Arquivos da etiqueta: Autoedición

Programa do FunFunFun 2016

 Xoves 15. No Modus Vivendi

  • 18:00 Intervención artística.
  • 00:00 DJ Bigote Mix.

Venres 16. Na Unitaria.

  • 19:30 No vengo aquí a hablar de mi libro.
  • 21:00 Quiz-Show con Leandro Barea.
  • 21:00 Videoregueifa con Javi Camino, Nico Campos e Enrique Lojo.

Sábado 17. Na Unitaria.

  • 12:00 Mercadiño (ata peche).
  • 13:30 Sesión Vermú “Lodeiros” cos Dj´s Sinzereza.
  • 14:30 Concerto de Alfeizar.
  • 16:00 Charla Documentais Autoeditados, con Alfonso Zarauza, Cesar Souto, Cora Peña e Pablo Ces.
  • 17:30 Cata de Viños Autoeditados, coas Adegas Entreosrios (Barbanza) e Ana Gandín (Quiroga).
  • 18:30 Charla Autoedición videoxogos, con Jorge F. Peral e Rubén Romero.
  • 20:00 As cousas das movidas con Pancho Lapeña.
  • 21:00 Gran Combate de debuxantes.
  • 23:00 Pechamos Fin, Fan, Fun e imos de festa.

00:00 Concerto de Igmig. (Na carpa do Mercado da Estrela). A 100m da Unitaria.

fun16-metropoles-delirantes

Metrópoles Delirantes 62 – Juan Carlos Abraldes

tumbadoterror_metropoles-delirantesPara comezar o Sr B coas novas da BD. Nos imprescindíbeis o Aquí de Richard McGuire, unha das obras máis vargardistas dos últimos anos. Entrevistamos a Juan Carlos Abraldes que ven de publicar A tumba do terror, un albúm que recupera na nosa lingua historias escritas por Jason Crawley e que non nos deixaran durmir. No tempo das novidades Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela falaranos das novidades máis importantes.

As músicas desta emisión son:

  • Phoenix – If I ever feel Better.
  • Pizzicato Five – Boy meets girl.
  • Pink Floyd – Time.
  • The Growlers – Chinese Fountain.
  • Belle & Sebastian – Jonathan David.

Abertas as convocatorias do FunFunFun 2016

cartaz-fun16-metropoles-delirantesComa o apalpador, polo nadal volve o FUN FUN FUN! (O Movidote de Autoedición de Compostela).

Os días 16 e 17 de Decembro na Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N), e desde 11:00 a 21:00 terá lugar o FUN FUN FUN, para o que abrimos convocatoria a partir de XA. Creadores, editores, impresores, afeccionados, fanáticos e curiosos: arreconchegádevos.

Queremos o vosos papeis manchados e cosidos, os vosos escritos románticos, os vosos tebeos feitos con manley, os vosos fanzines colaborativos e as vosas movidas indefinibles.

Pero desde o FUN FUN FUN tamén entendemos que coa edición gráfica non morre o conto, e queremos dar cabida a outros medios, espazos e formatos da edición alternativa. Deste xeito, nesta segunda edición do mercado reduciremos un chisco os metros adicados ao papel, porque pretendemos que traiades tamén a vosa música, a vosa roupiña, a vosa filatelia, o voso extraño montaxe en vhs e a vosa movida indefinible con rodas.

CONVOCATORIA “MERCADO”

Para solicitar sitio no Mercado de Autoedición, mandade un correo a eufunofunfunfun@gmail.com co tema MERCADO, e por favor, adxuntade:

  • O nome do participante, participantes, ou grupo de participantes.
  • Unha descripción da vosa proposta.
  • Unha estimación do volume que ocupariades (calcúlanse, de media, espazos de 0,70 x 0,70 cm, pero todo é falalo. Agradecerase sinceramente que os grupos e autores que xa son amiguetes fagan por compartir espazo. Xa sabedes como vai).
  • Un link a algún lugar da ciberautopista da información no que se poida observar o voso traballo, de existir.

A convocatoria estará aberta ata o día 17 de novembro, e durante a semana do 21 ao 25 de novembro publicaremos o listado de participantes no noso evento de Facebook.

CONVOCATORIA “COMBATE DE DEBUXANTES”

O 17 de decembro imos celebrar o combate de debuxantes do FUN FUN FUN.

Se queres participar envianos un email.

Escribide a eufunofunfunfun@gmail.com ata o martes 1 de decembro (as propostas que cheguen máis tarde das 23:59 do día 1 serán automáticamente rexeitadas).

As lecturas do Sr B: La Carga

Aquí en español.

La Carga-Metrópoles DelirantesMariano Casas, gañador da cuarta edición do premio Castelao con Mensaxes, é un deses autores que non paran de producir, desta volta acude ao micro mecenado, táboa de salvación de moitos proxectos nun país cunha carencia grave de facilidades para producir e editar banda deseñada.

La Carga é unha obra de 84 páxinas dura, opresiva, tensa, unha “road movie”, (existe o xénero road cómic?) na que seguimos a fuxida de dous personaxes que tentan deixar atrás o pasado e dos que imos descubrindo cousas a través das súas conversas na furgoneta na que fuxen e transportan unha misteriosa carga da que queren desprenderse.

