Arquivos da etiqueta: Leo

Metrópoles Delirantes 80 – Licor Café – Manel Cráneo, Xulia Pisón e Dani Xove

Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescidíbeis o Sr B anota a triloxía galáctica de Leo. Embarcan nesta emisión Manel Craneo, Xulia Pisón e Dani Xove, cos que falaremos do Licor café, a antoloxía da nova BD galega que ven de editar Demo Editorial. E tamén dos proxectos desta heroica editora coruñesa comandada por Cráneo.

 

As músicas desta emisión son:

  • Novedades Carminha – El Vivo al Baile.
  • Afterlife – Ten Thousand Things.
  • The Ladybug Transistor – These Days in Flames.
  • Stefan Obermaier – This Vive.
  • Miguel Rios – Ahora que he vuelto.
  • Jens Lekman – To Known Your Mission

Recomendacións de bd para o Apalpador (I)

Comezamos con este unha serie de artigos nos que recomendaremos algunhas das bedes publicadas neste ano que nos parecen máis interesantes e que tendo en conta que estamos no mes do apalpador son un excelente agasallo. Podedes atopar os enderezos das tendas especializadas en BD na Galiza aquí.

antares-leo-metropoles-delirantesAntares – Leo.

Antares é o terceiro libro, tras Aldebarán e Betelgueuse, dunha das sagas de ciencia ficción máis interesantes da bd europea dos últimos anos que aquí publicase nun integral que recolle os seis volumes coa nova obra do brasileiro Leo.

Nesta ocasión a acción transcorre no planeta Antares, que a corporación Forward Enterprises quere colonizar, o planeta está habitado por unha fauna de exóticas e perigosas criaturas, a intervención de Kim Keller, a heroína dos ciclos anteriores, é imprescindible para acadar os resultados que agardan os directivos da corporación. Pero rapidamente a expedición tórnase en pesadelo e así dá comezo unha aventura chea de intriga, emoción e ritmo. Sigue lendo