Arquivos da etiqueta: Keko

Viñetas desde o Atlántico 2016

Cartaz de Keko para o Viñetas 2016-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Keko

Esta mañá celebrouse no Pazo Municipal a rolda de imprensa de presentación da edición 2016 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. Tamén se presentou de xeito oficial o cartaz realizado por Keko, invitado do pasado ano. (Nova que nos adiantou Miguelanxo no MD54).

A decimo nona edición do Viñetas será na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto. Segundo a organización “coa vocación de permitir unha ollada cómoda e certeira á realidade actual do cómic”,  o seu director, Miguelanxo Prado, destaca que este ano  terán máis peso ás historias de corte social xa que o cómic “é un dos espazos artísticos que reaccionan con maior rapidez aos acontecementos e inquietudes sociais”. Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 35 – Especial Viñetas desde o Atlántico (Parte 2)

Djinn_metropolesdelirantesSegunda parte do especial que gravamos no Viñetas desde o Atlántico.

Neste segundo programa falamos con Ana Miralles, unha autora de longa traxectoria que debutou profesionalmente na revista Rambla e colaborou nas revistas Madriz e Cairo. É autora da triloxía “Eva Medusa” con guión de Antonio Segura, coa que acadou o recoñecemento internacional, e dende 2001 traballa para a editorial Dargaud na serie Djinn, con guión de Jean Dufaux. Tamén é autora de De mano en mano (2009) e Wáluk (2011) ambos con guión de Emilio Ruíz có que actualmente traballa en “Muraqqa” da que xa publicaron unha entrega das catro previstas.

Yoasesino_metropolesdelirantesA segunda entrevista tamén é con outro dos históricos que se achegou a Coruña este ano é José Antonio Godoy “keko”, autor que traballou para as revistas Madriz e Metal Hurlant, debuxou guións de autores como Ramón de España, Mique Beltrán ou Hernández Cava, ademais de realizar as súas propias obras como La isla de los perros, La casa del muerto ou cuatro botas có que obtivo o Premio á mellor obra do 2002 no Saló Internacional do Cómic de Barcelona.

A música de calité desta emisión é:

  • Andrés do Barro – San Antón.
  • Los Marañones –  El Santo.
  • Josele Santiago – Sin Dolor.
  • Los Suaves – Siempre igual.

Viñetas desde o Atlántico 2015

logo-vinetas--metropoles-delirantesDende o 10 e ata o 16 de Agosto o cómic volve puntual a súa cita anual coa cidade da Coruña, o festival Viñetas desde o Atlántico é un evento que sempre é unha festa e que sirve de excusa perfecta para que os aficionados nos atopemos cos profesionais do sector.

Este ano o festival vai estar adicado ás mulleres no cómic, cun peso importante na representación dos invitados, que mais un ano será case en exclusiva de autores e autoras españoles.

Os autores e autoras convidados son:

  • Raquel Córcoles (Moderna de pueblo) autora de Soy de Pueblo e Los capullos no regalan flores.
  • Ana Oncina autora de Croqueta y empanadilla.
  • Mai Egurza autora de El Paseo de los Sueños, (con guión de Zidrou).
  • Ana Miralles autora de Djinn e Muraqqa (con guión de Emilio Ruiz).
  • Chloé Cruchaudet autora de Degenerado coa que gañóu o Premio do Público en Anguleme 2014.
  • Alfonso Zapico, autor de La balada del Norte e Premio Nacional de Cómic (de España) 2012 con Dublinés.
  • José Antonio Godoy, “Keko” autor de Yo, asesino (con guión de Antonio Altarriba) Gran Premio da Asociación de Críticos e Xornalistas de Cómic de Francia 2015,.
  • Joaquín López Cruces autor de Por el camino yo me entretengo.
  • Martín Romero, autor de Episodios Lunares, que será este ano o representante da bd do País.

Sigue lendo