Arquivos da etiqueta: Alessio Spataro

As lecturas do Sr B: Futbolín

Aquí en español.

Tralla brava!

Moitas veces lle teño escoitado a Xurxo Souto: Somos un pobo creador! Unha frase fermosa para definírmonos, porén non deixa de ser paradoxal o feito de que unha novela que é a un tempo bio e gráfica (desculpen a brincadeira) titulada futbolín e dedicada a contar a vida de Alexandre de Fisterra (Alexandre Campos Ramírez), o inventor do matraquiño, sexa obra dun italiano. Bo, tamén podemos tómalo como unha mostra do internacionalismo do que sempre fixemos gala… emigrando.

A historia deste libro céntrase en Alexandre, un rapaz inquedo e creativo que vive o comezo da guerra civil en Madrid, onde coñece a a grandes intelectuais coma León Felipe ou Neruda. Ferido nun bombardeo, pasa a convalecencia en Barcelona, precisamente alí, é onde inventa o futbolín, para poder xogar cos seus compañeiros feridos. A partir de aí a vida de Alexandre é un continuo exercicio de supervivencia e de exilio, pasa primeiro a Francia e logo a Sudamérica onde vivirá décadas. Sigue lendo