Arquivos da etiqueta: FunFunFun

Programa do FunFunFun 2016

 Xoves 15. No Modus Vivendi

  • 18:00 Intervención artística.
  • 00:00 DJ Bigote Mix.

Venres 16. Na Unitaria.

  • 19:30 No vengo aquí a hablar de mi libro.
  • 21:00 Quiz-Show con Leandro Barea.
  • 21:00 Videoregueifa con Javi Camino, Nico Campos e Enrique Lojo.

Sábado 17. Na Unitaria.

  • 12:00 Mercadiño (ata peche).
  • 13:30 Sesión Vermú “Lodeiros” cos Dj´s Sinzereza.
  • 14:30 Concerto de Alfeizar.
  • 16:00 Charla Documentais Autoeditados, con Alfonso Zarauza, Cesar Souto, Cora Peña e Pablo Ces.
  • 17:30 Cata de Viños Autoeditados, coas Adegas Entreosrios (Barbanza) e Ana Gandín (Quiroga).
  • 18:30 Charla Autoedición videoxogos, con Jorge F. Peral e Rubén Romero.
  • 20:00 As cousas das movidas con Pancho Lapeña.
  • 21:00 Gran Combate de debuxantes.
  • 23:00 Pechamos Fin, Fan, Fun e imos de festa.

00:00 Concerto de Igmig. (Na carpa do Mercado da Estrela). A 100m da Unitaria.

fun16-metropoles-delirantes

Abertas as convocatorias do FunFunFun 2016

cartaz-fun16-metropoles-delirantesComa o apalpador, polo nadal volve o FUN FUN FUN! (O Movidote de Autoedición de Compostela).

Os días 16 e 17 de Decembro na Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N), e desde 11:00 a 21:00 terá lugar o FUN FUN FUN, para o que abrimos convocatoria a partir de XA. Creadores, editores, impresores, afeccionados, fanáticos e curiosos: arreconchegádevos.

Queremos o vosos papeis manchados e cosidos, os vosos escritos románticos, os vosos tebeos feitos con manley, os vosos fanzines colaborativos e as vosas movidas indefinibles.

Pero desde o FUN FUN FUN tamén entendemos que coa edición gráfica non morre o conto, e queremos dar cabida a outros medios, espazos e formatos da edición alternativa. Deste xeito, nesta segunda edición do mercado reduciremos un chisco os metros adicados ao papel, porque pretendemos que traiades tamén a vosa música, a vosa roupiña, a vosa filatelia, o voso extraño montaxe en vhs e a vosa movida indefinible con rodas.

CONVOCATORIA “MERCADO”

Para solicitar sitio no Mercado de Autoedición, mandade un correo a eufunofunfunfun@gmail.com co tema MERCADO, e por favor, adxuntade:

  • O nome do participante, participantes, ou grupo de participantes.
  • Unha descripción da vosa proposta.
  • Unha estimación do volume que ocupariades (calcúlanse, de media, espazos de 0,70 x 0,70 cm, pero todo é falalo. Agradecerase sinceramente que os grupos e autores que xa son amiguetes fagan por compartir espazo. Xa sabedes como vai).
  • Un link a algún lugar da ciberautopista da información no que se poida observar o voso traballo, de existir.

A convocatoria estará aberta ata o día 17 de novembro, e durante a semana do 21 ao 25 de novembro publicaremos o listado de participantes no noso evento de Facebook.

CONVOCATORIA “COMBATE DE DEBUXANTES”

O 17 de decembro imos celebrar o combate de debuxantes do FUN FUN FUN.

Se queres participar envianos un email.

Escribide a eufunofunfunfun@gmail.com ata o martes 1 de decembro (as propostas que cheguen máis tarde das 23:59 do día 1 serán automáticamente rexeitadas).

Cartaz e programa do FunFunFun

Estamos a escasas horas do movidote de autoedición de Compostela e esta é a programación.

Venres 18.

  • 18:00 Apertura, recepción e montaxe dos postos do mercadiño.
  • 19:30 Tortulia con Nieves Rodríguez “No he venido aquí a hablar de mi libro”.
  • 21:00 Videoregueifa con Javi Camino, Nico Campos e Enrique Lojo.

Sábado 19.

  • Mercadiño (12 a 23).
  • 13:30 Vermú cos Dj Sinzereza e Clara Sobrino.
  • 16:00 Mesa redonda “Pasado, presente e futuro da fanzinada Galaica”.
  • 17:00 Sesión con Dj Cafeína.
  • 18:30 Mesa redonda Autoedición Músical “Funfunfun polo aire e vinvinvin polo vento”.
  • 20:00 Interesante charla con Iñaki Quenerapu “Autoedición online, publica xa”.
  • 21:00 Combate de debuxos presentado con presteza e elegancia por Alberto Guitián e Leandro Barea.
  • 23:00 Despedida i sierre. (con festasa posterior).

Cartaz-funfunfun-metropoles-delirantes