Arquivos da etiqueta: Esteban Hernández

As lecturas do Sr B: Hernán Esteve

Aquí en español

O labirinto da propia vida e o alter ego como terapia.

Esta nova obra de Hernández, vello coñecido da escena fancineira hispana, está editada pola granadina Libros de Autoengaño e ten un declarado ton autobiográfico. Nun exercicio de desdobramento e de sinceridade brutal o autor ispe o corpo e a alma, e a través dun alter ego, Hernán, e do seu propio personaxe vai debullando cousas da súa vida nas que calquera pode recoñecer a súa infancia, a súa xuventude ou a súa madurez, ou todas a un tempo, porque o libro ten algo de xeracional.

O amor e a amizade, ou a confusión de ambos, que só se pode diferenciar coa distancia da madurez, a manipulación dun adolescente, a inocencia, e porén, a súa perda, estes son algúns dos momentos vividos que Esteban deita nesta obra, un libro que se antolla valente polo que ten de exhibicionista, de berrar certa normalidade oculta e de poñer en cuestión o transcorrer da propia vida. Un exercicio de auto psicoanálise que pode chegar a ser tan imprescindíbel como suicida ou tan innecesario como salvador. Sigue lendo