Arquivos da etiqueta: Alberto Guitián

Metrópoles Delirantes 67 – Alberto Guitián

Abrimos coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescindibéis lembramos a un autor cheo de sensibilidade co Sky Hawk do mestre Jiro Taniguchi. Embarcamos na dorna ao gran Alberto Guitián, un nome esencial na da BD galega, autor de obras marabillosas como Fito e Pita ou o Circo Lorza, compartimos viaxe e moitas risadas e pechamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela. Rematamos cunha fermosa tonada que queremos dedicar á certa asociación de avogados coruñeses, a un señor con apelido de escritor pero con moi poucas letras e a Aurora de Lugo unha señora “de mal gusto y de poca sensibilidad”.

As músicas desta emisión son:

  • The Last Shadow Puppets – The Age Of The Understatement.
  • Madredeus – Ao longe o mar (Astro’s Reflect And Chill Mix).
  • La Polla Records – Salve.
  • Ponderosa – Penniless.
  • Johnny Cash – Ghost Riders In The Sky.
  • Yellow Pixoliñas – O galo vermello
  • Rage Against the Machine – Killing in the Name.

Sempre son os mesmos

Vivir na Coruña que bonito é, xúrovolo, na Coruña non hai problemas, non hai desafiuzamentos, nin pobreza; ningunha familia ten que escoller entre comer ou pagar a luz, de seguro que ningún estudante tivo que deixar a universidade polas subas das taxas, e mesmo é probable que ningún coruñés con moitos títulos e másters e áxil falador de idiomas europeos, ou mesmo asiáticos, tivese que marchar a outro país a traballar de calquera cousa como xa fixeran os seus avós noutros tempos.

Pero hai unha pequena comunidade de xente que non goza da marabillosa cidade, “figuraté”, ata teñen que escoitar a lingua esa tan molesta é difícil de entender que fala “Suyo”. Esa pobre xente que vive nun continuo apocalipse marxista que vai converter a Praza de María Pita nunha praza da revolución mañá mesmo, ou espera, será pasado mañá, ou o mes que ven, da igual cando, pero vai pasar, “de verdad Pitita”. Sigue lendo

“Xeración Retranca” exposición no Museo do Humor de Fene

Xeracion-retranca-metropoles-delirantesNo Museo do Humor de Fene xa podemos gozar da exposición “Xeración Retranca”, nesta mostra podemos admirar os orixinais dos autores galegos que publicaron na revista Retranca entre os anos 2007 e 2011, importantes nomes da bd do país como Kiko da Silva, Pinto&Chinto, Leandro, Andrés Meixide, Miguelanxo Prado, Alberto Guitián, Luis Davila, Fernando Iglesias “Kohell” ou José Antonio “Bernal”, xunto cos clásicos do humor gráfico galego Xaquín Marín, Siro López e Xosé Lois “O Carrabouxo”.

Na exposición unha colección de paneis conta a historia desta publicación fundada en Vigo en outubro de 2007 por Kiko Da Silva, neles coñeceremos os principais temas tratados en Retranca e os autores que participaron no proxecto.

A exposición “Xeración Retranca” permanecerá aberta ao público na sala de exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene ata o 31 de outubro. O horario de visitas é de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

O estudoso Félix Caballero Wangëmert escribiu un interesante artigo sobre a revista: “La revista Retranca y su papel catalizador del nuevo humor gráfico gallego

Día da Ilustración 2015

Dia_ilustracion2015Esta fin de semana, celebrase o Día da Ilustración, efeméride que se creou facendo coincidir a data co aniversario do nacemento de Castelao, e a (AGPI) Asociación Galega de Profesionais da Ilustración vai celebrar varios actos que incluen Actividades formativas, mesas redondas, propostas de debuxo ao vivo, exposicións ou xogos.

Esta celebración integrouse desde 2014 no Calendario do Libro e da Lectura da Xunta de Galicia. Nesta segunda xeira, todas as actividades serán en Vigo e  A Coruña.

