Arquivos da etiqueta: Kiko da Silva

Viñetas desde o Atlántico 2017

Hoxe foi presentada polo Concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande a edición 2017 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico.

A vixésima edición do Viñetas será na Coruña entre o 7 e o 13 de agosto, como cada ano esta edición contará con convidadados nacionais e internacionais, a organización destaca a presenza do Premio Nacional de cómic 2016, Pablo Auladell e da exposición coa que se conmemoran os dez anos deste premio. Tamén haberá unha mostra adicada á banda deseñada Galega nos vinte anos do Viñetas, unha exposición retrospectiva que prometen será “conceptualmente novidosa”. No apartado das sedes, o festival medra e integra dous novos espazos, Afundación, da Obra Social Abanca, e a Fundación Barrié. Outra das novidades é o  espectáculo audiovisual: Black Dog, the dreams of Paul Nash, con Dave McKean.

Por primeira vez na historia do Salón, o cartel deste 2017 non lle foi encargado coma sempre a un dos convidados no 2016, senón a o autor galego, Das Pastoras, que xa asinara o de 2002, pero, en palabras do directo do festival, Miguelanxo Prado: “queriamos que o vixésimo cartel fose diferente, un que, na medida do posible, salientase dentro desa magnífica colección que fomos xuntando neste tempo. O listón estaba alto, ben se pode comprobar na exposición de carteis que Viñetas leva cada ano á Torre de Hércules. Así que pensamos en pedirllo a DasPastoras, pola súa particularísima liña de traballo. O certo é que non dubidou en quedar co reto. E á vista está o resultado”. Sigue lendo

Viñetas desde o Atlántico 2016

Cartaz de Keko para o Viñetas 2016-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Keko

Esta mañá celebrouse no Pazo Municipal a rolda de imprensa de presentación da edición 2016 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. Tamén se presentou de xeito oficial o cartaz realizado por Keko, invitado do pasado ano. (Nova que nos adiantou Miguelanxo no MD54).

A decimo nona edición do Viñetas será na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto. Segundo a organización “coa vocación de permitir unha ollada cómoda e certeira á realidade actual do cómic”,  o seu director, Miguelanxo Prado, destaca que este ano  terán máis peso ás historias de corte social xa que o cómic “é un dos espazos artísticos que reaccionan con maior rapidez aos acontecementos e inquietudes sociais”. Sigue lendo

“Xeración Retranca” exposición no Museo do Humor de Fene

Xeracion-retranca-metropoles-delirantesNo Museo do Humor de Fene xa podemos gozar da exposición “Xeración Retranca”, nesta mostra podemos admirar os orixinais dos autores galegos que publicaron na revista Retranca entre os anos 2007 e 2011, importantes nomes da bd do país como Kiko da Silva, Pinto&Chinto, Leandro, Andrés Meixide, Miguelanxo Prado, Alberto Guitián, Luis Davila, Fernando Iglesias “Kohell” ou José Antonio “Bernal”, xunto cos clásicos do humor gráfico galego Xaquín Marín, Siro López e Xosé Lois “O Carrabouxo”.

Na exposición unha colección de paneis conta a historia desta publicación fundada en Vigo en outubro de 2007 por Kiko Da Silva, neles coñeceremos os principais temas tratados en Retranca e os autores que participaron no proxecto.

A exposición “Xeración Retranca” permanecerá aberta ao público na sala de exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene ata o 31 de outubro. O horario de visitas é de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

O estudoso Félix Caballero Wangëmert escribiu un interesante artigo sobre a revista: “La revista Retranca y su papel catalizador del nuevo humor gráfico gallego

Novidades galegas para o Viñetas – Autobán 2015

Xa queda menos dun mes para o Viñetas desde o Atlántico e o Autobán, ambas citas xa ineludibeis na axenda da bd galega. Nestas datas e coincidindo con estes eventos é xa tradición que se presenten moitas novidades.BTFMR-Cartel_metropolesdelirantes

