Arquivos da etiqueta: Sr B

Metrópoles Delirantes 69 – Altarriba e Kim

Abrimos coas novas da BD, a todo filispím, pero de verdade a todo filispím. Nos imprescindíbeis, o Nausicaa de Miyazaki, un manga excelente que deu nunha película ben coñecida. Poñémonos en pe para recibir a Antonio Altarriba e Kim, gañadores do premio nacional de cómic e autores dos excelentes álbumes, El arte de Volar e El ala rota, nunha conversa longa, na que falamos de BD, de Barthes e mesmo un pouco de política. No final, as novidades que trae Xaime, dende a libraría Komic de Compostela.

(Queremos agradecer a Javier Pintor e á UNED as facilidades que nos deron para poder grabar esta entrevista).

As músicas desta emisión son:

  • Birkin & Gainsbourg – 69 annee erotique.
  • Shostakovich – Sinfonía nº 10 (II. Allegro).
  • Antónia Font – S’Alegria des Conill.
  • Pizzicato Five – Tokyo, mon amour.
  • My Little Airport – Edward, Had You Ever Thought That The End Of The World Would Come On 20.9.01.

Metrópoles Delirantes 68 – El Irra

Abrimos coa dedicatoria dunha canción do Sr B. As novas da BD son, máis que nunca, a todo filispím. O gran Zapi, volve nesta emisión coa súa sección Tebeos Xurásicos, desta volta o Hazañas Bélicas. Imos Rumbo ao sur, a dorna remonta o Guadalquivir para embarcar a El Irra, autor de Palos de Ciego, unha BD intensa, dura e ben entretida que nos levará a unha Sevilla que nada ten que ver co das postais e si co da vida cotiá. No final, as novidades que trae Javi, dende a libraría A Gata Tola de Compostela.

 

As músicas desta emisión son:

  • Betty Missiego – Su Canción.
  • Paul Mauriat & His Orchestra – It´s not unusual.
  • Nino Bravo – Voy buscando.
  • Bambino – Podría volver.
  • Triana – Diálogo.

Esenciais 2016 da ACDCómic (2º semestre)

A Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic de España (ACDCómic) presenta a segunda ronda dos ‘Esenciales 2016’ que cos xa elixidos no primeiro semestre, resulta nos 50 cómics máis destacados para o colectivo durante o pasado ano.

O listado recolle as novidades publicadas entre xullo e decembro de 2016. A selección da ACDCómic reflicte a excelente colleita de novidades de autores españois na segunda metade do ano. Así, inclúe obras como como ‘Lamia’, de Rayco Pulido; ‘La grieta’, de Carlos Spottorno y Guillermo Abril; ‘Jamás tendré 20 años’, de Jaime Martín, ou ‘Intemperie’, de Javi Rey. Este listado ten representantes de autores de Europa, Estados Unidos e Xapón, con títulos que van dende a recuperación de obras clásicas (‘Philémon’, ‘¿Quién es el 11º pasajero?’) ata apostas de vangarda (‘Beverly’), pasando pola BD xuvenil (‘Leñadoras’) ou thriller (‘El sheriff de Babilonia’), entre outros.

Esta selección presentase como una ferramenta para animar a lectores, bibliotecas, libreiros e todo tipo de colectivos culturais a descubrir obras destacadas con independencia do seu éxito comercial. A lista de títulos vai acompañada duns breves apuntes sobre cada obra.

Esenciais 2016 da ACDCómic (1º semestre)

esenciais-acdcomic-1er-semestre-metropoles delirantesA “Asociación de Críticos y Divulgadores de Cómic” ven de publicar a primeira quenda dos seus Esenciais 2016, unha selección de cómics coa que esta organización pretende chamar á atención sobre algunhas das obras máis destacadas das editadas no estado.

A lista de ‘Esenciais’ preséntase coma unha guía de lectura, e pódese ver en acdcomic.es/esenciales2016. Son 25 novidades publicadas entre xaneiro e xuño de 2016, elixidas en votación por 43 dos integrantes da ACDCómic.

