Arquivos da etiqueta: La Cúpula

Metrópoles Delirantes 72 – Ana Oncina

Encetamos esta emisión coas novas da BD, a todo filispím. O SrB anota na súa lista de imprescindíbeis o Cacahuequi de Jacobo Fernández, unha banda deseñada premiada co Castelao en 2007. Xa pasaron tres anos e moitas edicións de croqueta y empanadilla e voltan ás metrópoles Ana Oncina, a autora, e Natalia Mosquera, a editora, deste fenómeno que xa vai por 13 edicións e 3 números. Rematamos coas novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela. E tamén coa presada de suaj que nos caracteriza.

As músicas desta semana son:

  • Os Tamara – As lanchas do xeito.
  • Allah-Las – Could be you.
  • Pizzcato five – Happy Ending.
  • Gorillaz – Rhinestone Eyes.
  • Antonia Font – La vida de l’astronuata.
  • Dawes – I Can’t Think About It Now.

Metrópoles Delirantes 53 – Xulia Vicente e Núria Tamarít

Nuria Tamarit-Xulia Vicente-Metrópoles DelirantesComezamos coas novas a todo filispín, falando da actualidade da bd. O Sr B inscribe na lista de imprescindíbeis o Crónicas de Xerusalén de Guy Delisle. Núria Tamarít e Xulia Vicente, achéganse ata as metrópoles para falarnos de Duerme pueblo, o libro que rematan de presentar e que edita La Cúpula. E as novidades chegarán co gambeteiro das palabras o libreiro de komic, Xaime Lis. Todo moi malandrómico e yeyé!

As músicas desta emisión son:Duerme Pueblo-Metrópoles Delirantes

  • New Order – Sugarcane.
  • Rosario Bléfari – Paranormal.
  • Malandrómeda – Bótalle Caldo.
  • All we are – Feel Safe.
  • Andrés do Barro – Pois Eu.

Metrópoles Delirantes 51 – Marcello Quintanilha

Tungsteno-Metrópoles DelirantesVolven as revistas, chega Voltio a revista que coordinan Ana Oncina e Álex Giménez, e chega co respaldo de La cúpula. Falaremos con Ana e Álex desta nova proposta. O Sr B trae ó seu curruncho de imprescindíbeis o Vampir de Joann Sfar que na España editou primorosamente Fulgencio Pimentel. Marcello Quintanilha o autor do magnífico Tungsteno, premiado no último festival de Angouleme embarca connosco na dorna da bd para contarnos dos seus proxectos. Rematamos o programa con Javi, da libraría A gata tola de Compostela, que veu para contármonos das novidades máis interesantes e tamén para falar de libros con plastiquiños.

As músicas deste programa son:Voltio1-metropoles-delirantes

  • The Retrosettes Sister BAnd – You Got The Love.
  • Herbie Hancock – Oliloqui Valley.
  • Los Tamara – El Hombre Del Tiempo.
  • Eels – My Beloved Monster.
  • Undershakers – She´s Falling In Love With A Monster Man.
  • Jota – Una vez jure.

As lecturas do Sr B: Tungsteno

Aquí en español.

tungsteno-portada_metropolesdelirantesTropicalismo calibre 45

Os galegos partillamos lingua coa lusofonía, mais por desgraza, os nosos intercambios culturais son escasos e chega pouca obra da bedé destes países, ao vivirmos de costas aos nosos irmáns de fala, por desleixo (noso) e aversión (da xunta) fai que, en xeral, perdamos no seu formato orixinal obras coma Tungsteno de Marcello Quintanilha, unha desas excepcións que chegou España editada con primor por La Cúpula.

Esta é a primeira novela gráfica de Marcello que se publica en España, aínda que é un dos autores máis coñecidos do Brasil e que leva varios anos vivindo en Barcelona e publicando con éxito no mercado franco-belga.

O primeiro acerto de Quintanilha e seducirnos sabiamente cunha capa que é exemplo de perfección e sincretismo, sen desvelar nada, amosa moito do que descubriremos no interior do libro, as cores da capa, na edición de La Cúpula, transmiten perfectamente a calidez do país carioca, case ata a brisa das praias, e aínda que o libro está feito nun sobrio e sempre elegante branco e negro, xa nos desvela a mestría e sutil dinamismo do trazo de Quintanilha. E o mesmo tempo anticipa a historia sen contar absolutamente nada, coma se fora un xeroglífico. As pernas dun home e unha muller camiñando pola beiriña do mar e unha pistola que advirte coa súa presencia que a historia do interior non é de hippies cantando ao amor nunha praia, nin moito menos. Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 37 – Alfonso Zapico

Alfonso-Zapico-metropoles-delirantes-Nieves-RodriguezFalamos con Emilio Bernárdez da editorial La Cúpula, unha das grandes editoras do estado cunha traxectoria de 35 anos e un catálogo de autores importantísimo. Despois dos especiais do verán recuperamos os imprescindibles, e comezamos viaxando a Francia para tomarlle uns viños con Etienne Davodeau, un autor que conta historias sinxelas da vida cotiá coa mestría dun artesan. Tamén temos nesta emisión un invitado de luxo, un dos autores que máis lle aquelan ó Sr B, un autor comprometido, e de discurso claro e conciso, invitado no pasado viñetas onde tivo a amabilidade de falar con nós. Alfonso Zapico. E para rematar esta viaxe pola bd, volve ata as metrópoles, Xaime Lis o libreiro de voz melodiosaEdiciones-La-Cupula-logo e gambeteo porteño que ven dende a libraría Komic de Compostela. E rematamos coas nosas adoradas Ataque escampe, unha “vaina loca”.

As  músicas deste programa son:

  • The Beatles – Everybody´s got something to hide except for me and my monkey.
  • Astor Piazzola – Pulsacion No. 4.
  • Pizzicato Five – Lemon Kiss (Like I Do)
  • Víctor Manuel – La planta 14.
  • Ataque Escampe – Arder.

Lecturas para o verán (Parte 1)

Xa estamos no medio do verán e nas Metrópoles fixemos unha escolma das bedés, para nós, máis interesantes desta primeira metade do ano.

Toreromaus – Los Bravú (Ed Fulgencio Pimentel).

Con claras influencias dos mellores narradores da literatura galega coma Blanco Amor ou Castelao, os autores fan unha aposta arriscada pola innovación e a diferenciación, un libro con vocación de obra de arte en edición limitada de 250 ex.

cubierta_dospags.indd

Pretty Deadly (en inglés) – Emma Rios, Kelly Sue DeConnick e Jordie Bellaire (Ed Image).

Un western con temática sobrenatural, unha obra mestra tanto no guión como na gráfica e que foi un gran éxito de vendas nos Estados Unidos, referendado con catro nominacións nos Eisner. Veñen de publicar o tomo que recompila o primeiro arco da serie (5 números) e no outono publicarase en español.

PrettyDeadly_03-1 Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 12 – Kike Díaz

O vento lévanos a Ribadeo onde Kike Díaz ambientou a súa primeira novela gráfica, Nordés. O Sr B viaxa no tempo e trae ó Eternauta para facelo imprescindible. E recibimos fai uns días a visita de Ana Oncina a autora de Croqueta y Empanadilla. Temos tamén as novas da bd a todo filispín, as novidades editoriais, e boa música.

2014-06-13 16.51.06IMG_2773