A bd galega vai presentar obras ben interesantes: unha nova novela gráfica, Os que levan o lume, a cargo de Álvaro López e editada por Demo Ed; Cuimnhe, la deuda de Kike Benlloch, un historico ademais de prolifico autor da bd Galega; sendos números de Altar Mutante (o terceiro) e un número especial da dixital O Botafumeiro; unha delicatessen da audaz editora viguesa Fosfatina que presenta  unha obra de José JaJaJa, 1997 Hot Summer; o colectivo minhoco, responsabeis do fanzine Compota de Manatí que anuncia o segundo número da publicación; e a escola prrofesional de BD O Garaxe Hermético presentará o terceiro libro da Colección Cornelius, editado por Retranca Ed e que leva por titulo 221 BD. Sigue lendo

Presentación-Performance de “El Infierno del dibujante en Banda deseñada (Vigo)

El_infierno_del_dibujanteMañá, venres día 8, o artista Kiko da Silva estará debuxando toda unha xornada laboral no escaparate da nova libraría Banda Deseñada.

Con motivo do lanzamento de “El infierno del dibujante” o seu novo libro,  e aproveitando que a librería Banda Deseñada inaugura novo local na rúa Portela nº 3 – O Calvario, os veciños e visitantes da zona do Calvario poderán observar en directo como é a xornada laboral dun debuxante de cómics xa que o autor realizará unha presentación-performance nesta librería, permanecendo toda a xornada laboral no seu escaparate, mostrando ós viandantes como é de duro e solitario o día a día dun debuxante de cómics.

EscaparateBDO día seguinte, sábado día 9, a partires das 18:00 horas o autor realizará na propia libraría Banda Deseñada unha presentación do libro onde tamén adicará exemplares.

Kiko da Silva coñecido autor de cómics e tamén director da escola de cómic e ilustración O Garaxe Hermético e ven de publicar “El infierno del dibujante” (Dibbuks), o seu novo traballo có que gañou o prestixioso Premio Castelao de Cómic que concede a Deputación da Coruña.

El infierno del dibujante de Kiko da Silva editado por Dibbuks

Infierno dibujanteKiko da Silva ven de  anunciar a publicación do cómic “El infierno del dibujante” có que o ano pasado gañou o premio Castelao de BD da Deputación da Coruña, vaino publicar Dibbuks como novidade para o Salón do cómic de Barcelona, ás librarías chegará a finais de Abril.

Nesta edición haberá textos de Miguelanxo Prado, Carlos Portela, Ángel De La Calle e Antoni Guiral Conti.

É unha magoa que a Deputación da Coruña máis de seis meses despois do fallo aínda “non tivera tempo” de editar a versión en galego.

Sinopse:

Manuel Pardo é un debuxante de 72 anos que leva toda a vida adicándose a crear historietas… pero a pesar da súa versatilidade e destreza co lapis, nunca foi quen de publicar ningunha. Cada vez que crea unha historieta descubre que alguén se lle adiantou e publicou unha semellante á súa. Pero o incansable Manuel seguirá tentando ser o máis rápido para lograr que lle publiquen algún dos seus cómics…

Formato: 24,5 cm x 32, 5 cm en Cartoné.

64 páxinas a cor.

Prezo: 16 euros.

Aquí un pequeño adianto.

Publícase NOVENO, a revista dos alumnos do Garaxe Hermético

NOVENO 0.inddO Garaxe Hermético non para, despois do fancine que presentaron no pasado viñetas ven de crear a revista NOVENO que nace como ferramenta de aprendizaxe dos alumnos matriculados no Curso Profesional de bd.

Nesta revista os alumnos experimentan todo o aprendido e inician o camiño para se converter nun profesional da bd cumprir as datas de entrega, o formato, o tema da revista, os parámetros de calidade para poder publicar. En definitiva Noveno  é unha porta aberta aos futuros/as autores de bd do mañá.

A revista é dixital e ten 87 páxinas, ofrécese sen prezo para que cada lector poña o que considere.

Aquí a ligazón para a descarga.