Arquivos da etiqueta: A Coruña

Sempre son os mesmos

Vivir na Coruña que bonito é, xúrovolo, na Coruña non hai problemas, non hai desafiuzamentos, nin pobreza; ningunha familia ten que escoller entre comer ou pagar a luz, de seguro que ningún estudante tivo que deixar a universidade polas subas das taxas, e mesmo é probable que ningún coruñés con moitos títulos e másters e áxil falador de idiomas europeos, ou mesmo asiáticos, tivese que marchar a outro país a traballar de calquera cousa como xa fixeran os seus avós noutros tempos.

Pero hai unha pequena comunidade de xente que non goza da marabillosa cidade, “figuraté”, ata teñen que escoitar a lingua esa tan molesta é difícil de entender que fala “Suyo”. Esa pobre xente que vive nun continuo apocalipse marxista que vai converter a Praza de María Pita nunha praza da revolución mañá mesmo, ou espera, será pasado mañá, ou o mes que ven, da igual cando, pero vai pasar, “de verdad Pitita”. Sigue lendo

Exposición de Emma Ríos na Coruña

fkm-emma-rios-metropoles-delirantesO Festival de Cinema Fantástico da Coruña, FKM, continuando coa serie de exposicións que ven realizando na Fundación Luís Seoane sobre a obra de ilustradores galegos, presenta a exposición Bella Muerte, da autora galega Emma Ríos. A exposición constará de 72 obras orixinais a tinta pertencentes á primeira e segunda parte (aínda inédita en España) do libro homónimo e a outras obras, como I.D., o seu último traballo, no que amáis debuta como autora completa. Esta exposición complétase cunha intervención mural realizada pola artista na mesma sala.

A inauguración terá lugar mañá sábado 1 de outubro ás 13:00h na Fundación Luís Seoane. A autora compartirá a súa experiencia e asinará exemplares da súa obra. Ademais teremos a oportunidade de degustar a cervexa artesá de trigo Bandua amenizada cunha selección musical da propia autora.

Autobán 2016

Autoban-2016- Metrópoles-DelirantesXa estamos preto das datas do Autobán, o festival que pretende recoller as propostas creativas de fora do circuíto comercial dándolles difusión e un espazo propio.

Este ano, o festival de auto edición coruñés será o venres 12 e o sábado 13 de agosto de 2016 e tódalas actividades serán na Nave 1839, situada na estación de trens de Coruña.

O venres 12, primeiro día, será a inauguración do festival cunha breve presentación seguida dunha serie de actividades, para rematar co Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes no mercadiño que queiran dar difusión ao seu proxecto. O sábado será a xornada máis completa co mercado de fanzines e auto publicacións, charlas e o Combate de debuxantes que pechará o Autobán.

A participación nestas actividades é libre e de balde.

dar cabida ás propostas de BD auto editada, pero tamén a pequenas iniciativas editoriais de corte independente e a propostas de auto edición relacionadas coa creación gráfica.

Aínda que no festival pretenden incluír todas as iniciativas, o espazo é limitado emporiso hai unha selección seguindo criterios o máis obxectivos posible. Si queres apuntarte terás que cubrir este formulario de inscrición.

O prazo para inscribirse remata ás 23:59 horas do luns 25 de xullo de 2016.

Viñetas desde o Atlántico 2016

Cartaz de Keko para o Viñetas 2016-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Keko

Esta mañá celebrouse no Pazo Municipal a rolda de imprensa de presentación da edición 2016 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. Tamén se presentou de xeito oficial o cartaz realizado por Keko, invitado do pasado ano. (Nova que nos adiantou Miguelanxo no MD54).

A decimo nona edición do Viñetas será na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto. Segundo a organización “coa vocación de permitir unha ollada cómoda e certeira á realidade actual do cómic”,  o seu director, Miguelanxo Prado, destaca que este ano  terán máis peso ás historias de corte social xa que o cómic “é un dos espazos artísticos que reaccionan con maior rapidez aos acontecementos e inquietudes sociais”. Sigue lendo

Autobom 2016

O Autobom xa está aquí, e vaise celebrar os vindeiros venres 18 e sábado 19, na nave 1839 (Estación do tren) e na cafetería La maleta (Orzán 10).

Esta é a programación.

Autobom-Metrópoles DelirantesVENRES 18 de marzo |  Nave 1839 (Estación do tren).

19:30 | ENCONTRO DE FANZINERXS.

Recepción de los participantes no Autobom e público en xeral. Apertura do stand de fanzines comunitario e o posto de merchandising. Haberá música festiva e picoteo.

20:00 | PROXECCIÓN e PRESENTACIÓN | Sangue de alicorno.

Alberto Vázquez, gañador dun Goya á Mellor Curtametraxe de Animación en 2012, presenta Sangue de alicorno, o seu último traballo nese formato. Poderemos gozar da multipremiada curta e coñecer e escoitar ao autor. Actividade de entrada libre e de balde. Sigue lendo

Furia al desnudo: los lápices de David Rubín (Exposición)

Expo-Rubin-metropoles-delirantesA Fundación Seoane acolle a exposición Furia al desnudo: los lápices de David Rubín, un proxecto expositivo que reúne 50 orixinais a lapis de dúas das súas obras mais recentes: Beowulf e El momento de Aurora West.

Estes orixinais amosan a forma de crear de Rubín, o traballo cru, a primeira pedra dunha bd, pódese apreciar neles as anotacións e ata os erros e correccións do autor. a primeira capa do laborioso traballo que é facer un cómic. Ademais estarán expostas unha boa escolma da colección privada de figuras de Rubín, a meirande parte de superherois.

Esta exposición forma parte do Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM, que terá lugar entre o 26 de outubro e o 1 de novembro

 

Metrópoles Delirantes 36 – Especial Autobán 2015

Autoban2015_metropolesdelirantesTerceiro e último especial dos que adicamos a semana da bd de Coruña, desta volta gravamos dende o bar La Maleta que foi a sede desta edición do Autobán.

Segunda edición e grande éxito de público e autores, unhas xornadas que medran e melloran, falamos con Bernal e con Óscar, dous dos seus organizadores, fixemos un faladoiro con varios autores de fanzines, Xulia Vicente, Luís Sendón e Mikelodigas entre outros e repasamos o estado da bd actual e pasada con Germám Ermida un dos divulgadores que máis leva falando de bd dende a web cultura galega.

Con musicotes para que dancedes como se non houber outono.

  • Novedades Carminha – Juventud Infinita.
  • Stephen Malkmus and the Jicks – Chartjunk.
  • Dr Feelgood – I Can Tell.
  • Egon Soda – Sparring Partner.