Arquivos da etiqueta: Fosfatina

As lecturas do Sr B: Permanezcan en sus asientos

Aquí en español.

A trasnada xenial de Jano.

O coruñés edita coa imprescindíbel e xeitosa editora viguesa Fosfatina este cómic de exquisita factura, que xa avisa cunha portada de elegantes cores e de atractiva finura compositiva. Segue a actual moda das tintas metalizadas, neste caso prateado, que combinado co marrón e o negro e un papel de atractiva textura fan que o efecto chamada da capa sexa irresistíbel.

Jano desenvolve neste libro tres sorprendentes e fantásticas (por non dicir psicotrópicas) historias curtas que conflúen nas páxinas finais. Tres historias con certo nimbo misterioso que deixan espazo para a propia elucubración e que sen dúbida darán algunha volta polas nosas cabeciñas buscando as solucións aos misterios que nos propón o autor.

Co seu peculiar estilo e un ritmo case que fixo de catro cadriños por páxina, interrompido as veces por marabillosas ilustracións a páxina completa, este libro é unha obra valente, audaz e estilísticamente fermosa. Jano acentúa a súa visión do cómic da que xa foi avisando con magníficas obras coma Operario ou Nacho Camacho.

Jano deixa as veces a soidade do corredor de medio fondo, só un intre para mirar arredor e deixarnos un libro que é pura elegancia “mod” remesturando historias que ben poderian ser dunha peli da Hammer. O trazo sinxelo e liñas rectas, un manexo espectacular das sombras e das masas de negro fan de Jano un autor cun discurso creativo propio alonxado das modas da BD actual e porén, cunha carreira que decorre alonxada do “mainstream” que fai deste constructivista das viñetas un dos máis interesantes autores galegos.

Este libro de 48 páxinas en branco e negro conta tanto nos silencios coma nos textos, é sinxelo mais só aparentemente, é lixeiro, o que permite lelo axiña, porén o cerebro pedirache volver, reler, admirar, parar na excelencia gráfica. Sen dúbida é un libro para padais exquisitos, unha delicatessen na que Jano sublima a súa mestría gráfica e narrativa, que Fosfatina fai realidade cun gusto e unha calidade moi bos.

Esta recensión foi publicada en novembro de 2016 na revista Tempos.

“No tengo mamá”, canto moderno, canto!!!

Notengomama-NievesRodriguez-metropolesdelirantesEste xoves andivemos polo “no tengo mamá”, o festival da autoedición de Vigo, para participar nunha interesante mesa redonda con Octavio Beares, Xaime Lis, Helena Exquis, Berto Fojo e Cibrán, o tema era a relación entre cómics e música. Na realidade penso que nos desviamos algo do tema inicial e a parola cobrou vida propia e foi evolucionando cara o fanzinismo, pasamos máis tanxencialmente pola música, foi unha tarde ben interesante na que saíron temas que darían para varios faladoiros e na que o público asistente participou moito, cousa que nos encantou.

Un dos temas que saíu nesta reunión foi o nulo apoio que o MARCO presta a este evento que o arrodea e medra a súa beira sen que dentro desa atalaia caduca se queiran enterar. Unha magoa.

no-tengo-mamáFoi un gusto pasa-la tarde nun evento que xa dende a entrada avisa do que vas atopar, cando atravesas o pórtico “DIY” entras nunha dimensión de modernidade e modernos, moito arte, ambiente cosmopolita e decibelios alborotados, un ecosistema que advirte que aquelo non é unha xuntanza de “autores de estatuas de rotonda”.

Coma si de unha metáfora se tratara, a creatividade xermola e pasa polo calexón que vai por detrás do Marco, así, pódese degustar un fervedoiro de fanzines, camisetas, música (en vivo ou en casete) serigrafías e un feixe de arte, artistas, e sobre todo xente coa que se pode falar, coa que tomar unha cervexa e ter conversas, escoitar bandas ao vivo e gozar dun ambiente de convivencia marabilloso.

Autoedición gráfica no mercadillo, cinematográfica no concurso de curtas e musical nos concertos, neste evento o arte póñeno os que traballan de costas a un circuíto oficial que cada vez máis, está a quedar illado na súa ínsula de directores xerais e de estruturas museísticas mortas do século pasado.

