Arquivos da etiqueta: Alfonso Zapico

As lecturas do Sr B: La Balada del Norte

Aquí en español.

A revolución que non puido ser.

La Balada del Norte, da que xa temos os dous primeiros tomos nos andeis das librarías (será unha triloxía), é unha obra maiúscula, unha epopea mineira na Asturias do ano 1934, tempo convulso no que a República comezou a dar síntomas de perigosa febleza e os militares salvapatrias de fortaleza xenocida. Un episodio que a propaganda franquista tentou facer desaparecer, ou no mellor dos casos, retorcer ata construír un relato axeitado para o movemento.

Alfonso Zapico, como cantaba a Rosenvinge, toma a distancia adecuada. Conta unha historia ficticia, nunha vila inexistente, Montecorvo, mais nun marco histórico real. Como os bos cociñeiros fai que cada ingrediente ligue co outro para logo resaltar o verdadeiramente importante e a partir da esencia construír un relato no que todo encaixa e todo é sublime. Sigue lendo

Recomendacións de bd para o Apalpador (I)

Comezamos con este unha serie de artigos nos que recomendaremos algunhas das bedes publicadas neste ano que nos parecen máis interesantes e que tendo en conta que estamos no mes do apalpador son un excelente agasallo. Podedes atopar os enderezos das tendas especializadas en BD na Galiza aquí.

antares-leo-metropoles-delirantesAntares – Leo.

Antares é o terceiro libro, tras Aldebarán e Betelgueuse, dunha das sagas de ciencia ficción máis interesantes da bd europea dos últimos anos que aquí publicase nun integral que recolle os seis volumes coa nova obra do brasileiro Leo.

Nesta ocasión a acción transcorre no planeta Antares, que a corporación Forward Enterprises quere colonizar, o planeta está habitado por unha fauna de exóticas e perigosas criaturas, a intervención de Kim Keller, a heroína dos ciclos anteriores, é imprescindible para acadar os resultados que agardan os directivos da corporación. Pero rapidamente a expedición tórnase en pesadelo e así dá comezo unha aventura chea de intriga, emoción e ritmo. Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 37 – Alfonso Zapico

Alfonso-Zapico-metropoles-delirantes-Nieves-RodriguezFalamos con Emilio Bernárdez da editorial La Cúpula, unha das grandes editoras do estado cunha traxectoria de 35 anos e un catálogo de autores importantísimo. Despois dos especiais do verán recuperamos os imprescindibles, e comezamos viaxando a Francia para tomarlle uns viños con Etienne Davodeau, un autor que conta historias sinxelas da vida cotiá coa mestría dun artesan. Tamén temos nesta emisión un invitado de luxo, un dos autores que máis lle aquelan ó Sr B, un autor comprometido, e de discurso claro e conciso, invitado no pasado viñetas onde tivo a amabilidade de falar con nós. Alfonso Zapico. E para rematar esta viaxe pola bd, volve ata as metrópoles, Xaime Lis o libreiro de voz melodiosaEdiciones-La-Cupula-logo e gambeteo porteño que ven dende a libraría Komic de Compostela. E rematamos coas nosas adoradas Ataque escampe, unha “vaina loca”.

As  músicas deste programa son:

  • The Beatles – Everybody´s got something to hide except for me and my monkey.
  • Astor Piazzola – Pulsacion No. 4.
  • Pizzicato Five – Lemon Kiss (Like I Do)
  • Víctor Manuel – La planta 14.
  • Ataque Escampe – Arder.

Viñetas desde o Atlántico 2015

logo-vinetas--metropoles-delirantesDende o 10 e ata o 16 de Agosto o cómic volve puntual a súa cita anual coa cidade da Coruña, o festival Viñetas desde o Atlántico é un evento que sempre é unha festa e que sirve de excusa perfecta para que os aficionados nos atopemos cos profesionais do sector.

