Arquivos da etiqueta: Pablo Auladell

Viñetas desde o Atlántico 2017

Hoxe foi presentada polo Concelleiro de Culturas da Coruña, José Manuel Sande a edición 2017 do Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico.

A vixésima edición do Viñetas será na Coruña entre o 7 e o 13 de agosto, como cada ano esta edición contará con convidadados nacionais e internacionais, a organización destaca a presenza do Premio Nacional de cómic 2016, Pablo Auladell e da exposición coa que se conmemoran os dez anos deste premio. Tamén haberá unha mostra adicada á banda deseñada Galega nos vinte anos do Viñetas, unha exposición retrospectiva que prometen será “conceptualmente novidosa”. No apartado das sedes, o festival medra e integra dous novos espazos, Afundación, da Obra Social Abanca, e a Fundación Barrié. Outra das novidades é o  espectáculo audiovisual: Black Dog, the dreams of Paul Nash, con Dave McKean.

Por primeira vez na historia do Salón, o cartel deste 2017 non lle foi encargado coma sempre a un dos convidados no 2016, senón a o autor galego, Das Pastoras, que xa asinara o de 2002, pero, en palabras do directo do festival, Miguelanxo Prado: “queriamos que o vixésimo cartel fose diferente, un que, na medida do posible, salientase dentro desa magnífica colección que fomos xuntando neste tempo. O listón estaba alto, ben se pode comprobar na exposición de carteis que Viñetas leva cada ano á Torre de Hércules. Así que pensamos en pedirllo a DasPastoras, pola súa particularísima liña de traballo. O certo é que non dubidou en quedar co reto. E á vista está o resultado”. Sigue lendo

Pablo Auladell gaña o Premio Nacional del Cómic de España

paraisoperdido-metropoles-delirantesPablo Auladell ven de ser anunciado coma gañador do Premio Nacional del Cómic de España de  2016, pola obra El paraíso perdido. O premio é concedido polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, está dotado con 20.000 euros e ten como obxecto distinguir a mellor obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2015.

O xurado manifestou ter escollido esta obra polo “gran valor artístico e forza visual inspirada pola intemporal visión de Milton, o seu tratamento da color, o uso orixinal da iconografía e da narrativa que acada ao mesmo tempo ser arquetípica e plenamente actual”.

Biografía
Pablo Auladell Pérez (Alicante, 1972) é docente do Master Ars in Fabula e da AIF Summer School en Macerata (Italia). Ilustrou máis de trinta álbumes, novelas e bandas deseñadas.

Auladell realizou os primeiros fanzines en 1996 co colectivo autoral ‘La Taberna del Ñú Azul’, o seu primeiro álbum de banda deseñada, El camino del titiritero, foi nomeado ao premio ao Autor Revelación no Salón de Barcelona de 2002.

O seu traballo foi recoñecido co premio do Ministerio de Cultura ás Mellores Ilustracións de Libros Infantís e Xuvenís en 2005 por Peiter, Peter e Peer e otros contos de Andersen, e o galardón ao Autor Revelación no Salón del Cómic de Barcelona de 2006 por La Torre Blanca (2005).