Arquivos da etiqueta: Luis Bustos

MD75 – Luis Bustos

Abrimos programa a todo filispím, co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindíbeis, anotamos unha obra recente e absolutamente saborosa, I.D. de Emma Ríos. Falamos con Luis Bustos das súas obras pasadas e da recente Puerta de luz, tamén de Kubrick, Haneke e o apocalípsis, porque somos uns culturetas de carallo. Javi veu dende a libraría A Gata Tola de Compostela cos libros máis interesantes e as barbas máis longas.


As músicas desta emisión son:

  • The Cure – Friday, I´m in love.
  • Igmig – Marcho para a selva.
  • Sen Senra – Last Time Wasn’t The Last Time.
  • Sigur Rós – Starálfur.
  • Zuco 103 – Nunca máis.
  • Rolling Stones – Monkey man.

Recomendacións de bd para o Apalpador (III)

The-Fiction-001-A-Main-Cover-metropoles-delirantesThe Fiction – David Rubín e Curt Pires.

Esta é a primeira serie propia do ourensán Rubín no país dos superherois, David pon aquí os seus lápises ó servizo da historia creada polo guionista Curt Pires.

The Fiction móvese entre mundos ficticios e o mundo real,  un grupo de catro cativos que ao ler libros no sobrado da casa, transpórtanse ata os mundos de ficción que len, ata que un deles desaparece. Quince anos despois, e sendo xa adulto, desaparece outro daqueles cativos cando reaparece un deses libros, os dous amigos que quedan tentarán buscalo, pero non serán as cousas tan sinxelas como parecen.

O libro ten unha estrutura narrativa non lineal aproveitando así tódalas posibilidades do medio para ir adiante e atrás no tempo e un debuxo no que o galego volve a amosar a súa habilidade para a narrativa gráfica, nunha historia que está feita a medida do seu estilo. Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 27 – Luis Bustos

Javi-nieves-rodriguez-metropoles-delirantesPenélope Glamour ou Pierre Nodoyuna, son nomes que lembraredes daquela serie de animación que encheu horas de merendas e que volve hoxe no noso lebretes: Os tolos do volante ou en español los autos locos. versus-metropoles-delirantesNesta emisión enfundamos as luvas de boxeo e subimos ó ring para entrevistar a Luis Bustos o autor de Versus. O Sr B fai imprescindible O gato do rabino unha bd do polifacético Joann Sfar. Rematamos o programa coas novidades editoriais que chegan con Javi, da Compostelana librería A Gata Tola. Música de calité e moito humor.

Orgullo y satisfacción

Captura de pantalla 2014-06-18 a la(s) 15.03.46

Hoxe é o día, xa podemos ler a bd que fixeron os autores que se negaron a seguir na revista “el jueves”.

Tamén e o día de que esas queixas pola autocensura que sufriron estes autores se canalice en apoiar unha publicación que nace para recoller o testigo das prensa máis libre e combativa.

Orgullo y satisfacción” é unha publicación dixital, editada por ¡Caramba!, ten 75 páxinas e podedela mercar na sua web , en formato PDF e CBR, o prezo mínimo de 1,50 euros, (pero coa posibilidade de pagar máis).

Os autores que atoparedes son: Ágreda, Albert Monteys, Asier y Javier, Bernardo Vergara, Guillermo, Isaac Rosa, Iu Forn, Lalo Kubala, Luis Bustos, Malagón, Manel Fontdevila, Manuel Bartual, Mel, Paco Alcázar, Paco Sordo, Pepe Colubi y Triz.