Arquivos da etiqueta: Banda deseñada

Viñetas desde o Atlántico 2017

Hoxe foi presentada polo Concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande a edición 2017 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico.

A vixésima edición do Viñetas será na Coruña entre o 7 e o 13 de agosto, como cada ano esta edición contará con convidadados nacionais e internacionais, a organización destaca a presenza do Premio Nacional de cómic 2016, Pablo Auladell e da exposición coa que se conmemoran os dez anos deste premio. Tamén haberá unha mostra adicada á banda deseñada Galega nos vinte anos do Viñetas, unha exposición retrospectiva que prometen será “conceptualmente novidosa”. No apartado das sedes, o festival medra e integra dous novos espazos, Afundación, da Obra Social Abanca, e a Fundación Barrié. Outra das novidades é o  espectáculo audiovisual: Black Dog, the dreams of Paul Nash, con Dave McKean.

Por primeira vez na historia do Salón, o cartel deste 2017 non lle foi encargado coma sempre a un dos convidados no 2016, senón a o autor galego, Das Pastoras, que xa asinara o de 2002, pero, en palabras do directo do festival, Miguelanxo Prado: “queriamos que o vixésimo cartel fose diferente, un que, na medida do posible, salientase dentro desa magnífica colección que fomos xuntando neste tempo. O listón estaba alto, ben se pode comprobar na exposición de carteis que Viñetas leva cada ano á Torre de Hércules. Así que pensamos en pedirllo a DasPastoras, pola súa particularísima liña de traballo. O certo é que non dubidou en quedar co reto. E á vista está o resultado”. Sigue lendo

MD76 – Barea, Guitián e Xove

Rematamos a tempada cun gran fin de festa, invitamos a Leandro Barea, Alberto Guitián e a Dani Xove e fixemos unha tertulia ao máis puro estilo “Ferreras”. Un programa especial de dúas horas no que simplemente rimos, criticamos, esbardallamos e volvemos a rir, e sen axudas psicotrópicas. Puro delirio.

  • Siniestro Total –  Naturaleza.
  • Snatch BSO – Boris the blade.
  • The trashmen – Surfin Bird.
  • Novedades Carminha – Te quiero Igual.
  • The Temper Trap – Closer.

MD74 – Emilio Fonseca

Comezamos esta emisión a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Zapi volve ata as metrópoles para falar dos fillos de Victor Mora, nesta emisión dos tebeos xurásicos Jabato, o Corsario de Hierro e o Cosaco verde. Emilio Fonseca e o autor de Fóra de mapa, a obra gañadora do último Premio Castelao de Banda desenhada. Rematamos con Javi que ven dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes.

As músicas desta emisión son:

  • Bonaparte – Fuck Your Accent.
  • Earth, Wind & Fire – Boogie Wonderland.
  • Chicharrón – Contra acantilados.

MD73 – Abel Alves

Abrimos programa coas novas da BD, a todo filispím. O Sr B fai imprescindíbel unha obra pola que ten especial agarimo,  “La tetería del Oso Malayo” de David Rubín. Para o tempo da entrevista achegouse ata as metrópoles Abel Alves, guionista de Aram o Armenio, unha fermosa obra que nos lembra un deses episodios escuros da humanidade que non debemos esquecer para non repetir, o xenocidio do pobo armenio. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

 

 

As músicas desta emisión son:

  • Cursi – Corazón de Hotel.
  • Madredeus Electronico – O sonho (R. Myerz & The Jack Herren Band).
  • Creedence Clearwater Revival – I Put A Spell On You.
  • Lori Meyers – Evolución.
  • Los Suaves – Siempre Con Miedo.

Metrópoles Delirantes 69 – Altarriba e Kim

Abrimos coas novas da BD, a todo filispím, pero de verdade a todo filispím. Nos imprescindíbeis, o Nausicaa de Miyazaki, un manga excelente que deu nunha película ben coñecida. Poñémonos en pe para recibir a Antonio Altarriba e Kim, gañadores do premio nacional de cómic e autores dos excelentes álbumes, El arte de Volar e El ala rota, nunha conversa longa, na que falamos de BD, de Barthes e mesmo un pouco de política. No final, as novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela.

(Queremos agradecer a Javier Pintor e á UNED as facilidades que nos deron para poder grabar esta entrevista).

As músicas desta emisión son:

  • Birkin & Gainsbourg – 69 annee erotique.
  • Shostakovich – Sinfonía nº 10 (II. Allegro).
  • Antónia Font – S’Alegria des Conill.
  • Pizzicato Five – Tokyo, mon amour.
  • My Little Airport – Edward, Had You Ever Thought That The End Of The World Would Come On 20.9.01.

A Deputación da Coruña convoca vinte bolsas de estudos artísticos

A área de Cultura da Deputación convoca vinte bolsas para perfeccionamento de estudos artísticos nas que inclúe a banda deseñada.

Artes plásticas e visuais, danza e artes do movemento, teatro, música, audiovisual e ilustración e banda deseñada son os distintos ámbitos das bolsas coas que a área de Cultura quere apoiar a formación de creadores e creadoras en centros de referencia das súas disciplinas.

As bolsas da área de Cultura da Deputación da Coruña permitirán que vinte creadoras e creadores completen a súa formación en centros de referencia de fóra de Galicia nas distintas disciplinas de creación artística que, neste edición, amplían o seu abano coa incorporación de audiovisual e ilustración e banda deseñada.

Cada persoa beneficiaria recibirá un total de 9.000 € co que poderán financiar o gasto da realización de estudos artísticos durante o período 2017-2018. Cada participante poderase presentar só en tres convocatorias das bolsas. En total, a área de Cultura da Deputación destina este ano 180.000 € para as vinte bolsas que se reparten en seis modalidades, oito para a área de música, tres de teatro e interpretación, tres de artes plásticas e visuais, e dúas nas outras tres especialidades, é dicir, danza e artes do movemento, audiovisual e ilustración e banda deseñada.

“Coas bolsas queremos apoiar a formación artística en ámbitos en que completar os estudos é especialmente custoso e require investimentos que moitas persoas non poden soportar. Para nós, é importante manter este apoio que reverterá no futuro da nosa creación cultural”, explica a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

Metrópoles Delirantes 68 – El Irra

Abrimos coa dedicatoria dunha canción do Sr B. As novas da BD son, máis que nunca, a todo filispím. O gran Zapi, volve nesta emisión coa súa sección Tebeos Xurásicos, desta volta o Hazañas Bélicas. Imos Rumbo ao sur, a dorna remonta o Guadalquivir para embarcar a El Irra, autor de Palos de Ciego, unha BD intensa, dura e ben entretida que nos levará a unha Sevilla que nada ten que ver co das postais e si co da vida cotiá. No final, as novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

 

As músicas desta emisión son:

  • Betty Missiego – Su Canción.
  • Paul Mauriat & His Orchestra – It´s not unusual.
  • Nino Bravo – Voy buscando.
  • Bambino – Podría volver.
  • Triana – Diálogo.