Arquivos da etiqueta: Moderna de pueblo

Metrópoles Delirantes 35 – Especial Viñetas desde o Atlántico (Parte 1)

galicia_web_metropolesdelirantesPor fin chegou o Viñetas desde o Atlántico e como non podía ser doutra forma achegámonos ata A Coruña para gravar un programa especial.

Nesta primeira parte falamos con Raquel Córcoles, autora de Moderna de Pueblo, unha das sorpresas recentes da bd en España, cunha repercusión enorme nas redes sociais os libros de Raquel son un éxito de ventas e ademais xa prepara serie animada. Tamén aproveitamos para falar con Chloé Cruchaudet autora francesa que sorprendeu hai un par de anos con Degenerado, un libro de gran calidade no que conta a historia dun soldado que deserta e ten que se travestir de muller para poder vivir en París coa súa dona.

Portada_Degenerado_metropolesdelirantes

Coma sempre aderezado con música de calité, que desta volta poñen:

      • La Marabunta – Inmersión.
      • Brad Meldhau – Moon River.
      • Metralletas Lecheras – La Realité.
      • La Costa Brava – Hazte Camarera.
      • Stereolab – Mangerine Melodie.

Viñetas desde o Atlántico 2015

logo-vinetas--metropoles-delirantesDende o 10 e ata o 16 de Agosto o cómic volve puntual a súa cita anual coa cidade da Coruña, o festival Viñetas desde o Atlántico é un evento que sempre é unha festa e que sirve de excusa perfecta para que os aficionados nos atopemos cos profesionais do sector.

Este ano o festival vai estar adicado ás mulleres no cómic, cun peso importante na representación dos invitados, que mais un ano será case en exclusiva de autores e autoras españoles.

Os autores e autoras convidados son:

  • Raquel Córcoles (Moderna de pueblo) autora de Soy de Pueblo e Los capullos no regalan flores.
  • Ana Oncina autora de Croqueta y empanadilla.
  • Mai Egurza autora de El Paseo de los Sueños, (con guión de Zidrou).
  • Ana Miralles autora de Djinn e Muraqqa (con guión de Emilio Ruiz).
  • Chloé Cruchaudet autora de Degenerado coa que gañóu o Premio do Público en Anguleme 2014.
  • Alfonso Zapico, autor de La balada del Norte e Premio Nacional de Cómic (de España) 2012 con Dublinés.
  • José Antonio Godoy, “Keko” autor de Yo, asesino (con guión de Antonio Altarriba) Gran Premio da Asociación de Críticos e Xornalistas de Cómic de Francia 2015,.
  • Joaquín López Cruces autor de Por el camino yo me entretengo.
  • Martín Romero, autor de Episodios Lunares, que será este ano o representante da bd do País.

Sigue lendo