A xente de Fosfatina e Seara Records conseguiron argallar un minifestival que demostra que nas marxes é onde abrollan iniciativas culturais que son ben interesantes e fantasticamente acollidas polo público e polos participantes; sen axudas, sen políticos e glorificando o “Faino ti mesmo”.

Novidades galegas para o Viñetas – Autobán 2015

Xa queda menos dun mes para o Viñetas desde o Atlántico e o Autobán, ambas citas xa ineludibeis na axenda da bd galega. Nestas datas e coincidindo con estes eventos é xa tradición que se presenten moitas novidades.BTFMR-Cartel_metropolesdelirantes

A bd galega vai presentar obras ben interesantes: unha nova novela gráfica, Os que levan o lume, a cargo de Álvaro López e editada por Demo Ed; Cuimnhe, la deuda de Kike Benlloch, un historico ademais de prolifico autor da bd Galega; sendos números de Altar Mutante (o terceiro) e un número especial da dixital O Botafumeiro; unha delicatessen da audaz editora viguesa Fosfatina que presenta  unha obra de José JaJaJa, 1997 Hot Summer; o colectivo minhoco, responsabeis do fanzine Compota de Manatí que anuncia o segundo número da publicación; e a escola prrofesional de BD O Garaxe Hermético presentará o terceiro libro da Colección Cornelius, editado por Retranca Ed e que leva por titulo 221 BD. Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 33 – Roberta Vázquez

Roberta-vazquez-metropoles-delirantes-Nieves-RodriguezFalamos con Tirso Cons un dos creadores de 3 pintamonas, a nova editora que ven de publicar o seu primeiro libro titulado Abastos. Quen vixia ós vixiantes? está frase é o leit motiv do libro do que Sr B fala no seu recuncho dos imprescindibles, a que probablemente, é a obra máis coñecida do mago Alan Moore debuxada por Dave Gibbons; Watchmen. De seguro sabedes da nosa devoción por Fosfatina, a valente editorial, que dende Vigo, non para de poñer no mercado a innovadores autores de bd, agora é a quenda de Roberta Vazquez e o seu Havarti Party. Falamos con ela. E para rematar esta emisión temos a Xaime Lis que trae nos petos as novidades das editoriais dende a libraría Komic.

Os temas que sonan no programa son:Havarti_party

  • Led Zeppelin – Inmigrant Song.
  • Samaris – Hafið.
  • La Casa Azul – Galletas.
  • K.C. and The Sunshine Band – Im your boogie man.
  • Bob Dylan – The times they are a-changin.
  • The Philip Glass Ensemble – Pruit igoe and prophecies.
  • Cream – Strange Brew.
  • Grupo de Expertos Solynieve – Dejame vivir con alegría.

Ligazóns:

Metrópoles Delirantes 26 – Fulgencio Pimentel

Perlas-infierno-metropoles-delirantesSi hai unha editora especial na bd española esa é Fulgencio Pimentel, paseniño, dende Logroño van enchendo andeis de libros preciosos e editados con mimo e criterio sobresaínte, falamos con Cesar Sánchez fundador e responsable desta editorial. O Sr B, vai ata Milano para facer imprescindible a Valentina, a bd de Guido Crepax que revolucionou, narrativas e temas na Europa dos setenta. Perlas del Infierno é o primeiro libro longo de Begoña García Alén que edita a viguesa Fosfatina, falamos con ela desta pequena xoia da bd da terra. Todo con música, moitas risas e algo de catarro.

Metrópoles Delirantes 17 – Fosfatina

Metrópoles DelirantesNa décimo séptima emisión das Metrópoles entrevistamos a Rubén Romero de Fosfatina, a nova editorial viguesa. O Sr B trae ós imprescindibles unha obra do mestre Osamu Tezuka, El libro de los insectos humanos. Con Andrés Magán falamos de Griza Zono o seu novo tebeo e tamén dos proxectos expositivos nos que anda. Lembramos o Batman de 1966 o heroe máis pop, e as novidades deste programa son cousa de Javi de A Gata Tola, puro entusiasmo polos cómics. Todo con música da boa.