Arquivos da etiqueta: Norma Ed

As lecturas do Sr B: Insecto

Aquí en español.

Amor disléxico.

Vivimos nunha sociedade hipersexualizada, mais iso si, sempre dentro duns cánones, a moral e a tradición nacional-católica aínda teñen demasiado peso neste estado que é cada vez máis carpetovetónico douspuntocero. Insecto é un fermoso libro de temática erótica de María Llovet, debuxante Barcelonesa cun dinámico estilo manga, que aborda as relacións diferentes.

Insecto conta a historia de Lea e Lucas, dous irmáns adolescentes, ela, rebelde que goza coa provocación, en loita constante coa nai, e el, calado e disléxico, os dous viven unha relación carrusel, de sentimentos incontrolábeis, que os levan a un “amor fou” que causará escándalo en mentes vetustas de visón e misa de doce e fruición nas máis abertas, aventureiras e soñadoras. Sigue lendo

As lecturas do Sr B: La casa, crónica de una conquista

Aquí en español.

Nestes últimos meses apareceron ata tres obras de banda deseñada que teñen como leit motiv o espazo que habitamos, “Aquí” de Richard McGuire, “La  Casa” de Paco Roca e “La casa, crónica de una conquista” de Daniel Torres. Calquera das tres son obras superlativas, cada unha no seu espazo, no seu estilo e ao xeito do seu autor, todas acadaron moi boas críticas e aceptación do público.

Máis eu penso que a máis superlativa das tres é a de Daniel Torres, un tomo de case que 600 páxinas divididas en 26 capítulos nos que o autor fai un exhaustivo percorrido pola historia da casa; na realidade é máis, porque non se pode disociar a casa, o concepto de lugar de protección e acubillo, dos seus habitantes, claro, a transformación do espazo está necesariamente xunguida a evolución dos seus habitantes e viceversa.

Parece absurdo, pero penso que aínda hoxe os teóricos non se poñen de acordo en quen cambia a quen nesa ecuación sempre complexa que formamos humanos, hábitat, historia e progreso, o que está claro é que dende os tempos das cavernas ata estes tempos modernos de urbanizacións, bloques e arquitectura de “deseño”, os humanos pasamos por moitos momentos, necesidades e solucións para un mesmo problema, a vivenda. Sigue lendo

As lecturas do Sr B: Presas Fáciles

Aquí en español.

presas_capa-metropoles-delirantesMiguelanxo Prado é un autor superlativo, non hai dúbida ningunha, e deixa en cada libro boas mostras. Neste Presas fáciles da un pasiño adiante para non só agasallarnos cunha obra gráfica excelente, senón que amais deita nel a rabia dun humanista cabreado coa parte podre da sociedade cruel e carroñeira que permite o engorde dos beneficios empresariais á costa dos patrimonios e as vidas dos máis débiles, actuando coa impunidade que herdaron dos caciques e os señoritos que decidían destinos e aos que por desgraza tan ben coñecemos na terra nosa.

Presas fáciles avisa xa desde a capa do que imos atopar. Dous velliños miran entre aterrados e resignados a unhas hienas que os axexan, porque este libro non só é unha historia policíaca que afonda no drama das preferentes e os abusos da banca, tamén é a historia dos que son silenciados polos poderes económicos, mediáticos e políticos, un xeito de ensaio no que Miguelanxo busca unha resposta á creba do contrato social que herdamos da revolución francesa. Cando o estado non garante nada e a xustiza non é cega nin xusta, que facemos? Sigue lendo

Metrópoles Delirantes 58 – Daniel Torres

daniel-torres-metropoles-delirantesNa quincuaxésimo oitava emisión o Sr B fai imprescindíbel unha obra que foi premio nacional, El arte de volar de Altarriba e Kim. Escoitaremos a segunda das entrevistas que gravamos no pasado viñetas desde o Atlántico, desta volta a Daniel Torres, o valenciano contounos moitas cousas do seu “La casa”. Para rematar, dende A Gata Tola de Compostela, Javi achegouse para nos falar das novidades máis interesantes.

As músicas desta emisión son:

  • Right Place, Wrong Time– Dr John.
  • K&D – Jazz Master.
  • Elbow – This blue world.
  • Willie Wright – Right on for the darkness.

As lecturas do Sr B: El ala rota

Aquí en español.

capa-el-ala-rota-metrópoles-delirantesO duo creativo que forman Antonio Altarriba e Kim recibeu no ano 2010 o premio nacional de cómic con El arte de volar, unha excelente, densa e dura obra na que narraban a vida do pai do primeiro. O propio Altarriba explica no epílogo deste libro que chegou a conclusión de que non lle fixera xustiza a súa nai, que como é evidente, estaba, mais non se afondaba na súa historia vital.

Como tódalas mulleres desa época, Petra, que así se chamaba, era unha muller calada, sufrida, traballadora e espelida, máis tan discreta que o seu propio fillo descubriu a súa minusvalía (non podía estirar un brazo) no seu derradeiro suspiro.

