Arquivos da etiqueta: Marvel

Metrópoles Delirantes 63 – Natacha Bustos

lunella_sketch1Comezamos co Sr B e as novas da BD. Nos imprescindibéis, Silas Corey, unha estupenda banda deseñada francesa con intriga, aventuras e acción, unha gran obra de Nury e Alary. Falamos con Natacha Bustos, a debuxante responsábel de Moon girl and devil Dinosaur, a divertidísima serie que esta a publicar Marvel, e rematamos coas novidades que trae Javi dende a libreria A Gata Tola de Compostela.

As músicas desta emisión son:

  • The Jam – David Wats.
  • Grand Tourism – La Guitare Enchantee.
  • Winston – Rendez Vous.
  • Gorillaz feat. Little Dragon – Empire Ants .

Metrópoles Delirantes 59 – Chris Claremont

Un programa especial que só ten dous ingredientes. Ofrecemos íntegra a entrevista que fixemos a Chris Claremont no Viñetas desde o Atlántico e Rematamos con Xaime que nos fala das novidades máis interesantes.

As músicas desta emisión son:

  • Steve Miller Band – Serenade .
  • Camilo Sesto – Vivir así.

Lobeto será Laura Kinney

AllnewLobetoParece que Marvel atopou ó filón en feminizar os seus superherois, despois de facelo con Thor volve a facelo con Lobeto. Na nova serie que foi lanzada neste mes nos Estados Unidos a partir de agora, Wolverine será Laura Kinney ou X-23, un clon feminino do mutante que ten as súas mesmas habilidades de rexeneración e forza, e por suposto o esqueleto de adamantium e as características gadoupas .

O personaxe xurdiu cando intentaron copiar o Proxecto Arma X (o experimento científico, que buscaba crear un arma definitiva, onde lle subministraron o adamantium a Logan) Laura foi creada como unha máquina asasina, máis conseguiu liscar e rematou sendo a protexida e aprendiz de Logan.

Na nova serie chamada “All-New, All-Different” Wolverine morre por un virus que ataca a súa capacidade rexenerativa e Laura Kinney ou X-23, decide substituílo co mesmo uniforme.

A-Force, o equipo de Super Heroínas da Marvel

Aforce1Nunha industria onde os comic-books adoitan xerar vendas de preto de 100.000 copias, os títulos de Marvel dirixidos ó público feminino están superando as expectativas. Thor No 1, a primeira aventura coa nova Thor femia , vendeu máis de 200.000 exemplares.

Marvel parece que aposta forte polo mercado feminino, despois de relanzar spiderwoman,  agora ven de crear un equipo de heroínas que se chamará ‘A-Force’, e que formará parte da serie ‘Secret Wars’. Esta nova serie sairá en maio e os encargados de darlle vida serán as guionistas G.W. Wilson (Ms. Marvel) e Marguerite Bennett (Angela: Asesino de Asgard) e o arte de Jorge Molina (X-Men).

A-Force estará formado por Hulka, Dazzler, Medusa, Nico Minoru, e un novo personaxe, Singularity que non é humana senón un ente cosmoloxico consciente de si mesmo.

A nova no Time.

O Ant-Man de Ramón Rosanas e Nick Spencer

antman2015No pasado mes de outubro anunciouse que Nick Spencer escribiría a nova colección regular de Ant-man, e que o debuxo ía estar nas mans do catalán Ramon Rosanas.

E chegou o momento de ver o resultado Ant-Man Nº 1  publicase en Estados Unidos o 7 de xaneiro de 2015 , e o propio Ramon Rosanas no seu blogue xa adiantou algunha das páxinas.

O primeiro tomo recopilatorio ten que estar listo para  xullo, data prevista para a estrea da película

 

Spider-woman estrea traxe

Spiderwoman1Non tardou a Marvel en poñerse a traballar para evitar que se repita a polémica deste pasado verán cun dos seus personaxes femininos, pola portada que o debuxante italiano Milo Manara fixo para un dos seus números e pola que foi acusado de erotizar demasiado o personaxe.

O traxe de Spider-woman ven de ser totalmente rediseñado, o orixinal foi creado en 1976 por Marie Severin , e non cambiou moito desde entón. Agora Kris Anka deu a Jessica Drew un novo conxunto, din dende Marvel, moderno e adecuado para a súa personaxe .

spider-woman-redesign1

Portada do primeiro número debuxado por Javier Rodríguez.

O traxe estreouse recentemente nun videoxogo , Spider-Man Unlimited , publicado por Gameloft  e vai facer a súa primeira aparición nos quadrinhos en Marzo no Spider-Woman nº 05 , obra do escritor Dennis Hopeless e do novo debuxante da serie  Javier Rodríguez ós que acompaña Alvaro Lopez entintando.

O novo deseño de Anka , ten un forte aire setenteiro, o esquema de cores aínda rende homenaxe ao seu antigo traxe , así como o motivo do peito e a máscara.

Será esta a forma de Marvel de evitar debuxos ofensivos para ás inocentes mentes do hipócrita medio americano?

Spiderwoman new

O novo traxe de Spider-woman.