGPI

Guia ninja-Metropoles Delirantes2

Cráneo, Covelo e Guitían presentando a guia.

No pasado Viñetas/Autobán a AGPI presentou a edición impresa da Guía Ninja do Ilustrador, que foi publicando ao longo do ano na súa web. Esta é unha pequena guía de defensa para ilustradores freelance, recóllense os principais perigos e problemáticas que rodean hoxe a profesión e da chaves para facerlles fronte. A Guía Ninja tamén vai dirixida a estudantes de arte, creativos free- lance, clientes, amigos da ilustración e, sobre todo, ás persoas que comezan ou queren comezar na profesión.

A guía, dispoñible en PDF para a súa descarga de balde, estrutúrase coma un decálogo e recolle dez artigos e dez viñetas sobre dereitos de autor, negociación de contratos, como actuar fronte a plaxios, faltas de pago, etc. Na guía colaboraron ilustradores como Manel Cráneo, Santy Guitiérrez, Guitián, Nuria Díaz, Leandro, Bernal Prieto e José Domingo, entre outros.

Dado que a maioría dos ilustradores e ilustradoras son profesionais autónomos amais de crear, teñen que manexar plans de empresa, negociar proxectos, facer presupostos, contratos e facturas polo que é imprescindíbel coñecer a fondo os seus dereitos e deberes para protexer e  explotar a súa creación artística.

Guia Ninja do ilustrador.

Esenciais 2016 da ACDCómic (1º semestre)

esenciais-acdcomic-1er-semestre-metropoles delirantesA “Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic” ven de publicar a primeira quenda dos seus Esenciais 2016, unha selección de cómics coa que esta organización pretende chamar á atención sobre algunhas das obras máis destacadas das editadas no estado.

A lista de ‘Esenciais’ preséntase coma unha guía de lectura, e pódese ver en acdcomic.es/esenciales2016. Son 25 novidades publicadas entre xaneiro e xuño de 2016, elixidas en votación por 43 dos integrantes da ACDCómic.

A selección contén unha variada mostra do que ofreceu o mercado da banda deseñada no estado na primeira parte do ano. Así, hai clásicos como ’13, Rue del Percebe’, de Francisco Ibáñez, recuperado a primeiros de ano en edición integral; obras de autores españois consagrados, coma ‘El ala rota’, de Altarriba e Kim, ou ‘Crisálida’, de Carlos Giménez; tamén apostas de vangarda, coma ‘Sirio’, de Martín López Lam, e mesmo tebeos publicados directamente na rede, coma ‘¡Universo!’, de Albert Monteys. Tamén temos representación galega co I.D. de Emma Ríos e o Presas Fáciles de Miguelanxo Prado.

Esta selección presentase coma unha ferramenta para animar a lectores, bibliotecas, libreiros e calquera outro tipo de colectivos culturais a descubrir obras destacadas. A lista vai acompañada duns breves apuntes sobre cada obra elixida, que a sitúan e contextualizan axiña, amais de accesos directos a recensións e comentarios realizados por membros da asociación para diferentes soportes e medios de comunicación.

Cambios na organización do Festival de BD de Angouleme

LOGO FIBD Angouleme-Metrópoles DelirantesConfirmase que haberá edición de 2017 do festival mais cunha serie de importantes reformas.

Na pasada edición do Festival de Angouleme vivimos varias polémicas coma a escaseza de nomeadas femininas para os premios ou os “falsos fauves” que deu nunha ameaza dos editores de boicotear a próxima edición, para atallar esta crise o Ministerio de Cultura e da Comunicación nomeou un mediador, Jacques Renard, que agora ven de publicar as súas propostas para acabar cos conflitos.

En primeiro lugar, un profundo cambio na gobernanza do festival e a división de responsabilidades que lles son inherentes, para involucrar mellor os financiamento públicos e privados nas principais decisións relacionadas co evento e en segundo lugar, unha clarificación da dirección editorial e artística do evento. Seguir lendo