Petra como moitas mulleres daquel tempo, case non tivo infancia, e pasou a xuventude coidando dun pai que a quixo matar ao nacer e que foi de mal en peor dende aquel día. Ao falecer o pai marcha a Zaragoza onde entra a servir na casa dun Xeneral do exercito Franquista, nesa casa é testemuña muda das reunións segredas do militar, e das cospiracións dos monarquicos (que os había) do exercito do dictador. Da casa do Xeneral saiu para casarse, tivo un só fillo, e unha vida caseira. Rematou os seus días nunha residencia e foi xa no seu leito de morte onde o seu fillo descubre o pouco que sabe da vida da súa nai.

01-ala-rota-metropoles-delirantes

Altarriba e Kim, repiten os esquemas da (chamemoslle así) primeira parte; un guión sólido, perfectamente estruturado, narrado con destreza, con elegancia, na gráfica un debuxo realista, descarnado e que saca proveito do branco e negro e os grises para amosarnos unha españa dura, pobre e reprimida. Alonxada do edulcorado discurso oficial da transición.

Non hai composiciones de páxina fora do normal, pero si unha correcta pauta case fixa de seis viñetas por páxina nas que Kim amosa a súa destreza no debuxo, aínda máis preciso e detallado que no xa magnífico el arte de volar.

Pero este libro non só é a historia da nai de Altarriba, é a historia dun século, dunha España famenta, dunha España vencida e humillada polos feixistas, mais tamén a de milleiros de mulleres que foron motores e sustento das familias, que dende a discrección o traballo e a templanza souberon sacar adiante aos seus fillos e foron quen de superar as dificultades de ser mulleres nun estado tan retrógrado.

02-ala-rota-metrópoles-delirantesÉ un libro que se atreve a ficcionar un descoñecido pasaxe da historia, o episodio dos militares franquistas que seguiron fieis aos ideais monárquicos e mesmo conspiraron contra o réxime do orondo xenocida, que segundo as hipoteses dos autores, non deixou pasar tales actos sen unha purga mortal.

Tamén hai unha certa crítica social na derradeira parte do libro, cando Petra xa está na residencia xeriatrica a cargo dunhas monxas que a miúdo mután en avariciosos capitalistas con xeitos (case) mafiosos.

Altarriba e Kim asinan con este díptico (El arte de volar e El ala Rota) un par de excelentes obras que tendo sentido por separado, aínda teñen máis como obra única e que cumpren con tódolos mándamentos dunha boa banda deseñada; excelente factura de guión e debuxo, historia interesante, por suposto, ben contada e nunha magnífica edición de Norma.

Metrópoles Delirantes 57 – Canales e Pellejero

metrópoles delirantes-canales-pellejeroComezamos tempada con esta emisión e facémolo falando da actualidade coas novas da bd a todo filispim co SrB. No imprescindíbel unha obra de Etienne Davodeau, Rural. Na entrevista, escoitaremos a Juan Díaz Canales e Rubén Pellejero, dous grandes autores que xa son lendas vivas. E rematamos con Xaime Lis que dende Komic en Compostela achegouse para falarnos das novidades. Todo con flow e voces sexis 😉

As músicas desta emisión son:

  • The Hustle – Van McCoy.
  • Booker T & The Mg´s – Melting Pot.
  • Emmanuelle Seigner – Le jour parfait.
  • The Shivas – Baby I Need You
  • Novedades Carminha – Que Dios reparta fuerte.

A Guerra Civil española en seis bandas desenhadas

Atila-Metrópoles DelirantesAtila de Inacio e Iván Suárez

Estamos en febreiro de 1938, Castelao era deputado pola Fronte Popular e acompaña ao goberno da República na retagarda en Barcelona. A xornalista  Magda Donato entrevista ao político (publicada no nº 32 do magacín Mi revista) mais a súa conversa é interrompida polo bombardeo da aviación fascista italiana, diríxense ao interior dun refuxio antiaéreo onde o continúan a entrevista e Castelao lembra anécdotas da súa infancia na pampa arxentina. Para ilustrar o texto, e como agasallo para ela, Castelao entrégalle uns debuxos do libro, Atila en Galicia, no que o artista quixo plasmar as atrocidades e a masacre que se está a cometer durante a guerra.

Cuarta entrega desta serie editada por Demo editorial que debería estar sen dúbida en tódalas bedetecas.

Vencedor y vencido-Metrópoles DelirantesVencedor y vencido de Sento Llobell

Sento Llobell é o autor da triloxía sobre Pablo Uriel, que remata con con Vencedor y vencido, o libro que pecha a triloxía que forma xunto a Un médico novato y Atrapado en Belchite,

Este conxunto de obras conta as vivencias de Pablo Uriel (sogro do autor), un médico recén licenciado ao que recrutan para ir ao fronte as forzas sublevadas e que logo é feito prisioneiro polos republicanos.
Unha serie de cómics ben interesantes que dan unha visión particular do conflito a través dos ollos dun home que aínda sendo de esquerdas foi mobilizado polo bando sublevado, que estivo en perigo de morte varias veces e que ao final como moitos outros foi vencedor e vencido dunha guerra na que realmente só gañou a barbarie do franquismo. Sigue lendo