Este ano o festival vai estar adicado ás mulleres no cómic, cun peso importante na representación dos invitados, que mais un ano será case en exclusiva de autores e autoras españoles.

Os autores e autoras convidados son:

  • Raquel Córcoles (Moderna de pueblo) autora de Soy de Pueblo e Los capullos no regalan flores.
  • Ana Oncina autora de Croqueta y empanadilla.
  • Mai Egurza autora de El Paseo de los Sueños, (con guión de Zidrou).
  • Ana Miralles autora de Djinn e Muraqqa (con guión de Emilio Ruiz).
  • Chloé Cruchaudet autora de Degenerado coa que gañóu o Premio do Público en Anguleme 2014.
  • Alfonso Zapico, autor de La balada del Norte e Premio Nacional de Cómic (de España) 2012 con Dublinés.
  • José Antonio Godoy, “Keko” autor de Yo, asesino (con guión de Antonio Altarriba) Gran Premio da Asociación de Críticos e Xornalistas de Cómic de Francia 2015,.
  • Joaquín López Cruces autor de Por el camino yo me entretengo.
  • Martín Romero, autor de Episodios Lunares, que será este ano o representante da bd do País.

Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 31 – Inacio

inacio-castelao-metropoles-delirantes-nieves-rodriguezVisítanos Inacio, o guionista da bd biográfica de Castelao que edita Demo Editorial e que vai xa pola cuarta entrega. O Sr B inscribe na lista de imprescindibles o Dublinés de Alfonso Zapico obra que gañou un premio nacional de cómic; e con Martín Romero parolamos sen presa do seu Episodios Lunares un libro bonito e ben editado. Coas novas da bd e as novidades que trae Javi da Libraría a Gata Tola completamos esta emisión.

Os temas que sonan no programa son:Castelao-episodios-lunares-metropoles-delirantes

  • Jimmy Cliff – The Harder They Come.
  • Nicolas Jaar – Keep Me There.
  • Cursi – Hoy, Hoy, Hoy.
  • Van Morrison – Rough God Goes Riding.
  • The Legendary Jim Ruiz Group – Last Time.
  • Rui Veloso – Top dos Tops.

Ñam, festival internacional de cómic e novela gráfica

nam-CARTELEstamos nun momento no que abrollan moitos festivais e xornadas de cómic novos, mentres outros pasan por dificultades para seguir vivos. En Palencia estrean cita este ano, e parece que ven para quedar e converterse nunha das datas importantes, de momento nesta edición terán unha axenda de actividades moi completa e con importantes nomes invitados.

O Ñam vaise celebrar do 30 de setembro ó 5 de outubro, cunha programación dirixida tanto ós aficionados coma ós novos (ou futuros) autores, e ten ás institucións públicas castelán leonesas amparando o proxecto.

Por este festival pasarán invitados tan interesantes coma o noso David Rubín, Scott McCloud, David Aja, ou Alfonso Zapico. Haberá actividades para profesionais e para aficionados, obradoiros, conferencias, master-class e ata sesións de networking . Sigue lendo

O Salón de Getxo ten cartaz de Emma Ríos

cartel_2014_comic

Cartaz de Emma Ríos

O Salón do Cómic de Getxo que se ha celebrar do 22 ó 24 de novembro, contará este ano con máis de 60 stands de establecementos de cómic, librerías especializadas, revistas, fanzines, editoriais e todo o relacionado coa bd.

Getxo recibirá a recoñecidos artistas, que participarán en charlas, presentacións e tamén en sesións de sinaturas. Nesta ocasión entre outros, estarán en Getxo o canadiense Guy Delisle, Bryan Talbot, gañador de galardóns coma o prestixioso premio Eisner, Alfonso Zapico, David Rubín, Raquel Córcoles e Juan Luis Landa.

O Salón fará unha homenaxe a Jan, autor de Superlópez e a o donostiarra Luís Gasca (divulgador e autor de numerosos estudios sobre o cómic).

Sigue lendo