Arquivos da etiqueta: Destino Hërgüss

Metrópoles Delirantes 49 – Marcos Prior

Necrópolis-Metrópoles DelirantesComezamos a viaxe pola BD coas novas a todo filispín. O Sr B viaxa a galaxias descoñecidas para traer aos imprescindibles, Destino Hërgüss, a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha que creou ese incansable autor que é Manel Cráneo. No tempo da entrevista falamos con Marcos Prior un francotirador do cómic que con Necrópolis apunta directamente as nosas conciencias de cidadáns para facer un retrato distópico dunha sociedade que se parece demasiado á que vivimos. Rematamos coas novidades que veñen co entusiasmo contaxioso de Javi dende a libraria especializada A Gata Tola de Compostela. Todo con flow e música de calité como o marisco das rias!

As músicas que sonan nesta emisión son:Destino Herguss-Metrópoles Delirantes

  • Blondie – Heart of glass.
  • Bill Evans – Detour ahead.
  • Al Green – Love and hapiness.
  • Samaris – Nótt.
  • Ataque Escampe – Street Fighter.

Metrópoles Delirantes 28 – Javier de Isusi

Metrópoles Delirantes

Con Dani Xove e Simón de Sindicato del cómic

Un dos libros máis salientables do ano pasado foi “He visto Ballenas” de Javier de Isusi, unha visión moi interesante da fin da loita armada en Euskadi, e de como as persoas implicadas nela buscan a maneira de superar os anos de violencia. DestinoHergussO Sr B recomenda nos imprescindibles o Maus de Art Spiegelman, unha bd que fai tremer o lector coa dura historia do holocausto xudeu e as consecuencias que tivo aínda nos superviventes. Nunha comunicación intergaláctica falamos co cónsul do Planeta Mincha que nos conta cousas de Destino Hërgüss. As novidades veñen dende Ourense con Simón da Libraría Sindicato del cómic. Coma sempre con moitas risadas, boa música e un okupa no estudio.

Presentación de Destino Hërgüss

CARTEL MINCHAFEST PENIQUEEste venres 13 será a primeira presentación de Destino Hërgüss a novela gráfica de Manel Cráneo, na Coruña, organizada pola librería Metropolis en colaboración coa Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano.

Este título de Planeta Mincha, só estará a venda en librarías mecenas ata finais de abril que será cando saia ao circuíto comercial.

E despois da presentación a iso das 21:30h na Cervecería El Penique, na rúa Gómez Zamalloa da Coruña, celebraremos o Minchafest, unha festa de presentación aberta para todo o mundo e pensada especialmente para todos os mecenas que apoiaron esta aventura na campaña de crowdfunding.

Mincha, Mincha Minchok!!!

Destino Hërgüss de Manel Cráneo

Destino HergussSi na bd galega hai un home que asuma el só tódolos roles posibles neste sector é Manel Cráneo, este coruñés de enerxía inesgotable e que está a facer unha laboura marabillosa editando libros en galego e de autores galegos, quere sacar ó mercado Destino Hërgüss a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha.

Para que esta novela se faga realidade hai unha campaña de crowdfunding en marcha que está xa na recta final, unha oportunidade magnífica de facerse cun exemplar e coas diferentes recompensas que hai preparadas para os colaboradores. Un proxecto multidisciplinar que terá diferentes formatos: a novela gráfica en papel e dixital, banda sonora, videoxogo, e merchandising, e coñecendo a Manel de seguro que non para aquí.

Os protagonistas desta novela son Pichük e Tombö, dous personaxes de razas e estilos de vida diferentes, que se verán obrigados a superar unha proba a vida ou morte en Hëlüs, a rexión cun dos climas e hábitats máis hostís do Planeta Mincha. Alí agárdaos un futuro incerto ateigado de aventura, misterios e incerteza en que acabarán dependendo deles mesmos e dos seus instintos máis primarios para a súa propia supervivencia.

A obra editarase en galego e castelán.

Aquí podes mercar o teu exemplar e axudar a que esta obra saia á luz.