Arquivos da etiqueta: Dani Xove

Metrópoles Delirantes 61 – Miguel Robledo, Urbanoscar e Dani Xove

libros-sindicato-mComezamos coma sempre co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindíbeis, unha das obras máis nomeadas de Van Hamme, o multimillonario e canalla Largo Winch. Embarcamos desta volta a Robledo, Oscar e Dani Xove que veñen a falarnos das súas últimas obras, editadas polo Sindicato del Cómic, e rematamos con Simón o libreiro que é tamén  editor destas obras que nos falará das novidades máis interesantes do principio deste mes de santos.

As músicas desta emisión son:oscar-robledo-xove

  • The Homens – Dance the troita.
  • Dônica – Inverno.
  • David Bowie – I Took A Trip On A Gemini Space.
  • The Allah-las – Recurring.
  • Novedades Carminha – Veneno.

Metrópoles Delirantes 34 – Enrique Fernández

Enrique-Fernández-metropoles-delirantesComezamos coas novas da bd e parolando da lea xudicial de Moulinsart nos Países Baixos, o Sr B fai imprescindible o efectiviwonder cómics de Dani Xove, un dos tebeos que máis lle aquelou o ano pasado, entrevistamos a Enrique Fernández, autor de Brigada, unha bd xeitosa da que xa editou dous libros e que ten o record de recadación nun crowdfunding de cómic. No final as novidades que desta volta chegan dende a nova librería Banda deseñada de Vigo onde nos recibiu Melo que vai ser o encargado de facernos as recomendacións. Coma sempre todo cunha boa dose de música deliciosa.

  • Quim Barreiros – A cabritinha.efectiviwonder
  • Emanuel – Pimba, pimba.
  • Ian Pooley – Coração tambor.
  • Franco Battiato – Voglio vederti danzare.
  • Rastreros – O sacristán de Basán.
  • Terbutalina – Canto moderno.
  • The Kinks – All day and all of the night.
  • The Homens – Alba nuclear.

Ligazóns:

Metrópoles Delirantes 23 – Dani Xove

Metrópoles DelirantesComezamos coas novas da bd e logo falamos con Dani Xove autor de Efectiviwonderefectiviwonder cómics, unha das propostas que máis nos sorprendeu do pasado ano. O Sr B achégase ata Marcinelle e recomenda na súa sección de imprescindibles os albumes de Spirou. Tamén se achegou ata as Metrópoles, Marcus Fernández co que falamos do cómic dixital e das diferentes plataformas que temos para mercalos. No final, Javi da Libraría a Gata Tola cóntanos cales son as novidades máis interesantes.

Ideas para agasallar Bd galega

A terra quere pobo. Esta frase que ademais é o titulo dun libro, serve para ilustrar o que necesita a bd do país para se converter nun sector forte e capaz; público.

Serva esta pequena listaxe coma suxestión de agasallos para estas datas, é evidente que non están todas as obras pero pensamos que si está unha boa escolma ben representativa da variedade da bd galega (ou feita por galegos).

cubierta_dospags.inddToreromaus – Los Bravú.

Unha edición preciosa de Fulgencio Pimentel limitada a 250 exemplares e ben coidada para unha obra que sorprendeu pola frescura e audacia coa que Dea e Diego contan esta pequena aventura etílica.

Catalogo_onerosoCatalogo Oneroso de beleza gratuíta – Fran Bueno.

Fran Bueno acadou con esta obra o  VIII Premio Castelao de bd, convocado pola Deputación da Coruña. Unha obra que é unha auténtica marabilla que merece a pena descubrir, sensibilidade e delicadeza, unha obra, no noso parecer,  moi poética.

Sigue lendo