Esenciais 2016 da ACDCómic (2º semestre)

A Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España (ACDCómic) presenta a segunda ronda dos ‘Esenciales 2016’ que cos xa elixidos no primeiro semestre, resulta nos 50 cómics máis destacados para o colectivo durante o pasado ano.

O listado recolle as novidades publicadas entre xullo e decembro de 2016. A selección da ACDCómic reflicte a excelente colleita de novidades de autores españois na segunda metade do ano. Así, inclúe obras como como ‘Lamia’, de Rayco Pulido; ‘La grieta’, de Carlos Spottorno y Guillermo Abril; ‘Jamás tendré 20 años’, de Jaime Martín, ou ‘Intemperie’, de Javi Rey. Este listado ten representantes de autores de Europa, Estados Unidos e Xapón, con títulos que van dende a recuperación de obras clásicas (‘Philémon’, ‘¿Quién es el 11º pasajero?’) ata apostas de vangarda (‘Beverly’), pasando pola BD xuvenil (‘Leñadoras’) ou thriller (‘El sheriff de Babilonia’), entre outros.

Esta selección presentase como una ferramenta para animar a lectores, bibliotecas, libreiros e todo tipo de colectivos culturais a descubrir obras destacadas con independencia do seu éxito comercial. A lista de títulos vai acompañada duns breves apuntes sobre cada obra.

As lecturas do Sr B: La casa, crónica de una conquista

Aquí en español.

Nestes últimos meses apareceron ata tres obras de banda deseñada que teñen como leit motiv o espazo que habitamos, “Aquí” de Richard McGuire, “La  Casa” de Paco Roca e “La casa, crónica de una conquista” de Daniel Torres. Calquera das tres son obras superlativas, cada unha no seu espazo, no seu estilo e ao xeito do seu autor, todas acadaron moi boas críticas e aceptación do público.

Máis eu penso que a máis superlativa das tres é a de Daniel Torres, un tomo de case que 600 páxinas divididas en 26 capítulos nos que o autor fai un exhaustivo percorrido pola historia da casa; na realidade é máis, porque non se pode disociar a casa, o concepto de lugar de protección e acubillo, dos seus habitantes, claro, a transformación do espazo está necesariamente xunguida a evolución dos seus habitantes e viceversa.

Parece absurdo, pero penso que aínda hoxe os teóricos non se poñen de acordo en quen cambia a quen nesa ecuación sempre complexa que formamos humanos, hábitat, historia e progreso, o que está claro é que dende os tempos das cavernas ata estes tempos modernos de urbanizacións, bloques e arquitectura de “deseño”, os humanos pasamos por moitos momentos, necesidades e solucións para un mesmo problema, a vivenda. Seguir lendo

Ilustratón amoroso e pacífico

Hoxe inaugúrase o Ilustratón amoroso e pacífico na Tetereta (R/Cobian 2 Vilagarcía de Arousa) ás 19:00hrs.

Durante todo o mes de entroido estarán á venda unha interesante e selecta variedad de productos ilustrados como crachás, fanzines, postais, libretas, axendas, imáns, chaveiros, marcapáxinas, láminas, cerámicas e ilustraciones orixginais, tamén haberá un obradoiro onde se mesturarán as infusións da Tetereta coa ilustración, será o 10 de febreiro ás 19:00h e terá un coste de 6€ por participante.

Ilustradoras e ilustradores participantes: Paula Pereira, Flavia Lago B., Augusto Metztli, Aida Alonso, Duo, Marthazul, Fernando Prado, Yellice Rodríguez Ces, Lucía Romaní y Antía Sánchez.

Metrópoles Delirantes 65 – David Rubín

Comezamos co Sr B que volve do seu pequeno exilio interior para as novas da BD a todo filispím. Nos imprescindíbeis, Dúas viaxes, unha obra fundacional na BD galega moderna de Xaquín Marín e Reimundo Patiño, de seguro que si Hai un home en españa que o fai todo é este, compartimos unha peculiar entrevista con David Rubín que ía sobre o seu Gran Hotel Abismo, pero que derivou en moitos outros temas. No tempo das novidades Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela ven para falármonos das novidades máis importantes.

As músicas desta emisión son:

  • Raffaella Carrá – Rumore.
  • Taha, Khaled, Faudel – Ya Rayah.
  • Andrés do Barro – Fogar de Breogán.
  • Astrud – Hay un hombre en España.
  • Nada – Senza un perchè.

Psiconautas, los niños olvidados

O vindeiro 24 de febreiro estrearase nos cines a película “Psiconautas, los niños olvidados“. O filme, que está nomeado aos premios Goya 2017 na categoría de Mellor Película de animación, foi dirixido por Alberto Vázquez e Pedro Rivero e está baseado na novela gráfica orixinal do mesmo título do propio Alberto Vázquez, a fita é unha coprodución entre a produtora galega Zircozine e Basque Films.

“Psiconautas, los niños olvidados”, continua o camiño iniciado coa curtametraxe “Birdboy”, que baseado igualmente nun libro de Alberto Vázquez do mesmo título, obtivo en 2012 o Goya á Mellor curtametraxe de animación.

Sinopse:

Despois dunha terríbel catástrofe ecolóxica na illa que habitan, Birdboy e Dinki perderon aos seus pais. Houbo un tempo no que afrontaron xuntos a súa dor, pero Birdboy vive agora illado no bosque, consumíndose, e alleo a que Dinki decidiu emprender unha arriscada viaxe na busca dun lugar mellor. Birdboy terá que loitar contra os seus demos interiores si quere unirse a Dinki a tempo de axudala na súa aventura e salvarse a si mesmo.

Cosey é o gañador do Grand Prix de Angouleme

Este mércores comezou o festival de Angouleme e fíxoo facendo público o nome do vencedor do Grand Prix que é o autor suízo Cosey, impoñéndose na votación aos outros dous candidatos, Manu Larcenet e Chris Ware.

Cosey é o nome artístico do debuxante e guionista Bernard Cosendai, é autor da coñecida serie Jonathan (Ponent Mon), que foi publicada dende 1975 na revista Tintín, tamén é autor de ‘El viaje a Italia’, ‘A la búsqueda de Peter Pan’ y de ‘Saigon / Hanoi’. Tal e como manda a tradición, Cosey presidirá a vindeira edición do festival. Seguir lendo