Arquivos da etiqueta: Banda desenhada

Gañadores dos Premios da BD Portuguesa – Amadora BD

Melhor Álbum Português

  • Deserto /Nuvem de Francisco Sousa Lobo (ed. Chili Com Carne).

Melhor Argumento para Álbum Português

  • Francisco Sousa Lobo, Deserto /Nuvem (ed. Chili com Carne).

Melhor Desenho para Álbum Português

  • Amando Baeza, Bruma (ed. Chili com Carne).

Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 80 – Licor Café – Manel Cráneo, Xulia Pisón e Dani Xove

Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescidíbeis o Sr B anota a triloxía galáctica de Leo. Embarcan nesta emisión Manel Craneo, Xulia Pisón e Dani Xove, cos que falaremos do Licor café, a antoloxía da nova BD galega que ven de editar Demo Editorial. E tamén dos proxectos desta heroica editora coruñesa comandada por Cráneo.

 

As músicas desta emisión son:

  • Novedades Carminha – El Vivo al Baile.
  • Afterlife – Ten Thousand Things.
  • The Ladybug Transistor – These Days in Flames.
  • Stefan Obermaier – This Vive.
  • Miguel Rios – Ahora que he vuelto.
  • Jens Lekman – To Known Your Mission

Viñetas desde o Atlántico 2017

Hoxe foi presentada polo Concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande a edición 2017 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico.

A vixésima edición do Viñetas será na Coruña entre o 7 e o 13 de agosto, como cada ano esta edición contará con convidadados nacionais e internacionais, a organización destaca a presenza do Premio Nacional de cómic 2016, Pablo Auladell e da exposición coa que se conmemoran os dez anos deste premio. Tamén haberá unha mostra adicada á banda deseñada Galega nos vinte anos do Viñetas, unha exposición retrospectiva que prometen será “conceptualmente novidosa”. No apartado das sedes, o festival medra e integra dous novos espazos, Afundación, da Obra Social Abanca, e a Fundación Barrié. Outra das novidades é o  espectáculo audiovisual: Black Dog, the dreams of Paul Nash, con Dave McKean.

Por primeira vez na historia do Salón, o cartel deste 2017 non lle foi encargado coma sempre a un dos convidados no 2016, senón a o autor galego, Das Pastoras, que xa asinara o de 2002, pero, en palabras do directo do festival, Miguelanxo Prado: “queriamos que o vixésimo cartel fose diferente, un que, na medida do posible, salientase dentro desa magnífica colección que fomos xuntando neste tempo. O listón estaba alto, ben se pode comprobar na exposición de carteis que Viñetas leva cada ano á Torre de Hércules. Así que pensamos en pedirllo a DasPastoras, pola súa particularísima liña de traballo. O certo é que non dubidou en quedar co reto. E á vista está o resultado”. Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 74 – Emilio Fonseca

Comezamos esta emisión a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Zapi volve ata as metrópoles para falar dos fillos de Victor Mora, nesta emisión dos tebeos xurásicos Jabato, o Corsario de Hierro e o Cosaco verde. Emilio Fonseca e o autor de Fóra de mapa, a obra gañadora do último Premio Castelao de Banda desenhada. Rematamos con Javi que ven dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes.

As músicas desta emisión son:

  • Bonaparte – Fuck Your Accent.
  • Earth, Wind & Fire – Boogie Wonderland.
  • Chicharrón – Contra acantilados.

Metrópoles Delirantes 67 – Alberto Guitián

Abrimos coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescindibéis lembramos a un autor cheo de sensibilidade co Sky Hawk do mestre Jiro Taniguchi. Embarcamos na dorna ao gran Alberto Guitián, un nome esencial na da BD galega, autor de obras marabillosas como Fito e Pita ou o Circo Lorza, compartimos viaxe e moitas risadas e pechamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela. Rematamos cunha fermosa tonada que queremos dedicar á certa asociación de avogados coruñeses, a un señor con apelido de escritor pero con moi poucas letras e a Aurora de Lugo unha señora “de mal gusto y de poca sensibilidad”.

As músicas desta emisión son:

  • The Last Shadow Puppets – The Age Of The Understatement.
  • Madredeus – Ao longe o mar (Astro’s Reflect And Chill Mix).
  • La Polla Records – Salve.
  • Ponderosa – Penniless.
  • Johnny Cash – Ghost Riders In The Sky.
  • Yellow Pixoliñas – O galo vermello
  • Rage Against the Machine – Killing in the Name.

Metrópoles Delirantes 66 – Jacobo Fernández

Comezamos coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescindibéis aventuras históricas no caribe, a entretida e fantástica triloxía cubana de Fran Jaraba. Saldamos unha débeda coa magnífica serie Marcopola de Jacobo Fernández Serrano, falaremos con él desta obra da que ven de publicar o cuarto número. No tempo das novidades, Eva dende a libreria Banda Desenhada de Vigo.

As músicas desta emisión son:

  • Nena – 99 Lufballons.
  • Kruder & Dorfmeister – Going Under.
  • Elíades Ochoa e Ibrahim Ferrer – Chan Chan.
  • Camera Obscura – Lloyd, I’m Ready To Be Heartbroken.
  • Rui Veloso – Não Percas o Teu Mistério.

Metrópoles Delirantes 64 – Xaquín Marín – BDG70, A revolta do cómic galego

Esta é unha emisión especial, gravada na sala Normal da Universidade da Coruña, na exposición BDG70 – A Revolta do Cómic Galego. No ano 1973 tivo lugar, na sala Normal a primeira exposición de BD Galega, agora máis de corenta anos despois volve a haber unha exposición de Banda Deseñada. BDG70, a revolta do cómic galego. Xa era tempo de lembrar o traballo daqueles precursores da BD galega moderna, moitos anos esquecidos, mais hoxe, facémoslles xustiza e agradecemos volvendo a ensinar a súa obra o que fixeron pola BD Galega e pola cultura propia en tempos nos que ter compromiso coa terra e o noso país era, cando menos, perigoso. Falaremos cun dos protagonistas desta primeira época da BD galega moderna e porén desta exposición, referente do cómic, o humor e a retranca, o mestre Xaquín Marín. Faremos un faladoiro con Manel Cráneo, Xulio Carballo e Margarita Amor, responsábeis de esta magnífica, e tamén, necesaria exposición e homenaxe aos pioneiros da nosa BD. Remataremos cunhas recomendacións para agasallar neste Nadal.

As músicas desta emisión son:

  • Ataque Escampe – Os problemas crecen.
  • Los Tamara – A outra nai.