Arquivos da etiqueta: Ana Oncina

MD72 – Ana Oncina

Encetamos esta emisión coas novas da BD, a todo filispím. O SrB anota na súa lista de imprescindíbeis o Cacahuequi de Jacobo Fernández, unha banda deseñada premiada co Castelao en 2007. Xa pasaron tres anos e moitas edicións de croqueta y empanadilla e voltan ás metrópoles Ana Oncina, a autora, e Natalia Mosquera, a editora, deste fenómeno que xa vai por 13 edicións e 3 números. Rematamos coas novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela. E tamén coa presada de suaj que nos caracteriza.

As músicas desta semana son:

  • Os Tamara – As lanchas do xeito.
  • Allah-Las – Could be you.
  • Pizzcato five – Happy Ending.
  • Gorillaz – Rhinestone Eyes.
  • Antonia Font – La vida de l’astronuata.
  • Dawes – I Can’t Think About It Now.

Metrópoles Delirantes 51 – Marcello Quintanilha

Tungsteno-Metrópoles DelirantesVolven as revistas, chega Voltio a revista que coordinan Ana Oncina e Álex Giménez, e chega co respaldo de La cúpula. Falaremos con Ana e Álex desta nova proposta. O Sr B trae ó seu curruncho de imprescindíbeis o Vampir de Joann Sfar que na España editou primorosamente Fulgencio Pimentel. Marcello Quintanilha o autor do magnífico Tungsteno, premiado no último festival de Angouleme embarca connosco na dorna da bd para contarnos dos seus proxectos. Rematamos o programa con Javi, da libraría A gata tola de Compostela, que veu para contármonos das novidades máis interesantes e tamén para falar de libros con plastiquiños.

As músicas deste programa son:Voltio1-metropoles-delirantes

  • The Retrosettes Sister BAnd – You Got The Love.
  • Herbie Hancock – Oliloqui Valley.
  • Los Tamara – El Hombre Del Tiempo.
  • Eels – My Beloved Monster.
  • Undershakers – She´s Falling In Love With A Monster Man.
  • Jota – Una vez jure.

Viñetas desde o Atlántico 2015

logo-vinetas--metropoles-delirantesDende o 10 e ata o 16 de Agosto o cómic volve puntual a súa cita anual coa cidade da Coruña, o festival Viñetas desde o Atlántico é un evento que sempre é unha festa e que sirve de excusa perfecta para que os aficionados nos atopemos cos profesionais do sector.

Este ano o festival vai estar adicado ás mulleres no cómic, cun peso importante na representación dos invitados, que mais un ano será case en exclusiva de autores e autoras españoles.

Os autores e autoras convidados son:

  • Raquel Córcoles (Moderna de pueblo) autora de Soy de Pueblo e Los capullos no regalan flores.
  • Ana Oncina autora de Croqueta y empanadilla.
  • Mai Egurza autora de El Paseo de los Sueños, (con guión de Zidrou).
  • Ana Miralles autora de Djinn e Muraqqa (con guión de Emilio Ruiz).
  • Chloé Cruchaudet autora de Degenerado coa que gañóu o Premio do Público en Anguleme 2014.
  • Alfonso Zapico, autor de La balada del Norte e Premio Nacional de Cómic (de España) 2012 con Dublinés.
  • José Antonio Godoy, “Keko” autor de Yo, asesino (con guión de Antonio Altarriba) Gran Premio da Asociación de Críticos e Xornalistas de Cómic de Francia 2015,.
  • Joaquín López Cruces autor de Por el camino yo me entretengo.
  • Martín Romero, autor de Episodios Lunares, que será este ano o representante da bd do País.

Seguir lendo

Premios do XXXIII Saló do cómic de Barcelona

Xa coñecemos os gañadores dos premios do Saló de cómic de Barcelona, son os seguintes:

Premio votación popular: Ana Oncina por Croqueta y Empanadilla.

croqueta-empanadilla-metropoles-delirantes

Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 12 – Kike Díaz

O vento lévanos a Ribadeo onde Kike Díaz ambientou a súa primeira novela gráfica, Nordés. O Sr B viaxa no tempo e trae ó Eternauta para facelo imprescindible. E recibimos fai uns días a visita de Ana Oncina a autora de Croqueta y Empanadilla. Temos tamén as novas da bd a todo filispín, as novidades editoriais, e boa música.

2014-06-13 16.51.06IMG_2773

Ana Oncina en Galiza

bannergalicia

Ana Oncina, estará asinando en Galiza, hoxe, mañan e o sábado.  O seu libro Croqueta y empanadilla  e unha das revelacións de este ano e xa vai pola terceira edición. No vindeiro programa poderedes escoitar unha entrevista nas Metrópoles.