Sigue lendo

Obradoiro de novela gráfica de Alberto Guitián na Coruña

Flyer-Monty-comic-print1-300x134Este obradoiro vai dirixido a tódalas persoas (maiores de 16 anos) interesadas na narración gráfica e o cómic como medio de expresión. Será os martes de 19 a 21 horas do 7 de Outubro ó 16 de Nadal cun total de  22 horas, en sesións de 2 horas semanais. Ten un prezo de 60€ ó mes e un número máximo de 14 prazas

Obxetivos:

  • Afondar nos recursos e a linguaxe do medio.
  • Aprender a contar gráficamente historias, reflexións e experiencias.
  • Desenrolar ideas propias a través do guión, a planificación, o estilo e o formato.
  • Buscar a propia voz como autor de cómic / novela gráfica.
  • Elaborar unha autopublicación.

Contido:

  • A linguaxe do cómic: Elementos, mecanismos e recursos.
  • Debuxo: Personaxes. Anatomía. Perspectiva. Ambientación. Composición e lexibilidade.
  • Debuxo: Atopar as tuas ferramentas. Materiais e técnicas gráficas.
  • Desglosar a idea en cadriños: Planificación, secuencia e ritmo. Recursos narrativos.
  • Posta na páxina: O cadriño. A páxina. O grafismo. Do boceto ata o final.
  • Traballar as ideas ata convertilas en guións.
  • Chegar o lector: Publicación e autoedición. Papel vs Dixital.

Inscripción aquí.

O Botafumeiro, revista satírica dixital, feita en Galiza.

Obotafumeiro1

O sector da bd, a ilustración e o humor gráfico en Galiza ten desde hai anos unha nómina de grandes nomes, e sobre todo unha gran inquedanza creativa, dende o añorado Colectivo Polaqia ata os modernos fanzines Sacoponcho ou Compota de Manatí, pasando pola revista Retranca o sector está continuamente reinventandose e procurando darlle saida a todo o talento creativo do que gozamos.

O derradeiro movemento neste sector nace para ocupar un espazo que na terra aínda non tiña unha cabeceira de referencia. A revista Botafumeiro é a aposta dun grupo de xente con ampla experiencia que agora decidiron xuntar as súas capacidades para crear esta publicación humorística que será mensual e dixital, cada número estará adicado a un tema de actualidade e vanse alternar textos e máis comics, a lista de colaboradores é  impresionante.

Fixémoslle unhas preguntas a Jano un dos impulsores desta revista.

Como xorde esta idea tan poderosa de lanzar unha revista dixital en galego?

A idea xorde da propia necesidade de ter un sitio onde traballar, aproveitando as posibillidades que ofrece internet.

Levábamos tempo coa teima de facer unha publicación, cando sae Orgullo y Satisfacción vemos un modelo que seguir, tamén, aproveitando a visita de Marcos Martín ao Viñetas desde o Atlántico, falamos con el sobre o súa experiencia con The Private Eye.

Obotafumeiro_sancanutoQuen participa na revista?

A revista alternará textos e viñetas, todo dentro dunha óptica satírica.

Contamos con xente da BD coma Xiomara Correa, Alberto Guitián, Berto Fojo, Brais Rodríguez, Martín Romero,  Manel Cráneo ou Fernando Ruibal, entes multimedia da envergadura dos Barbamigos, Murray Mckinley recen chegado das Ghailanders para participar no Botafumeiro, a blogueira Diana López, Toño Tejerina (Diablo sobre ruedas) e poñendo a guinda Rodrigo Cota. Nos vindeiros números iran aparecendo novas incorporacións e sorpresas, por exemplo neste primeiro ofrecemos un avance do próximo lanzamento editorial do debuxante californiano Kas, cortesía de Autsaider Comics.

Con esta iniciativa anda a BD Galega na procura do seu oco no mundo dixital?

Pensamos que é bastante evidente que o oco existe, pola nosa parte imos tentar enchelo.

Hai algunha editorial detrás ou botádesvos a tumba aberta?

A elección do formato dixital permítenos arrancar cun orzamento moi inferior do que suporía un formato físico.  Organizámonos como unha cooperativa na que os seus membros xeran o capital a raíz do seu traballo.

Cando poderemos merca-lo primeiro número?

Aínda non temos fixada unha data de saída, pero estimamos que lanzaremos o primeiro número de O Botafumeiro a principios de Outubro.

Obradoiros de bd nas bibliotecas da Coruña

Curso humor gráficoO 29 de Agosto na biblioteca de Montealto Guitián e Leandro, van impartir un obradoiro de humor gráfico coa fórmula mellorada, cun enfoque maís práctico e participativo.

Sigue lendo