Arquivos da etiqueta: Miguelanxo Prado

As lecturas do Sr B: Presas Fáciles

Aquí en español.

presas_capa-metropoles-delirantesMiguelanxo Prado é un autor superlativo, non hai dúbida ningunha, e deixa en cada libro boas mostras. Neste Presas fáciles da un pasiño adiante para non só agasallarnos cunha obra gráfica excelente, senón que amais deita nel a rabia dun humanista cabreado coa parte podre da sociedade cruel e carroñeira que permite o engorde dos beneficios empresariais á costa dos patrimonios e as vidas dos máis débiles, actuando coa impunidade que herdaron dos caciques e os señoritos que decidían destinos e aos que por desgraza tan ben coñecemos na terra nosa.

Presas fáciles avisa xa desde a capa do que imos atopar. Dous velliños miran entre aterrados e resignados a unhas hienas que os axexan, porque este libro non só é unha historia policíaca que afonda no drama das preferentes e os abusos da banca, tamén é a historia dos que son silenciados polos poderes económicos, mediáticos e políticos, un xeito de ensaio no que Miguelanxo busca unha resposta á creba do contrato social que herdamos da revolución francesa. Cando o estado non garante nada e a xustiza non é cega nin xusta, que facemos? Sigue lendo

BDG70: a revolta do cómic galego

bdg70_1-metropoles-delirantesHai algo máis dun ano Xulio Carballo presentaba a súa tese doutoral, Para unha historia da Banda Deseñada Galega: a narración a través da linguaxe gráfico-textual, un excelente texto para entender o traballo e o contexto dos primeiros autores de BD do país, e tamén a primeira tese centrada na nosa BD,  agora, grazas á colaboración e apoio da UDC e a Deputación da Coruña e ao empuxe do propio Xulio, de Manel Cráneo e Demo Editorial “a verba fíxose carne”.

Onte inaugurouse na Sala Normal da Coruña a mostra BDG70: a revolta do cómic galego. Unha exposición na que se poderán contemplar os orixinais da BD galega deses anos setenta, obras de 27 autores como Reimundo Patiño, Xaquín Marín ou Chichi Campos, entre outros, que volven a luz despois de moitos anos de esquecemento.

bdg70_2-metropoles-delirantesA mostra recolle as obras e documentos máis importantes e característicos do nacemento contemporáneo da banda deseñada Galega, que tería precisamente unha das súas primeiras exposicións na Sala Normal hai 43 anos. Poderemos comprobar e admirar a riqueza e variedade temática, das técnicas artísticas e dos diferentes formatos.

Esta exposición reivindica a gran cantidade de artistas que nos derradeiros alentos do período ditatorial utilizaron a BD como medio de expresión do seu pensamento, e fixérono amais na nosa lingua.

bdg70_3-metropoles-delirantesManel Cráneo, Xulio e o seu equipo fan con esta mostra un importantísimo labor de posta en valor, reivindicación e homenaxe aos pioneiros desta arte que non só é merecido polo seu valor como pioneiros senón pola indiscutíbel calidade do seu traballo e a dimensión simbólica e reivindicativa que non renunciou a vangarda artística.

Probablemente esta sexa a exposición de BD máis importante das feitas en Galiza, que agardamos poidamos ver nas diferentes cidades do país.

Esenciais 2016 da ACDCómic (1º semestre)

esenciais-acdcomic-1er-semestre-metropoles delirantesA “Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic” ven de publicar a primeira quenda dos seus Esenciais 2016, unha selección de cómics coa que esta organización pretende chamar á atención sobre algunhas das obras máis destacadas das editadas no estado.

A lista de ‘Esenciais’ preséntase coma unha guía de lectura, e pódese ver en acdcomic.es/esenciales2016. Son 25 novidades publicadas entre xaneiro e xuño de 2016, elixidas en votación por 43 dos integrantes da ACDCómic.

A selección contén unha variada mostra do que ofreceu o mercado da banda deseñada no estado na primeira parte do ano. Así, hai clásicos como ’13, Rue del Percebe’, de Francisco Ibáñez, recuperado a primeiros de ano en edición integral; obras de autores españois consagrados, coma ‘El ala rota’, de Altarriba e Kim, ou ‘Crisálida’, de Carlos Giménez; tamén apostas de vangarda, coma ‘Sirio’, de Martín López Lam, e mesmo tebeos publicados directamente na rede, coma ‘¡Universo!’, de Albert Monteys. Tamén temos representación galega co I.D. de Emma Ríos e o Presas Fáciles de Miguelanxo Prado.

Esta selección presentase coma unha ferramenta para animar a lectores, bibliotecas, libreiros e calquera outro tipo de colectivos culturais a descubrir obras destacadas. A lista vai acompañada duns breves apuntes sobre cada obra elixida, que a sitúan e contextualizan axiña, amais de accesos directos a recensións e comentarios realizados por membros da asociación para diferentes soportes e medios de comunicación.