Así de sinxelo e ao tempo así de complexo é o argumento, con esta premisa e un estilo gráfico áxil e de trazo rápido e forte, feito con tinta e pincel, cunha gran carga pictórica e un branco e negro áspero pero fermoso, potente e directo como un “riff” de guitarra dos Homens, así é como Mariano vai desenvolvendo o fío desta historia que cun ritmo preciso, cadencioso, vai atrapando ata que chegas ao final, un momento case espiritual no que cobra sentido o subtitulo desta obra, Manual de auto axuda para culpábeis.

La carga2-Metrópoles delirantesÉ moi interesante esta aposta de Mariano polo terror psicolóxico, optando por mimar a historia, por tentar buscar outros xeitos máis experimentais, por envolver ao relato dunha atmosfera que nos mete na angustia vital dos protagonistas. O autor, amais, decídese por un final arriscado cunha certa poética que apunta cara a reflexión sobre a culpa e as condeas que nos auto impoñemos, que son certamente as máis duras.

É de destacar a excelente calidade da edición, da que ademais hai dúas versións unha coa capa serigrafiada e outra coa capa gravada. Un traballo este la Carga que ten moitas das virtudes da banda deseñada galega, independencia, calidade e afouteza.

Tenderete 11

Tenderete11-metropoles-delirantesA décimo primeira edición do Tenderete será os días 4 e 5 de Xaneiro no espazo cultural Las Naves.

O cartaz deste ano ven cargado de grandes nomes tanto a título individual coma editorial chegados dende todo o estado, mais tamén dende outros países europeos, así Francia, Reino Unido e Portugal estarán nesta edición do Tenderete. Dende Galiza estará presente Fosfatina, a editorial viguesa que a pesares de levar pouco máis de dous anos traballando, xa atopou o seu oco no mercado das publicacións máis na vangarda. Tamén estará o fanzine Nimio que ten unha boa representación de autores galegos. A título individual, a artista Roberta Vazquez tamén estará en Valencia.

Xa van once edicións do Tenderete un evento organizado polo colectivo Vendo Oro e Unión Sonográfica del Este e que pivota arredor de dous eixos fundamentais, por unha banda, charlas e obradoiros e por outro o mercadiño.

FunFunFun!! Autoedición en Compostela.

Hoxe anunciouse un novo evento de autoedición que será no mes de decembro na Unitaria en Compostela.

fun-fun-fun-compostela-metropoles-delirantes

Neste nadal ademais de reflexionar “afueghote”, imos facer cousas molonas de pensar moito e pintar pouco, ou ao revés. O venres 18 e o sábado 19, no FunFunFun encontro de autoedición de Compostela.

Convocatoria para o Mercadiño

O 19 de decembro será o día do mercadiño no FUN FUN FUN a feira da autoedición en Compostela.

Se queredes poñer un posto no que vender e amosar a os vosos fanzines, cómics, discos, láminas… tedes que enviar un email que conteña o seguinte:

  • Breve texto explicativo (5-10 liñas) da vosa proposta, contando quen sodes, que facedes, de onde sodes.
  • Cinco imaxes relacionadas coa proposta que amosen as vosas publicacións ou traballos. (só do voso traballo).
  • Ligazóns ás vosas webs ou ciberespacios (si os tedes).

Convocatoria “Combate de debuxantes”

O 19 de decembro imos celebrar un combate de debuxantes no FUN FUN FUN.

Se queres participar envianos un email.

Convocatoria “Non vin aquí a falar do meu libro”

No FUN FUN FUN haberá un espazo para facer presentacións rápidas. O formato é o de 20 imaxes e 20 segundos por imaxe. A tematica escollida para estas charlas é: As influencias de outros autores no traballo propio ou “Tedes que coñecer esta mandanga que me mola mil”.

Se queres participar neste “Non vin aquí a falar do meu libro”:

  1. Envianos un email para que che reservemos o sitio.
  2. Prepara 20 imaxes (valen videos ou sons pero respectando o límite de 20 seg) cun tamaño mínimo de 1280×720 px. Xa vos diremos onde subilas.

FUN FUN FUN!!

Escribide a eufunofunfunfun@gmail.com ata o martes 1 de decembro (as propostas que cheguen máis tarde das 23:59 do día 1 serán automáticamente rexeitadas).

AU/OU 2

Au-Ou-2-metropoles-delirantesMañán sábado, dende as 11:30 ata as 20:30 a libraría especializada Sindicato del Cómic, acolle o segundo encontro de Autoedición en Ourense AU/OU 2, a cita coa que pecha o calendario de eventos de autoedición deste ano. Reuniranse autores e colectivos de banda deseñada de todo o país, que exporán os seus fanzines e propostas creativas autoxestionadas.

Ademais do mercadiño de fanzines neste AU/OU 2 haberá presentacións, Compota de Manatí ás 18 e a partires das 19:00, “el jardín devastado / los incapaces ” de Julia Huete y Oscar Raña editado por Fosfatina.

Unha cita que xa é ineludibel na bela Auria, coincidindo coas xornadas.