Arquivos da etiqueta: Fundación Luis Seoane

Valencia Línea Clara, o cómic no IVAM (e na Galiza, que?)

VLC-Linea-clara-Metrópoles DelirantesO IVAM ven de abrir as súas portas á xeración de artistas valencianos dos anos 80, “VLC. Valencia Línea Clara” é unha exposición comisariada por Álvaro Pons, que repasa as traxectorias dos autores do Movemento da Línea Clara a través de máis de 200 orixinais e unha ampla selección de obra gráfica e fotográfica de Miguel Calatayud, Sento Llobell, Mariscal, Mique Beltrán ou Daniel Torres entre outros moitos.

O IVAM ten a intención de ampliar no futuro a presenza dos cómics no museo con exposicións, material na biblioteca e distintas actividades, e quere situarse na liña na que xa están outros importantes museos de arte contemporánea coma o MOMA de Nova Iorque e o Louvre de París.

No entanto podemos deitar aquí unha pregunta: Cando se fará algo así no noso país?

Temos museos de arte contemporánea en Compostela, Vigo e Coruña, temos autores e produción de alta calidade desde os anos setenta, as exposicións do Viñetas son referente e a recente exposición de David Rubín na Fundación Luís Seoane, foi un éxito de público e crítica.

Na nosa terra parece ben claro que os museos tardarán en reaccionar e van seguir asistindo como espectadores pasivos á tendencia que iniciaron espazos tan “sacrosantos” da arte coma o Louvre ou o MOMA e aos que axiña seguiron no estado a Fundación Telefónica en Madrid ou agora o IVAM en Valencia. Non hai é interese no ámbito institucional que segue ignorando un sector importante e de senlleira tradición na nosa cultura, e tampouco hai capacidade de reacción no sector cultural para ser vangarda, porque segue arredor de si mesmo, máis preocupado de manter o ríxido status que levou aos museos a estar baleiros de público e alonxados do pobo.

Máis unha vez, demóstrase que a nosa bd vive orfa de apoios nas políticas culturais e que os espazos públicos galegos seguen ancorados noutra época. Sería unha magoa que a primeira exposición de autoras e autores galegos nun museo de arte contemporáneo se fixera fora do país.

Metrópoles Delirantes 40 – Iván Sende

Advaitalas-metropoles-delirantesAdvaita é a primeira obra de Iván Sende, un autor do país que con esta obra conta as viaxes que realizou ata a India para coñecer mellor a tradición hinduísta, un viaxe persoal de coñecemento interior e de transformación. Nos imprescindibles o Sr B fala da bd coa que moita xente comezou a gozar dos cómics eróticos unha obra archicoñecida, ata para os que non son asiduos o xénero, O Clic de Manara.O festival de cinema fantástico da Coruña e a Fundación Luís Seoane son os responsables da exposición Furia al desnudo: los lápices de David Rubín, falaremos de arte con David Barro, o director da fundación. E para rematar, as novidades con Javi o libreiro de A gata tola de Santiago de Compostela que é todo paixón e emoción cando fala de bd.

As músicas desta emisión son:IMG_7557_metropolesdelirantes

  • The Cardigans – Carnival.
  • Cool Hipnoise –  Groove Junkie.
  • Sue Mon Mont – Lejos.
  • Barry White – I’m Gonna Love You Just A Little More Babe.
  • Novos Baianos – Tinindo Trincando.

Furia al desnudo: los lápices de David Rubín (Exposición)

Expo-Rubin-metropoles-delirantesA Fundación Seoane acolle a exposición Furia al desnudo: los lápices de David Rubín, un proxecto expositivo que reúne 50 orixinais a lapis de dúas das súas obras mais recentes: Beowulf e El momento de Aurora West.

Estes orixinais amosan a forma de crear de Rubín, o traballo cru, a primeira pedra dunha bd, pódese apreciar neles as anotacións e ata os erros e correccións do autor. a primeira capa do laborioso traballo que é facer un cómic. Ademais estarán expostas unha boa escolma da colección privada de figuras de Rubín, a meirande parte de superherois.

Esta exposición forma parte do Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM, que terá lugar entre o 26 de outubro e o 1 de novembro