Arquivos da etiqueta: Eisner

Premios Eisner 2017

Como cada ano, no marco da Comic-Con de San Diego, veñen de entregarse os Premios Eisner. Nesta edición había ata sete nomeados de nacionalidade española, aínda que ao final só un acadou o premio, Gabríel Hernández Walta por The Vision.

Mellor historia curta

  • “Good Boy,” Tom King e David Finch, Batman Annual #1 (DC)

Mellor número único “One shot”

  • Beasts of Burden: What the Cat Dragged In, Evan Dorkin, Sarah Dyer,  Jill Thompson (Dark Horse)

Mellor serie regular

  • Saga,  Brian K. Vaughan e Fiona Staples (Image)

Sigue lendo

Os gañadores dos Premios Eisner 2016

eisnerawards_logo_12-Metrópoles DelirantesOnte a noite falláronse os premios máis importantes da bd norteamericana, David Aja gañou o seu quinto premio, desta volta como mellor portadista, tamén destacamos o premio á mellor colorista que gañou Jordie Bellaire, a colorista do Pretty Deadly da nosa Emma Ríos. Sigue lendo

Os gañadores dos Premios Eisner 2015

eisnerawards_logo_12Onte a noite fallaronse os premios máis importantes da bd norteamericana, nesta edición, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, había varios españois nominados e tres deles foron premiados, Marcos Martín leva o de Mellor BD Dixital por The Private Eye, (con guión Brian K. Vaughan) e os autores de Blacksad, Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido (Entrevistámolos no MD 18) levan o Eisner por Blacksad: Amarillo na categoría de Mellor edición norteamericana de material internacional.

Mellor historia Curta.

When the Darkness Presses de Emily Carroll. (emcarroll.com/comics/darkness)

Mellor número único (One-Shot).

Beasts of Burden: Hunters and Gatherers de Evan Dorkin e Jill Thompson (Dark Horse).

Mellor serie regular.

Saga de Brian K. Vaughan e Fiona Staples (Image).

Sigue lendo

Nominacións dos Premios Eisner 2015

eisnerawards_logo_12Xa coñecemos as nominacións deste ano ós importantes premios Eisner que serán entregados nunha cerimonia o venres 10 de xullo.

Hai varios españoles nominados; recunca David Aja, responsable xunto co guionista Matt Fraction de Hawkeye,  Marcos Martin é nominado por ‘The Private Eye‘ a obra de ciencia ficción con guión de Brian K. Vaughan, Max pola obra Vapor, Meritxell Bosch que está nominada pola obra ‘BirdCatDog‘, e ‘Blacksad: Amarillo‘ de Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido, compite na categoría de mellor edición de material internacional, Guarnido tamén está nominado a mellor debuxante.

Mellor historia curta

“Beginning’s End,” by Rina Ayuyang, muthamagazine.com
“Corpse on the Imjin!” by Peter Kuper, in Masterful Marks: Cartoonists Who Changed the World (Simon & Schuster)
“Rule Number One,” by Lee Bermejo, in Batman Black and White #3 (DC)
“The Sound of One Hand Clapping,” by Max Landis & Jock, in Adventures of Superman #14 (DC)
“When the Darkness Presses,” by Emily Carroll, http://emcarroll.com/comics/darkness/

Sigue lendo

Dous Eisner para David Aja

HAWKEYE2012022_COV

 

David Aja, o debuxante español de Hawkeye leva dous premios para casa, Aja leva anos facendo un traballo excelente e son premios máis que merecidos.

Non puido ser, ningún dos Eisner veu para Galiza, mais ser nominados xa é un premio en sí, Noraboa a Emma e José Domingo.

A lista completa de premiados é esta:

Best Single Issue (or One-Shot)

David Aja - Hawkeye_06a

Best Continuing Series

Sigue lendo

Emma Ríos e José Domingo levan a BD Galega ós Eisner

Outórganse na Comic-Con de San Diego os premios Eisner, os máis importantes galardóns da bd de América, e desta volta a banda deseñada galega ten dous bos representantes, están nominados, Emma Ríos e José Domingo, os dous cun pasado común no colectivo Polaquia, que co paso do tempo vai referendando, aínda máis, a calidade e valía daqueles rapaces e rapazas que decidiron hai uns anos que querían adicarse o cómic.

