Arquivos da etiqueta: Martín Romero

Viñetas desde o Atlántico 2015

logo-vinetas--metropoles-delirantesDende o 10 e ata o 16 de Agosto o cómic volve puntual a súa cita anual coa cidade da Coruña, o festival Viñetas desde o Atlántico é un evento que sempre é unha festa e que sirve de excusa perfecta para que os aficionados nos atopemos cos profesionais do sector.

Este ano o festival vai estar adicado ás mulleres no cómic, cun peso importante na representación dos invitados, que mais un ano será case en exclusiva de autores e autoras españoles.

Os autores e autoras convidados son:

  • Raquel Córcoles (Moderna de pueblo) autora de Soy de Pueblo e Los capullos no regalan flores.
  • Ana Oncina autora de Croqueta y empanadilla.
  • Mai Egurza autora de El Paseo de los Sueños, (con guión de Zidrou).
  • Ana Miralles autora de Djinn e Muraqqa (con guión de Emilio Ruiz).
  • Chloé Cruchaudet autora de Degenerado coa que gañóu o Premio do Público en Anguleme 2014.
  • Alfonso Zapico, autor de La balada del Norte e Premio Nacional de Cómic (de España) 2012 con Dublinés.
  • José Antonio Godoy, “Keko” autor de Yo, asesino (con guión de Antonio Altarriba) Gran Premio da Asociación de Críticos e Xornalistas de Cómic de Francia 2015,.
  • Joaquín López Cruces autor de Por el camino yo me entretengo.
  • Martín Romero, autor de Episodios Lunares, que será este ano o representante da bd do País.

Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 31 – Inacio

inacio-castelao-metropoles-delirantes-nieves-rodriguezVisítanos Inacio, o guionista da bd biográfica de Castelao que edita Demo Editorial e que vai xa pola cuarta entrega. O Sr B inscribe na lista de imprescindibles o Dublinés de Alfonso Zapico obra que gañou un premio nacional de cómic; e con Martín Romero parolamos sen presa do seu Episodios Lunares un libro bonito e ben editado. Coas novas da bd e as novidades que trae Javi da Libraría a Gata Tola completamos esta emisión.

Os temas que sonan no programa son:Castelao-episodios-lunares-metropoles-delirantes

  • Jimmy Cliff – The Harder They Come.
  • Nicolas Jaar – Keep Me There.
  • Cursi – Hoy, Hoy, Hoy.
  • Van Morrison – Rough God Goes Riding.
  • The Legendary Jim Ruiz Group – Last Time.
  • Rui Veloso – Top dos Tops.

O Botafumeiro, revista satírica dixital, feita en Galiza.

Obotafumeiro1

O sector da bd, a ilustración e o humor gráfico en Galiza ten desde hai anos unha nómina de grandes nomes, e sobre todo unha gran inquedanza creativa, dende o añorado Colectivo Polaqia ata os modernos fanzines Sacoponcho ou Compota de Manatí, pasando pola revista Retranca o sector está continuamente reinventandose e procurando darlle saida a todo o talento creativo do que gozamos.

O derradeiro movemento neste sector nace para ocupar un espazo que na terra aínda non tiña unha cabeceira de referencia. A revista Botafumeiro é a aposta dun grupo de xente con ampla experiencia que agora decidiron xuntar as súas capacidades para crear esta publicación humorística que será mensual e dixital, cada número estará adicado a un tema de actualidade e vanse alternar textos e máis comics, a lista de colaboradores é  impresionante.

Fixémoslle unhas preguntas a Jano un dos impulsores desta revista.

Como xorde esta idea tan poderosa de lanzar unha revista dixital en galego?

A idea xorde da propia necesidade de ter un sitio onde traballar, aproveitando as posibillidades que ofrece internet.

Levábamos tempo coa teima de facer unha publicación, cando sae Orgullo y Satisfacción vemos un modelo que seguir, tamén, aproveitando a visita de Marcos Martín ao Viñetas desde o Atlántico, falamos con el sobre o súa experiencia con The Private Eye.

Obotafumeiro_sancanutoQuen participa na revista?

A revista alternará textos e viñetas, todo dentro dunha óptica satírica.

Contamos con xente da BD coma Xiomara Correa, Alberto Guitián, Berto Fojo, Brais Rodríguez, Martín Romero,  Manel Cráneo ou Fernando Ruibal, entes multimedia da envergadura dos Barbamigos, Murray Mckinley recen chegado das Ghailanders para participar no Botafumeiro, a blogueira Diana López, Toño Tejerina (Diablo sobre ruedas) e poñendo a guinda Rodrigo Cota. Nos vindeiros números iran aparecendo novas incorporacións e sorpresas, por exemplo neste primeiro ofrecemos un avance do próximo lanzamento editorial do debuxante californiano Kas, cortesía de Autsaider Comics.

Con esta iniciativa anda a BD Galega na procura do seu oco no mundo dixital?

Pensamos que é bastante evidente que o oco existe, pola nosa parte imos tentar enchelo.

Hai algunha editorial detrás ou botádesvos a tumba aberta?

A elección do formato dixital permítenos arrancar cun orzamento moi inferior do que suporía un formato físico.  Organizámonos como unha cooperativa na que os seus membros xeran o capital a raíz do seu traballo.

Cando poderemos merca-lo primeiro número?

Aínda non temos fixada unha data de saída, pero estimamos que lanzaremos o primeiro número de O Botafumeiro a principios de Outubro.