Arquivos da etiqueta: GRAF

Demo Editorial levará 75 títulos galegos ao Graf Cómic de Madrid

Que Manel Cráneo é un dos santiños que máis devocionamos nas metrópoles xa o sabedes todas pero e que sen Demo editorial a BD galega estaría moi coxa.

A editora coruñesa é un motor da creación e un importante apoio para a nova BD galega. Este ano lanzou a nova colección BDG13, unha serie de antoloxías monográficas de sinaturas galegas estreada co título Licor café no pasado mes de agosto, un título xa imprescindíbel que reune a 13 autores da Nova banda deseñada galega.

Agora, seguindo con esta liña de apoio á creación do país, Demo Editorial leva ao GRAF de Madrid, onde estará presente cun stand, máis de medio centenar de fanzines e títulos autoeditados en galego e castelán que deste xeito terán presenza no festival madrileño. A editorial galega destinará o 50% do seu espazo á venta a apoiar a autores e autoras de banda deseñada emerxentes do panorama galego baixo o nome de “NOROESTE BD. Cómic desde Galicia” e non cobrará custos de aluguer nin persoal comercial e o importe íntegro das ventas irá aos seus autores, o selo editorial coruñes pretende así afianzar a súa línea de apoio e promoción ás novas xeracións da BD galega. Sigue lendo

Los Bravú fan o cartaz do GRAF Madrid 2015

Graf-2015-metropoles-delirantesO GRAF, o festival de bd que vai alternando a súa sede entre Madrid e Barcelona, xa é unha das citas máis importantes do cómic na España, sen a mastodóntica estrutura de outros coma o Saló, ten a virtude de estar mais preto da realidade e do día a día da bd, unha cita que vai afianzándose ano a ano é que xa é dos preferidos dos autores e do público.

Nesta edición o cartaz do #GRAFMadrid2015 é obra dos nosos admirados, Dea e Diego, artísticamente coñecidos como Los Bravú.

Los Bravú, recen chegados dunha estancia de seis meses na maison des auteurs en Angoulême onde estiveron rematando o Portolouro unha historia da que publicaron unha primeira parte no recompilatorio Terry de Fulgencio Pimentel, ademais, e coñecéndoos de seguro que traballaron en mil cousas máis que iremos coñecendo ós poucos.

O #GRAFMadrid2015 será no Museo ABC os días 13, 14 e 15 de novembro.

 

Quinta edición do GRAF

Graf-metropoles-delirantesO GRAF é o evento que xunta ós que apostan pola bd de autor e a edición independiente, un festival alternativo ás grandes citas que paseniño vai gañando peso específico entre os implicados no universo da bd, este mes celebrase a quinta edición.  Será os días 22 e 23 de Maio en Barcelona. O GRAF terá lugar nun edificio coñecido cómo Fabra i Coats – Fábrica de Creación.

O programa de actividades é o seguinte:

Sigue lendo

Cuarta edición do GRAF

4GrafO GRAF, é un evento autoxestionado adicado ó cómic de autor e a edición independente e volve a Madrid onde se vai celebrar a cuarta edición deste festival que desta volta trasladase ó Museo ABC da ilustración os días 14 e 15 de novembro. Como en anteriores edicións contará con expositores, charlas e diversos actos como exposicións e sesións musicais.

O cartaz da presente edición do GRAF, como ven sendo habitual nos últimos tempos non exento de polémica, é obra de Nacho García (Logroño, 1987), autor plástico que combina no seu traballo o cómic, o debuxo e a ilustración.