Arquivos da etiqueta: David Rubín

Metrópoles Delirantes 73 – Abel Alves

Abrimos programa coas novas da BD, a todo filispím. O Sr B fai imprescindíbel unha obra pola que ten especial agarimo,  “La tetería del Oso Malayo” de David Rubín. Para o tempo da entrevista achegouse ata as metrópoles Abel Alves, guionista de Aram o Armenio, unha fermosa obra que nos lembra un deses episodios escuros da humanidade que non debemos esquecer para non repetir, o xenocidio do pobo armenio. Rematamos coas novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

As músicas desta emisión son:

  • Cursi – Corazón de Hotel.
  • Madredeus Electronico – O sonho (R. Myerz & The Jack Herren Band).
  • Creedence Clearwater Revival – I Put A Spell On You.
  • Lori Meyers – Evolución.
  • Los Suaves – Siempre Con Miedo.

Metrópoles Delirantes 65 – David Rubín

Comezamos co Sr B que volve do seu pequeno exilio interior para as novas da BD a todo filispím. Nos imprescindíbeis, Dúas viaxes, unha obra fundacional na BD galega moderna de Xaquín Marín e Reimundo Patiño, de seguro que si Hai un home en españa que o fai todo é este, compartimos unha peculiar entrevista con David Rubín que ía sobre o seu Gran Hotel Abismo, pero que derivou en moitos outros temas. No tempo das novidades Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela ven para falármonos das novidades máis importantes.

As músicas desta emisión son:

  • Raffaella Carrá – Rumore.
  • Taha, Khaled, Faudel – Ya Rayah.
  • Andrés do Barro – Fogar de Breogán.
  • Astrud – Hay un hombre en España.
  • Nada – Senza un perchè.

Ether, outra obra de David Rubín para USA

Ether-metrópoles delirantesDavid Rubín segue traballando a bo ritmo alén do Atlántico, despois de The Fiction, a serie que fixo con guión de Curt Pirés, xa editada en españa pola súa editorial habitual, Astiberri, xa está a traballar na nova serie que Dark Horse anunciou na pasada Comic-Con de San Diego.

A serie titulada Ether é unha historia fantástica sobre o que pasa cando a ciencia e a maxia se atopan. Para esta nova aventura américana, Rubín  forma equipo creativo con Matt Kindt aos guións.

Ether conta as aventuras de Boone Dias, un científico e explorador da Terra que intenta entender como encaixa a maxia no seu propio mundo científico. Boone é un asiduo visitante do Ether, unha realidade alternativa máxica. Os habitantes do Ether confian en Boone para resolver algúns crimes a través da combinación do seu coñecemento científico coa maxia.

ether-metropoles delirantes 2O primeiro número de Ether estará a venda o 16 de novembro deste ano en formato físico e dixital.

Aquí unha entrevista ao guionista Matt Kindt (en inglés) na que fala así de David:

Vin o que fixo no seu incríbel libro “O heroe” e tamén nos spin off de Battling Boy (Aurora West) e simplemente namorei do seu estilo, andaba a buscar por todas partes artistas, estaba sendo super esixente, porque hai moito material divertido para debuxar nesta serie, e quería debuxalo eu, pero a miña axenda faino imposíbel polo menos para dous anos e non quería agardar tanto. Entón vin cousas de David e que estaba dispoñible, e eu sabía que podería facelo mellor do que eu xamais podería. Ese foi o punto de inflexión. David é unha estrela e teño moita sorte de traballar con el.

Viñetas desde o Atlántico 2016

Cartaz de Keko para o Viñetas 2016-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Keko

Esta mañá celebrouse no Pazo Municipal a rolda de imprensa de presentación da edición 2016 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. Tamén se presentou de xeito oficial o cartaz realizado por Keko, invitado do pasado ano. (Nova que nos adiantou Miguelanxo no MD54).

A decimo nona edición do Viñetas será na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto. Segundo a organización “coa vocación de permitir unha ollada cómoda e certeira á realidade actual do cómic”,  o seu director, Miguelanxo Prado, destaca que este ano  terán máis peso ás historias de corte social xa que o cómic “é un dos espazos artísticos que reaccionan con maior rapidez aos acontecementos e inquietudes sociais”. Sigue lendo

As lecturas do Sr B: La Ficción

Aquí en español.

La ficción 1-David Rubín-Metrópoles Delirantes“A ficción de Pires e a realidade de Rubín”

“La ficción” é a historia de catro amigos da infancia, que descobren unha misteriosa caixa de libros que cando os len en voz alta poden transportalos ata outros mundos. A diversión faise pesadelo cando un deles desaparece, o resto dos rapaces xura non contar nunca o que pasou. Anos despois, un daqueles nenos, xa adulto, desaparece e os dous que quedan mobilízanse para que non se repita a historia.

Esta é a segunda incursión de Rubín no mercado norteamericano, despois da excelente saga “Aurora West” con Paul Pope e JT Petty, e desta volta, faino cun descoñecido (en Europa) guionista, Curt Pires, que plantexa unha historia a cabalo entre o real é o fantástico con continuos saltos no tempo que serve de exiguo andamiaxe para que o galego arme un palacete coa súa arquitectura gráfica.

Esta obra publicouse en catro números en Norteamérica, o que coñecemos por grampas, mais en España a editorial Astiberri recompilou todo nun so tomo que amais trae como extras sendos textos dos autores (o de Pires algo falto de humildade) e o máis importante un feixe de páxinas a lapis no que Rubín amosa “os seus trucos” de “mago de nivel 20”.

