Arquivos da etiqueta: Hayao Miyazaki

Metrópoles Delirantes 69 – Altarriba e Kim

Abrimos coas novas da BD, a todo filispím, pero de verdade a todo filispím. Nos imprescindíbeis, o Nausicaa de Miyazaki, un manga excelente que deu nunha película ben coñecida. Poñémonos en pe para recibir a Antonio Altarriba e Kim, gañadores do premio nacional de cómic e autores dos excelentes álbumes, El arte de Volar e El ala rota, nunha conversa longa, na que falamos de BD, de Barthes e mesmo un pouco de política. No final, as novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela.

(Queremos agradecer a Javier Pintor e á UNED as facilidades que nos deron para poder grabar esta entrevista).

As músicas desta emisión son:

  • Birkin & Gainsbourg – 69 annee erotique.
  • Shostakovich – Sinfonía nº 10 (II. Allegro).
  • Antónia Font – S’Alegria des Conill.
  • Pizzicato Five – Tokyo, mon amour.
  • My Little Airport – Edward, Had You Ever Thought That The End Of The World Would Come On 20.9.01.

Kemushi no Boro, o vindeiro traballo de Miyazaki

studio_ghibli_logoDespois do anuncio da súa enésima retirada o mestre e grande cineasta xaponés, Hayao Miyazaki, está a traballar unha curtametraxe que será a primeira da súa longa carreira feita íntegramente con ordenadores, estará protagonizada por unha eiruga e a produción durará tres anos, segundo ven de anunciar recentemente o seu fillo Goro Miyazaki.Miyazaki

O guión desta curta estará baseado no dunha longametraxe que nunca se filmou, titulado ‘Kemushi no Boro’ (‘Boro, a eiruga’) e foi escrito antes que ‘A princesa Mononoke’ (1997).

O protagonista é, en verbas do propio Miyazaki, “un ser tan pequeno que se podería esmagar cun dedo”. O filme faise para ser proxectado en exclusiva no Museo Ghibli de Tokio, durara uns 10 minutos, segundo fixo público Toshio Suzuki,  presidente e productor xefe do Studio Ghibli.

Metrópoles Delirantes 1 – José Ángel Ares

Momento da gravación do programa

Momento da gravación do programa

Neste primeiro programa entrevistamos a Jose Ángel Ares e os fancineiros de Compota de Manatí, facemos unha reportaxe de Hayao Miyazaki, escoitamos a crítica do Mapache, Pedro Rey fala de Tintín.