Arquivos da etiqueta: Ramón Trigo

As lecturas do Sr B: Lobada

Aquí en español.

Operación Kartoffel.

Lobada é unha historia de intriga que acontece nos tempos da Segunda Guerra Mundial cando o País estaba inzado de espías de ambos bandos. Os nazis precisaban o wolframio galego para alimentar a súa maquinaria bélica e algúns empresarios da elite franquista comerciaban con este mineral que sacaban das minas a custes ínfimos, con man de obra de prisioneiros políticos na meirande parte, para enriquecelos a eles e ao o xenocida de voz afrautada e maldade de percusor doado.

En Lobada os vigueses Xosé e Ramón Trigo contan como o mesmo Himmler, xefe das SS, envía a Otto Ranh, o seu investigador paranormal en “nómina”, ata Vigo para facerse coa cura para as enfermidades venéreas coa que unha curandeira galega sandou aos enxeñeiros alemáns destinados nas minas. Ao mesmo tempo teñen que darlle solución aos problemas que os fuxidos ao monte ocasionan co estraperlo do valioso mineral e as sabotaxes. Sigue lendo

O burato do inferno por SrB (Día das letras Galegas 2016)

O burato do inferno-Metrópoles DelirantesEsta novela gráfica naceu para ser guión de cinema pero os autores decidiron finalmente convertela na primeira banda deseñada que publicaron, foi editada no ano 2010 pola defunta Faktoria k de Libros de Kalandraka.

A Guarda, ano 1858, Bieito o Lindo, un home endurecido pola miseria e a fame, que abandonou a súa muller cando quedou preñada e que durante un tempo foi raqueiro e contrabandista na fronteira, regresa moi enfermo da Habana e pídelle ao párroco que lle vaia buscar ao fillo, que aínda que desprezaba ao moribundo, non pode negarse a aquela petición.

Bieito antes de dar o derradeiro alento, encárgalle ao fillo que limpe as súas culpas. O mozo terá que enfrontarse co cacique local para cumprir a vontade do seu proxenitor.

Esta é a sinopse desta negra historia coa que os irmáns Trigo nos achegan á Galiza do século XIX, pobre, mal comunicada, famenta. Unha sociedade dominada polo caciquismo, que decidía o sino dos seus habitantes, na que a sociedade consentía a pequena (ou grande) delincuencia para sobrevivir, alternando o pouco traballo e as crebas co contrabando e ata a piratería de terra.

Estas historias que os autores coñecen na tradición oral da súa vila A Guarda son os alicerces da historia que Ramón fai guión e o seu Irmán José Manuel, debuxo.

O libro é excepcional, a un interesante e ben contado guión, que deixa ao noso criterio o valorar canta parte de mal puro e de necesidade que obriga hai nun home que se adica a matar para sobrevivir hai que xuntar a marabillosa arte na que Ramón mestura o expresionismo de Murnau co tenebrismo, e manexando lapis e carbón é quen de facer que nos mergullemos axiña nesa sociedade escura, tenebrosa e dura na que os matices son tan escasos coma a comida. Os diálogos son os estritamente precisos, e a narrativa do libro deitase sobre a superlativa obra de Ramón que crea unha atmosfera tan abafante como fermosa.

Para min un dos mellores libros que se publicou na bd galega, que inxustamente non ten a fama que acadaron outros, pero si a calidade que lle falta a produtos que ata gozan dalgún premio.

Recomendación de: Sr B. Divulgador de banda desenhada. Escribe recensións na revista Tempos Novos e coordina as Metrópoles Delirantes.