La ficción 2-David Rubín-Metrópoles DelirantesHai debuxantes que teñen a capacidade dun cirurxán de garda en urxencias para sandar un libro, aplican con mestría e rápido diagnóstico os coñecementos que teñen para salvar ó doente, e de feito, cunha boa dose de vitaminas, ata conseguen non só que saia da cama senón que gañe unha maratón.

Quizaís nun intento de facer do lector parte activa da historia, o guión de La ficción é (para o noso entender) demasiado críptico, complexo, e por veces, desamañado; é aí precisamente, onde os lápises do noso compatriota, a modo de vitamina c, danlle un empurrón ao libro e aos lectores. Boas páxinas, ben debuxadas e sobre todo ben compostas, que facilitan o tránsito polos mundos oníricos e as veces terroríficos de La ficción.

Si dalgún autor de tebeos do país temos ganas de ver unha serie potente nos Estados Unidos é  do David, calquera que falara con el máis de dez minutos axiña se decataría non só do amor pola bedé que respira ese corpo, senón da extensa cultura comiqueira que ten. Antes que autor, evidentemente, foi lector. (O Heroe, a súa obra fetiche comeza cunha homenaxe a Jack Kirby).La ficción 3-David Rubín-Metrópoles Delirantes

A arte de David está nun momento magnífico, asentadas as súas propostas segue aprendendo, sorprendendo, mellorando na proposta formal, e sobre todo experimentando, cunhas composicións de páxina cada vez mellores, facendo peto de experiencia e manténdonos sempre á expectativa co seu traballo. E namentres agardamos por un novo libro estritamente persoal (como guionista e debuxante) este ano sairá o que está a facer con guión de Marcos Prior, Gran Hotel Abismo, unha obra comprometida que pensamos vai ser outro punto de inflexión na carreira deste galego que está chamado a ser (si non é xa) un dos grandes autores da bedé europea deste século.

Esta recensión foi publicada en marzo de 2016 na revista Tempos.

“Uxío Novoneyra, A voz herdada” consigueo de balde

Uxío Novoneyra-Metrópoles DelirantesAínda que non se publicita, podes conseguir o fabuloso libro Uxío Novoneyra, A voz herdada, debuxado por David Rubín e guionizado por Kike Benlloch de balde na libraría institucional da Xunta de Galiza.

O proceso é algo tedioso (mais non dificil) pois a páxina da libraría ten un sistema de pagamento que facilita pouco as cousas. Só hai que dar dous pasos, dar de alta unha conta de usuario e  pagar os gastos de envio. Podes facelo de forma telemática con tarxeta ou de forma presencial (facendo o ingreso nunha oficina e logo completando os datos na web).

PagoUxioNovoneyraO único que hai que pagar no caso deste libro son os gastos de envio, 2€ e unha comisión bancaria (como non) que no noso caso foi de 0,60€.

Este libro é unha obra moi singular e foi unha iniciativa vencellada ao Día das Letras Galegas do ano 2010 que foi adicado ao xenial poeta do Courel. Esta banda desenhada tivo un curto percorrido público e vive “secuestrado” no limbo dos almacéns das institucións, do que agora podemos rescatalo.

David Rubín escribía esto sobre o libro no seu blogue: “Kike e eu decidimos non centrar exclusivamente a obra na figura e obra de Novoneyra, senón que creamos como fío condutor do relato a un personaxe ficticio; Celestino, e contemplamos, ao longo da vida de Celes, dende a súa nenez nos anos 50 ata a súa vellez, neste 2010, a vida e a obra de Novoneyra. Mostramos ao poeta dende o punto de vista do lector, creamos unha historia ficticia pero emocionante para a través dela relatar a do poeta do Courel; real, viva.”

Entrevista de Edu Maroño aos autores.

Ligazón directa ao libro na Libraría Institucional.

 

Cuartas xornadas “Cuando Mario conoció a Clío”

Mario-clio-metropoles-delirantesOs vindeiros días 24 e 25 de Febreiro terán lugar no salón Vicente Risco da Facultade de Historia de Ourense as Xornadas “Cuando Mario conoció a Clío”. Nesta cuarta edición buscarase mais unha vez afondar na conexión entre a historia e os diferentes medios da cultura contemporánea, o cine, os videoxogos, a televisión e a banda deseñada.

Entre os convidados están o debuxante ourensán David Rubín e os cineastas Simón Casal e Paula Cons (Lobos Sucios). Ademais as xornadas estarán complementadas polo habitual torneo do videoxogo Age of Empires II, por unha breve sesión sobre a recreación histórica da man da asociación Recreadores de Galicia e unha exposición acerca do papel do mundo medieval nos videoxogos, realizada polo proxecto “Historia y videojuegos” da Universidade de Murcia.

O día 25 é o día adicado á BD (de 4:30 a 8:00) habera as seguintes ponencias:

  • Ana García: Os trazos da Primeira Guerra Mundial no cómic: conflito, crítica social e divulgación.
  • David Rubín falará sobre as súas obras de temática histórica.
  • Xulio Carballo: Do tardofranquismo á transición: visións e reivindicacións dos pioneiros da BDG.
  • Rubén Rial falará do proceso de creación do 1468.
  • David Calviño presentará unha versión resumida do traballo que fixo sobre a II Revolta Irmandiña na BD.Clio_Mario_16

 

As xornadas son unha actividade promovida dende a delegación de alumnos, xunto coa facultade de Historia, a Asociación de Licenciados en historia de Ourense (Alehou) e máis o blogue el Octavo historiador.