Arquivos da etiqueta: A gata tola

Metrópoles Delirantes 73 – Abel Alves

Abrimos programa coas novas da BD, a todo filispím. O Sr B fai imprescindíbel unha obra pola que ten especial agarimo,  “La tetería del Oso Malayo” de David Rubín. Para o tempo da entrevista achegouse ata as metrópoles Abel Alves, guionista de Aram o Armenio, unha fermosa obra que nos lembra un deses episodios escuros da humanidade que non debemos esquecer para non repetir, o xenocidio do pobo armenio. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

As músicas desta emisión son:

  • Cursi – Corazón de Hotel.
  • Madredeus Electronico – O sonho (R. Myerz & The Jack Herren Band).
  • Creedence Clearwater Revival – I Put A Spell On You.
  • Lori Meyers – Evolución.
  • Los Suaves – Siempre Con Miedo.

Metrópoles Delirantes 71 – Elisa McCausland

Abrimos coas novas da BD, a todo filispím. Volvemos a embarcar a Zapi que ven cos seus tebeos xurásicos, desta volta un clásico da viñeta española, o Capitán Trueno. Con Elisa McCausland falamos de feminismo e crítica, mais tamén do labor do Colectivo de Autoras Cómic, da que foi impulsora. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A gata tola de Compostela.

As músicas desta semana son:

  • Los Bravos – Bring a little lovin´.
  • Cowboy Junkies – Sweet Jane.
  • Asfalto – Capitán Trueno.
  • Pizzcato five – Party Joke.
  • Lauryn Hill – Forgive them father.
  • Golpes Bajos – Fiesta de los Maniquíes.

Metrópoles Delirantes 63 – Natacha Bustos

lunella_sketch1Comezamos co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindibéis, Silas Corey, unha estupenda banda deseñada francesa con intriga, aventuras e acción, unha gran obra de Nury e Alary. Falamos con Natacha Bustos, a debuxante responsábel de Moon girl and devil Dinosaur, a divertidísima serie que esta a publicar Marvel, e rematamos coas novidades que trae Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela.

As músicas desta emisión son:

  • The Jam – David Wats.
  • Grand Tourism – La Guitare Enchantee.
  • Winston – Rendez Vous.
  • Gorillaz feat. Little Dragon – Empire Ants .

Metrópoles Delirantes 49 – Marcos Prior

Necrópolis-Metrópoles DelirantesComezamos a viaxe pola BD coas novas a todo filispín. O Sr B viaxa a galaxias descoñecidas para traer aos imprescindibles, Destino Hërgüss, a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha que creou ese incansable autor que é Manel Cráneo. No tempo da entrevista falamos con Marcos Prior un francotirador do cómic que con Necrópolis apunta directamente as nosas conciencias de cidadáns para facer un retrato distópico dunha sociedade que se parece demasiado á que vivimos. Rematamos coas novidades que veñen co entusiasmo contaxioso de Javi dende a libraria especializada A Gata Tola de Compostela. Todo con flow e música de calité como o marisco das rias!

As músicas que sonan nesta emisión son:Destino Herguss-Metrópoles Delirantes

  • Blondie – Heart of glass.
  • Bill Evans – Detour ahead.
  • Al Green – Love and hapiness.
  • Samaris – Nótt.
  • Ataque Escampe – Street Fighter.

Metrópoles Delirantes 40 – Iván Sende

Advaitalas-metropoles-delirantesAdvaita é a primeira obra de Iván Sende, un autor do país que con esta obra conta as viaxes que realizou ata a India para coñecer mellor a tradición hinduísta, un viaxe persoal de coñecemento interior e de transformación. Nos imprescindibles o Sr B fala da bd coa que moita xente comezou a gozar dos cómics eróticos unha obra archicoñecida, ata para os que non son asiduos o xénero, O Clic de Manara.O festival de cinema fantástico da Coruña e a Fundación Luís Seoane son os responsables da exposición Furia al desnudo: los lápices de David Rubín, falaremos de arte con David Barro, o director da fundación. E para rematar, as novidades con Javi o libreiro de A gata tola de Santiago de Compostela que é todo paixón e emoción cando fala de bd.