9432934453_a6602e26d9_bEmma Ríos, comezou realizando historietas curtas para fanzines e tamén en publicacións colectivas de banda deseñada, como Dos veces breve ou H2Oil e tamén participou en diversas exposicións colectivas no salón de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico

Auto-editou unha serie, APB (A Prueba de Balas) a través do colectivo Polaqia do que formou parte.

Deixou o seu traballo coma arquitecto para adicarse profesionalmente á bd tras recibir unha oferta de Boom! Studios a mediados do 2008 onde debuxou a serie Hexed, non tardou en chamar a atención dos editores de Marvel, e chegáronlle os primeiros encargos, na “casa das ideas” foi encadeando traballos como Dr. Strange, Firestar, The Amazing Spider-Man ou Osborn.

Tamén publicou un álbum con SM, Amadís de Gaula, unha adaptación do libro de cabalería español do mesmo título, con guión de Ricardo Gómez.

En Marvel coñeceu a Kelly Sue DeConnick, nominada tamén como mellor guionista, coa que creou o Pretty Deadly, a magnífica serie que no outono editará Astiberri en España e pola que optan a varios Eisner.

9433200117_9025d01154_kPretty Deadly é un western sobrenatural no que se mestura violencia e a poesía visual do mellor Kurosawa coa narrativa núa, efectiva e desacougante do mellor Leone, onde a morte é máis que un personaxe e que coma nos bos westerns hai amor, vinganza e penitencia. Non hai nada nesta bd que non sexa superlativo, cada paso da produción só engrandece o anterior, un guión excelente que Ríos mellora coa súa gráfica que o mesmo tempo é engrandecida polas cores que aplica Bellaire.

A publicación tivo grande éxito nos Estados Unidos onde os lectores fixeron que os prognósticos máis optimistas de vendas quedaran moi curtos. Os medios especializados tamén recoñeceron o traballo con boas críticas, non é casualidade logo que teña catro candidaturas nos Eisner.

Emma Ríos, está nominada en dúas categorías, mellor debuxante e mellor portadista, Kelly Sue Deconick está nominada á mellor guionista e Jordie Bellaire a mellor colorista.

Pretty Deadly no blogue de Edu Maroño.

9675José Domingo é autor de cómic, ilustrador e debuxante de produción para animación nado en Zaragoza pero residente en Galiza dende cativo, formou parte do colectivo Polaqia e participou con historias cortas na revista Barsowia desde 2006, tamén publicou en diferentes fanzines e revistas como Dr. Panceta, Haima, ou Retranca. No ano 2008 publicou a súa primeira obra longa titulada Cuimhne:el fuego distante (Ed Dolmen), con guión de Kike Benlloch.

Traballou para a produtora coruñesa de animación, Dygra, alí coincidiu con David Rubín, con el e outros debuxantes compartiría o estudio La Pelu. Neste estudio é onde nace o Aventuras dun oficinista xaponés, un libro que editou Bang Ediciones e que foi publicado no mes de Nadal de 2011. Con este libro gañou o premio á Mellor Obra no Salón do Cómic de Barcelona no 2012.

tumblr_lz0zbpAGE11r6edz4o1_1280Aventuras dun oficinista xaponés é unha bd extraordinaria na que José Domingo foi quen de desenvolver unha historia que sen diálogos conta a viaxe surrealista e, por momentos, absolutamente lixérsica dun oficinista que so pretendía chegar ó lar despois da xornada laboral, o cómic ten catro viñetas por páxina e está debuxado en perspectiva isométrica o que lle da ese aspecto que lembra ós primeiros videoxogos.

O libro é unha “delicatessen”, cun estilo de debuxo exquisito, cun trazo claro e elegante, e sendo detallista ata case chegar a ser barroco.

José Domingo está nominado na categoría de mellor edición de obra internacional para Estados Unidos.

Aventuras de un oficinista japonés no blogue de Santiago García.

Metrópoles Delirantes 8 – José Domingo

Novidades das que falamos

Novidades das que falamos

Entrevistamos a Manuel Bragado, Director da editorial Xerais e tamén a José Domingo flamante nominado ós Eisner, o Sr B viaxa polo Portugal de Cyril Pedrosa e coas novidades poñemos fin a este programa musical e sentimentalmente adicado a Portugal.