Arquivos da etiqueta: Frederik Peeters

As lecturas do Sr B: El olor de los muchachos voraces

Aquí en español.

O western coma o mecanismo dun reloxo suizo

Frederik Peeters é un dos grandes nomes da banda deseñada europea, o seu nome vai de xeito indefectíbel xunto ao “Pílulas azuis”, o libro que o fixo coñecido e no que con grande sensibilidade contaba como é convivir con alguén que é portador do virus da SIDA, e como afecta isto a unha familia, que amais, é a súa.

Comezou co pílulas unha carreira que non fai máis que medrar en calidade a medida que medra a súa produción, Peeters vaise superando con cada libro e variando de rexistro como poucos se atreven, da obra social á ciencia ficción ou desta ao policíaco, e agora, ao western. Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 22 – Álvaro Ortiz

Lujo, calma y voluptuosidadDerradeira gravación do ano das Metrópoles que voltarán ó 12 de xaneiro, mais para compensar fixemos unha edición especial algo máis longa do habitual.

murderabiliaportada

Comezamos coas novas da bd a todo filispín e coa entrevista a Los Bravú, Dea e Diego, que marchan para Anguleme a rematar o Portolouro, entre outros proxectos, falamos e rimos a cachón. O imprescindible do Sr B é o “Píldoras azules” de Frederik Peeters, un libro que é pura sensibilidade e que aínda sen pretendelo axita conciencias. Tamén nos visitou Álvaro Ortíz para falar de Murderabilia, o seu novo libro que ven de editar Astiberri, e aproveitamos para falar de máis cousas, de gatos, de buscadores de internet e ata de pintores italianos. Rematamos coas novidades e no final Javi de A Gata Tola e o Sr B recomendan algún dos libros que máis lles aquelaron deste ano.