Arquivos da etiqueta: Guy Delisle

As lecturas do Sr B: Escapar. Historia de un rehén

Aquí en español.

Ser refén é peor que estar na cadea

Guy Delisle é un deses autores que foi quen de saltar a barreira do cómic e chegar a lectores non habituais do medio, de feito é un deses que coñecen os plumillas culturetas que só escriben de BD tres veces no ano.

E isto quizais porque consideran que o feito de que autores como Delisle ou Joe Sacco mestures a BD co xornalismo implica un estamento que dignifica todo o que toca (salvando os seus propios traballos).

Mais tamén pode que sexa polo xeito que ten Delisle de contar as historias, a medio camiño entre o relato xornalístico e a comedia de Berlanga que el sabe mesturar nas proporcións precisas en cada un dos seus libros. Tamén, talvez, porque embaixo da capa de sarcasmo e trazo sinxelo e caricaturesco hai un sólido narrador dispara con certeira seta. Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 53 – Xulia Vicente e Núria Tamarít

Nuria Tamarit-Xulia Vicente-Metrópoles DelirantesComezamos coas novas a todo filispín, falando da actualidade da bd. O Sr B inscribe na lista de imprescindíbeis o Crónicas de Xerusalén de Guy Delisle. Núria Tamarít e Xulia Vicente, achéganse ata as metrópoles para falarnos de Duerme pueblo, o libro que rematan de presentar e que edita La Cúpula. E as novidades chegarán co gambeteiro das palabras o libreiro de komic, Xaime Lis. Todo moi malandrómico e yeyé!

As músicas desta emisión son:Duerme Pueblo-Metrópoles Delirantes

  • New Order – Sugarcane.
  • Rosario Bléfari – Paranormal.
  • Malandrómeda – Bótalle Caldo.
  • All we are – Feel Safe.
  • Andrés do Barro – Pois Eu.

Cancelada a pelicula baseada no Pyongyang de Guy Delisle

PyongyangA nova de Hollywood destes últimos días é o ciber ataque que sofreu Sony por mor dunha película humorística ambientada en Corea do Norte, entre outras cousas este ataque causou a cancelación da película que xa estaba en preparación baseada na obra Pyongyang de Guy Delisle.

A productora Fox, seguindo os pasos de Sony, ven de anunciar que suspende o proxecto, que ía dirixir Gore Verbinski (Piratas del Caribe).

Guy Delisle, que publicou Pyongyang no ano 2003 despois dunha estancia de traballo de varios meses na capital norcoreana, escribiu o xoves pasado no seu blogue sentirse “fondamente desolado” “Esta mañá entereime de que a adaptación do meu cómic Pyongyang ía ser cancelada. Non tiña moito contacto cos responsables da produción, fai dous anos que foron vendidos os dereitos e informábanme da evolución por internet. Supoño que é o estilo de Hollywood”.

Pyongyang foi nominada en 2006 ós Eisner (Mellor obra de non ficción e Mellor autor) e xa é un clásico da bd máis comprometida seguindoo ronsel do xornalismo-cómic do que Joe Sacco é probablemente o autor máis importante.

O Salón de Getxo ten cartaz de Emma Ríos

cartel_2014_comic

Cartaz de Emma Ríos

O Salón do Cómic de Getxo que se ha celebrar do 22 ó 24 de novembro, contará este ano con máis de 60 stands de establecementos de cómic, librerías especializadas, revistas, fanzines, editoriais e todo o relacionado coa bd.

Getxo recibirá a recoñecidos artistas, que participarán en charlas, presentacións e tamén en sesións de sinaturas. Nesta ocasión entre outros, estarán en Getxo o canadiense Guy Delisle, Bryan Talbot, gañador de galardóns coma o prestixioso premio Eisner, Alfonso Zapico, David Rubín, Raquel Córcoles e Juan Luis Landa.

O Salón fará unha homenaxe a Jan, autor de Superlópez e a o donostiarra Luís Gasca (divulgador e autor de numerosos estudios sobre o cómic).

Sigue lendo