Arquivos da etiqueta: Autobán

Convocatoria do Autobán 2017

Xa estamos preto das datas do festival onde gozar das propostas creativas de fora do circuíto comercial o Autobán é un microfestival adicado á BD autoeditada e de autor.

Que vos ofrece Autobán?

En Autobán poderás participar no Mercado de fanzines e autopublicacións, a actividade principal do festival que se desenvolverá ao longo do sábado 12 de agosto de 2017. Ademáis, a noite anterior, a do venres 11, celebraremos o Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes no mercadillo que queiran dar difusión a o seu proxecto. Esta actividade non é obrigatoria.

A participación en estas actividades é libre e gratuita. Sigue lendo

Viñetas e Autobán o compromiso e a resistencia da nosa BD

Estes anos de crise serviron a algúns para paralizar ou mesmo reducir a mínimos a inversión en cultura, máis o Viñetas resiste e faino porque a organización soubo ser quen de implicar á cidade co festival, soubo repartir as exposicións e actividades, que a BD chegara a moitos currunchos, e sobre todo facer un modelo de festival amigábel, alonxado do modelo máis americano do consumismo puro, un modelo de festival noso, único, distinto e moi xeitoso, unha excepción no circuíto dos festivais de BD que goza de prestixio e éxito.

Viñetas2016 - Metrópoles delirantes

Foto: Viñetas desde o Atlántico

O Viñetas desde o Atlántico é un exemplo do que deberan ser este tipo de eventos culturais, moito respecto aos autores, ao medio, aos lectores, aínda que hai unha animada zona onde mercar libros, bonecos, camisetas ou fanzines, a prioridade é o contacto dos autores cos lectores, as interesantes e sempre amplas e variadas exposicións de orixinais, as charlas e presentacións, o importante é a BD. O resultado dese papel principal do medio sobre todo é, por unha banda o prestixio do que goza o festival coruñés, e por outra unha asistencia masiva, un ferver de xente de tódalas idades que se achega á BD, xente nova, turistas, coleccionistas, amantes do noveno arte e tamén cidadáns que descobren agora que na viñeta hai vida máis alá de Mortadelo, moita máis. Sigue lendo

Autobán 2016

Autoban-2016- Metrópoles-DelirantesXa estamos preto das datas do Autobán, o festival que pretende recoller as propostas creativas de fora do circuíto comercial dándolles difusión e un espazo propio.

Este ano, o festival de auto edición coruñés será o venres 12 e o sábado 13 de agosto de 2016 e tódalas actividades serán na Nave 1839, situada na estación de trens de Coruña.

O venres 12, primeiro día, será a inauguración do festival cunha breve presentación seguida dunha serie de actividades, para rematar co Autobombo, unha serie de rápidas presentacións a cargo dos participantes no mercadiño que queiran dar difusión ao seu proxecto. O sábado será a xornada máis completa co mercado de fanzines e auto publicacións, charlas e o Combate de debuxantes que pechará o Autobán.

A participación nestas actividades é libre e de balde.

dar cabida ás propostas de BD auto editada, pero tamén a pequenas iniciativas editoriais de corte independente e a propostas de auto edición relacionadas coa creación gráfica.

Aínda que no festival pretenden incluír todas as iniciativas, o espazo é limitado emporiso hai unha selección seguindo criterios o máis obxectivos posible. Si queres apuntarte terás que cubrir este formulario de inscrición.

O prazo para inscribirse remata ás 23:59 horas do luns 25 de xullo de 2016.

Metrópoles Delirantes 36 – Especial Autobán 2015

Autoban2015_metropolesdelirantesTerceiro e último especial dos que adicamos a semana da bd de Coruña, desta volta gravamos dende o bar La Maleta que foi a sede desta edición do Autobán.

Segunda edición e grande éxito de público e autores, unhas xornadas que medran e melloran, falamos con Bernal e con Óscar, dous dos seus organizadores, fixemos un faladoiro con varios autores de fanzines, Xulia Vicente, Luís Sendón e Mikelodigas entre outros e repasamos o estado da bd actual e pasada con Germám Ermida un dos divulgadores que máis leva falando de bd dende a web cultura galega.

Con musicotes para que dancedes como se non houber outono.

  • Novedades Carminha – Juventud Infinita.
  • Stephen Malkmus and the Jicks – Chartjunk.
  • Dr Feelgood – I Can Tell.
  • Egon Soda – Sparring Partner.

Autobán 2015, a consolidación.

Autoban2015_1O ano pasado por estas mesmas datas declarabamos o noso amor incondicional ó Autobán, e un ano despois só podemos reafirmar ese amor.

Este foi o ano da consolidación e da confirmación dunha proposta alternativa á institucional pero complementaria e xa imprescindible, as melloras foron significativas, comezando pola situación, máis preto do epicentro do viñetas, apenas uns centos de metros, o que sen dúbida foi moi cómodo para achegarse ás exposicións ou mesmo ás charlas dun ou doutro evento. Sigue lendo

Pictodiario de Urbanoscar

Portada PictodiarioUnha da mellores cousas deste mes de agosto é que co autobán e viñetas hai novas de bd case tódolos días.

Máis unha delas é a presentación de Pictodiario, un fanzine que recompila unha escolma das viñetas subidas ao  blog de Urbanoscar entre xaneiro e maio, editado polo Sindicato del cómic, a libraría de bd de Ourense que xa editou o efectiviwonder cómics de Dani Xove, será presentado durante o Autobán.

Viñetas desde o Atlántico 2015

logo-vinetas--metropoles-delirantesDende o 10 e ata o 16 de Agosto o cómic volve puntual a súa cita anual coa cidade da Coruña, o festival Viñetas desde o Atlántico é un evento que sempre é unha festa e que sirve de excusa perfecta para que os aficionados nos atopemos cos profesionais do sector.

Este ano o festival vai estar adicado ás mulleres no cómic, cun peso importante na representación dos invitados, que mais un ano será case en exclusiva de autores e autoras españoles.

Os autores e autoras convidados son:

  • Raquel Córcoles (Moderna de pueblo) autora de Soy de Pueblo e Los capullos no regalan flores.
  • Ana Oncina autora de Croqueta y empanadilla.
  • Mai Egurza autora de El Paseo de los Sueños, (con guión de Zidrou).
  • Ana Miralles autora de Djinn e Muraqqa (con guión de Emilio Ruiz).
  • Chloé Cruchaudet autora de Degenerado coa que gañóu o Premio do Público en Anguleme 2014.
  • Alfonso Zapico, autor de La balada del Norte e Premio Nacional de Cómic (de España) 2012 con Dublinés.
  • José Antonio Godoy, “Keko” autor de Yo, asesino (con guión de Antonio Altarriba) Gran Premio da Asociación de Críticos e Xornalistas de Cómic de Francia 2015,.
  • Joaquín López Cruces autor de Por el camino yo me entretengo.
  • Martín Romero, autor de Episodios Lunares, que será este ano o representante da bd do País.

Sigue lendo