Viñetas desde o Atlántico 2016

Cartaz de Keko para o Viñetas 2016-Metrópoles Delirantes

Cartaz de Keko

Esta mañá celebrouse no Pazo Municipal a rolda de imprensa de presentación da edición 2016 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico. Tamén se presentou de xeito oficial o cartaz realizado por Keko, invitado do pasado ano. (Nova que nos adiantou Miguelanxo no MD54).

A decimo nona edición do Viñetas será na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto. Segundo a organización “coa vocación de permitir unha ollada cómoda e certeira á realidade actual do cómic”,  o seu director, Miguelanxo Prado, destaca que este ano  terán máis peso ás historias de corte social xa que o cómic “é un dos espazos artísticos que reaccionan con maior rapidez aos acontecementos e inquietudes sociais”. Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 54 – Miguelanxo Prado

Nieves-Rodriguez-e-Miguelanxo-Prado-Metropoles-DelirantesNesta emisión temos un programa intenso e moi da terra. Comezamos coas novas da bd a todo filispím. Entrevistamos a un dos máis grandes autores de Bd do país e director do festival viñetas desde o atlántico, Miguelanxo Prado, e sen saír da cidade herculina, o Sr B apela á conciencia de clase e inscribe na lista de imprescindíbeis o Operario de Jano. Para rematar as novidades, que chegarán a velocidade supersónica con Javi da libraría A Gata Tola.

As músicas desta emisión son:Operario-Jano-Metrópoles Delirantes

  • Paloma Faith – Can’t Rely on You.
  • The Dave Brubeck Quartet – Take Five.
  • Alphaville – Big in Japan.
  • All we are – Feel Safe.
  • Triangulo de Amor Bizarro – A Cantiga de Juan C.

Ardalén por Ana García (Día das Letras Galegas 2016)

Ardalén-Metrópoles DelirantesAs lembranzas son un engano da nosa memoria, onde se mestura o que realmente aconteceu co que a nosa mente elixe gardar e, incluso, cousas que non sucederon nunca. Miguelanxo Prado publicou no 2012 este cómic onde reflexiona sobre o peso dos recordos mentres vai percorrendo anacos do noso pasado recente.

Na trama, Sabela Rego chega a un pequeno pobo nas montañas para intentar completar a historia do seu avó, ó que nunca chegou a coñecer salvo polos escasos obxectos que foi atesourando dende a infancia. Nesta procura crúzase con Fidel, un home cun mundo interior particular que pode (ou non) saber máis do que parece.

A forza das imaxes oníricas de Prado é innegable (case pode ulirse o arrecendo do vento que da nome á obra) pero son os retallos das vidas dos protagonistas os que merecen unha boa tarde de lectura. Ardalén é un relato sobre parte das nosas raizames e tamén o presente que nos arrodea: dende as historias orais da emigración —eses familiares que desapareceron nas Américas, esas odiseas reais de personaxes incribles que superan á ficción— ate os microcosmos das aldeas do interior, onde xa só quedan homes e mulleres que agardan a alguén ó que contar as súas experiencias.

Son memorias moi fráxiles que, como relata o autor, algúns decidiron esquecer (hai moita dor pechada nesas historias) e outros recuperar aínda que sexa nunha fuxida cara adiante. O proceso de investigación no que se converte o cómic complétase ademais con cartas, documentos e poemas que van ofrecendo pequenos detalles para completar o crebacabezas.

Ardalén é así unha obra na que se aborda a vellez con sensibilidade, sen esquecer a súa crueldade no que respecta á soidade e a néboa que enlea as lembranzas: un cómic para seguir buscando baleas nos bosques dun mundo rural que esmorece.

Recomendación de: Ana García. Historiadora e dIvulgadora de banda desenhada, escribe artigos ben xeitosos nas Metrópoles Delirantes.

Comic Con Portugal 2015, Convidados e eventos de BD

comiccon-metropoles-delirantesOs próximos dias 4, 5 e 6 de Dezembro celebra-se a Comic Con Portugal em Porto, a convenção de Cultura Pop em Portugal, que ainda que aborda uma grande variedade de temas, você terá uma boa representação da Banda desenhado. O evento será na Exponor e totalizam 45 mil metros quadrados de área de Exposição coberta.

Os horários son:

  • Dia 4/12 – Abertura – 12h30 Encerramento: 22h00
  • Dias 5 e 6/12 – Abertura – 10h00 Encerramento: 22h00

Os convidados de banda desenhada som:

Brian Azzarello – Vencedor do prestigiado Prêmio Eisner em 2011, argumentista de renome com uma longa colaboração com a DC Comics, principalmente com a sua label Vertigo. Reconhecido internacionalmente Pela obra 100 Balas, desenvolvida em parceria com Eduardo Risso. Presente nos dias 5 e 6 de Dezembro.

Eduardo Risso – Ilustrador argentino com obra reconhecida no mercado da Banda desenhada norte-americana. Colaborador regular da Dark Horse Comics e da DC Comics, Eduardo Risso é vencedor do Prêmio Eisner, em 2001, pelo seu trabalho conjunto com Brian Azzarello, 100 Balas. Presente em todos os dias do evento. Sigue lendo