As músicas desta emisión son:IMG_7557_metropolesdelirantes

  • The Cardigans – Carnival.
  • Cool Hipnoise –  Groove Junkie.
  • Sue Mon Mont – Lejos.
  • Barry White – I’m Gonna Love You Just A Little More Babe.
  • Novos Baianos – Tinindo Trincando.

Metrópoles Delirantes 32 – José Pablo Gracía

nieves-rodriguez-metropoles-delirantesComezamos coas novas da bd. O Sr B recomenda nos imprescindibles “O Nao de Brown”, unha obra, como él di, ben escrita e ben debuxada. Falamos con José Pablo García, autor de “Las Aventuras de Joselito”, un libro que deslumbra pola calidade gráfica e a capacidade mimética do seu autor. Para rematar, Javi de A Gata Tola coas novidades; todo con música estupenda e moito bo humor.

Os temas que sonan no programa son:Las_aventuras_de_joselito

  • Moloko – Sing it back.
  • Creedence Clearwater Revival – I Heard It Through The Grapevine.
  • Terbutalina – R.A.J.O.Y.
  • Amy Winehouse – You Know I’m No Good.
  • Kiko Veneno – Joselito.
  • Leño – Que tire la toalla.
  • Smash – El garrotín.

Esta semana pasada o Sr B tamén participou no primeiro “crossover” da podcastfera galega que xuntou os ntegrantes dos programas Radio Bertoldo e La Morsa era Yo, nun episodio adicado aos cómics e a arquitectura. A experiencia foi tan divertida que será o primeiro capítulo dunha colaboración que será máis longa.

LMEY-Arq-Ep17Radio Bertoldo, é o podcast persoal dun apaixonado da banda deseñada. Iago cóntanos o seu día a día nesta afección: o que lee e o que merca, ou o que lle apetece mercar, os eventos relacionados ás que se achega, e incluso algunha entrevista a invitados especiais.

La morsa era Yo, é un podcast adicado á arquitectura na que Juan Ortiz xunto cos seus compañeiros, Alberto, Cristina, Luis, Luis Manuel, Emilio e José, van debullando a arquitectura dun xeito ameno e que a fai doada de entender tamén polos non profesionais do tema. É un dos mellores podcast que se fan non xa en Galiza senón no estado español e así foi recoñecido nos quintos premios da Asociación de Podcasting co premio ó Mellor podcast de historia e cultura .

 

Na páxina de Radio Bertoldo.

Na páxina de La Morsa era Yo.

Metrópoles Delirantes 29 – Tomás Guerrero

desercion-de-stalin-metropoles-delirantesDende a lonxana guerra fría, achegouse ata as Metrópoles Tomás Guerrero o autor de “A deserción de Stalin”, unha historia de espías con final incerto. O imprescindible do Sr B é un personaxe que Van Hamme e Rosinsky crearon hai case 40 anos, hoxe anotamos na lista de imprescindibles a Thorgal, o vikingo que so quería vivir tranquilo. As novidades viñeron dende a libraría A Gata Tola de Compostela con Javi, mais desta volta, formamos un Dream Team e tamén estiveron connosco Xaime Lis da librería Komic de Compostela e Dani Xove para facermos a  quiniela do saló. Todo sazonado con boísima música e moita risada.

metropoles-delirantesOs temas que sonan no programa son:

  •  The Strokes – The modern age.
  • Norton – Make it last.
  • Abraham Boba – Algunas (pequeñas) verdades domésticas.
  • Goldfrapp- Utopía.
  • Franz Ferdinand – Brief encounters.
  • Hercules and love affair – Blind.