Arquivos da etiqueta: José Ángel Ares

Metrópoles Delirantes 48 – Mariano Casas

LaCarga-Metrópoles DelirantesFalamos con José Ángel Ares de, El rey de la Carretera o seu novo e apocalíptico libro con guión de Josep Busquet. O Sr B trae aos imprescindibles Las guerras silenciosas, a magnífica obra de Jaime Martín. Con Mariano Casas falamos do crowdfunding que está a facer para publicar o seu seguinte libro e dunha ferramenta docente baseada na bd que desenvolveu xunto a Teresa Comoxo. Para rematar, esta emisión as novidades que veñen con licorcafé ourensano da man de Simón do Sindicato do cómic, a libraria especializada de Ourense. Todo con música boa coma os persebes!

O crowdfunding de Mariano está aquí.

As músicas desta emisión son:El rey de la carretera-Metrópoles Delirantes

  • Daft Punk (feat Pharrel Williams) – Get Lucky.
  • Wilco – One Sunday Morning.
  • The Smiths – Bigmouth Strikes Again.
  • Los Planetas – Romance De Juan Osuna.
  • Frank Zappa – My Guitar Wants to Kill Your Mama.

Adiantamos 3 páxinas de El rey de la Carretera

Adiantamos tres páxinas do novo traballo de Busquet e José Ángel Ares, El rey de la Carretera, editado por Aleta e que sairá a venda en Marzo.

El rey de la carretera1-Metrópoles Delirantes El rey de la carretera2-Metrópoles Delirantes

El rey de la carretera3-Metrópoles DelirantesEl rey de la carretera4-Metrópoles Delirantes

Ideas para agasallar Bd galega

A terra quere pobo. Esta frase que ademais é o titulo dun libro, serve para ilustrar o que necesita a bd do país para se converter nun sector forte e capaz; público.

Serva esta pequena listaxe coma suxestión de agasallos para estas datas, é evidente que non están todas as obras pero pensamos que si está unha boa escolma ben representativa da variedade da bd galega (ou feita por galegos).

cubierta_dospags.inddToreromaus – Los Bravú.

Unha edición preciosa de Fulgencio Pimentel limitada a 250 exemplares e ben coidada para unha obra que sorprendeu pola frescura e audacia coa que Dea e Diego contan esta pequena aventura etílica.

Catalogo_onerosoCatalogo Oneroso de beleza gratuíta – Fran Bueno.

Fran Bueno acadou con esta obra o  VIII Premio Castelao de bd, convocado pola Deputación da Coruña. Unha obra que é unha auténtica marabilla que merece a pena descubrir, sensibilidade e delicadeza, unha obra, no noso parecer,  moi poética.

Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 21 – Víctor Coyote

portada_sandia_webFalamos con Víctor Coyote que nos contou cousas do seu libro “Tio Budo”, editado primorosamente por Fulgencio Pimentel. O Sr B inscribe as “Aventuras dun oficinista xaponés” de José Domingo na súa listaxe de imprescindibles. Captura de pantalla 2014-07-17 a la(s) 00.25.29Con Javi de Castro falamos do fanzine “Oiga, mire, mañana” que ven de publicar con 10 autores novos pero xa importantes na bd coma Xulia Vicente e Luis Yang, e tamén falamos da súa novela gráfica “Sandía para cenar”. José Ángel Ares veu ata as Metrópoles para ensinarnos o seu novo libro que xira en torno do “Bitcoin” e que ten aventuras a gogó e un montón de cameos. As novidades deste programa son cousa de Javi de A Gata Tola, e coma sempre todo con boa música e moito amor.

Independencia?

Independencia1Nos próximos días resolverase unha das incognitas políticas que xa leva meses sendo o tema estrela no estado español.

¿Será o President Mas capaz de celebrar o polémico referendo que o ten enfrontado co goberno español?

Pero para facernos máis divertida a espera, Josep Busquet e José Ángel Ares, tiveron a ben crear unha bd que sairá ó mercado días antes da data escollida para a consulta. Tirando de humor retranqueiro e gamberro darán un repaso ó tema de moda no estado, neste final de ano.

“Independencia?” que é o título do álbum tratará con humor o reto político do Govern Catalán.

Son moitas as horas de televisión e radio adicadas ó tema e miles as páxinas escritas ,mais ninguén ata o de agora tratara aínda o tema nun cómic. O libro terá 72 páxinas a cor e será editado por Diábolo Ediciones a un prezo de 13, 95 euros.

Independencia4

Bitcoin: A caza de Satoshi Nakamoto

Captura de pantalla 2014-07-17 a la(s) 00.25.29A editorial Dibbuks publicará “Bitcoin: La caza de Satoshi Nakamoto”.

O cómic foi presentado en Londres, o 10 de xullo, no CoinSumm.it, a conferencia sobre Bitcoin, aínda que a primeira edición chegará ás librerías españolas en outubro.

Os personaxes desta bd, debuxados por José Ángel Ares, con guión de Josep Busquets e A. Preukschat contan os mitos e realidades da moneda virtual Bitcoin, ten 112 páxinas bitono que trasladarán ó lector a unha aventura chea de acción, na que mafia, servicios secretos, medios de comunicación e cidadáns, crúzanse para capturar a Satoshi Nakamoto.

Captura de pantalla 2014-07-17 a la(s) 00.24.21

Metrópoles Delirantes 1 – José Ángel Ares

Momento da gravación do programa

Momento da gravación do programa

Neste primeiro programa entrevistamos a Jose Ángel Ares e os fancineiros de Compota de Manatí, facemos unha reportaxe de Hayao Miyazaki, escoitamos a crítica do Mapache, Pedro Rey fala de Tintín.