A selección contén unha variada mostra do que ofreceu o mercado da banda deseñada no estado na primeira parte do ano. Así, hai clásicos como ’13, Rue del Percebe’, de Francisco Ibáñez, recuperado a primeiros de ano en edición integral; obras de autores españois consagrados, coma ‘El ala rota’, de Altarriba e Kim, ou ‘Crisálida’, de Carlos Giménez; tamén apostas de vangarda, coma ‘Sirio’, de Martín López Lam, e mesmo tebeos publicados directamente na rede, coma ‘¡Universo!’, de Albert Monteys. Tamén temos representación galega co I.D. de Emma Ríos e o Presas Fáciles de Miguelanxo Prado.

Esta selección presentase coma unha ferramenta para animar a lectores, bibliotecas, libreiros e calquera outro tipo de colectivos culturais a descubrir obras destacadas. A lista vai acompañada duns breves apuntes sobre cada obra elixida, que a sitúan e contextualizan axiña, amais de accesos directos a recensións e comentarios realizados por membros da asociación para diferentes soportes e medios de comunicación.

As lecturas do Sr B: Muuh No prado das vacas

Aquí en español.

Muuh1-Metrópoles DelirantesHoubo un tempo no que Galicia foi o país do millón de vacas, e si non foi na realidade si foi naquel magnífico libro de Manuel Rivas. É ineludíbel a relación de Galiza coas vacas, co campo, coa natureza e coas “forzas telúricas”, por iso esta banda deseñada que nos trae unha pequena editora, Figurando Recuerdos Edicións, parece feita pola man dun galego, aínda que detrás do seudónimo Troubs agochase o francés Jean-Marc Troubet.

Neste libro non hai unha historia definida de estrutura clásica ordenada en tres actos, non, máis ben o que hai é dúas narrativas ben diferenciadas. A do personaxe humano que (moi probablemente) é o propio autor, unha parte que ten máis de libro ilustrado que de bd, retratos de vacas mesturados coas reflexións e elucubracións sobre os animais. Esta parte, máis realista e máis pictórica, entra en dialogo coa parte na que as vacas cobran conciencia de si mesmas, a parte de cómic máis ao uso, na que o autor caricaturiza aos animais para mostralos afables, bondadosos e mesmo “ben mantidos”. Esta parte do libro é a máis surrealista, cunha humanización das propias vacas que percorren as lindes da reflexión ecoloxista e que mesmo filosofan sobre as enerxías.Muuh2-Metrópoles Delirantes

A parte gráfica deste libro tamén diferencia as dúas narrativas, e si ben nos pode descolocar no principio da lectura, paseniño vai facendo reacción química e pasa dunha disolución nas primeiras páxinas, a unha mestura homoxénea no final do libro. Aínda que nunha primeira lectura este libro pode parecer un sinxelo exercicio de estilo, un divertimento ou mesmo un experimento, é un libro que precisa que repousemos a súa lectura, e ao cabo dun par de días, releamos. Coma os viños bos, co repouso veñen á mente as notas salvaxes e frescas da natureza e a vida rural, enriquecendo a experiencia lectora.

Muuh3-Metrópoles DelirantesUn cómic no que as protagonistas son as vacas e o secundario é o humano. O libro mestura as reflexións e ilustracións do home coa parte de narrativa secuencial pura ou clásica na forma, na que os animais levan o peso fundamental, vacas por certo, cunha capacidade surrealista tal, que ben poderían asinar sen desmerecer un artigo de Caneiro, xa que coma este viven nunha realidade inexistente.

Merece unha mención o esforzo da humilde editora Figurando Recuerdos Edicións que con gran valentía atreveuse a editar en galego esta pequena xoia da bd. E tamén o excelente traballo na tradución que foi supervisada por Carlos Callón o que xa é unha garantía de integridade e respecto pola lingua.

Esta recensión foi publicada en xuño de 2016 na revista Tempos.

As lecturas do Sr B: Acero y Láser

Aquí en Español.

Acero e Laser 1 - Metrópoles DelirantesAceiro e Láser é un coctel bitono en rosa e azul, e vouvos dar a receita:

Nunha cocteleira mesturar tres partes dos másters do universo, dúas partes da saga regreso ao futuro, dúas pingas de Flash Gordon, axitar forte e filtrar para quitarlle os complexos e a ñoñeria. Servir en copa martini con dúas rodelas de violencia, santería galáctica e épica medieval.

Bombástico!!!

Está verba inexistente na nosa lingua pode ser a mellor definición do alucinante, excelente, divertido, irreverente e marabillosamente kitsch e “futurista de mercadillo” Aceiro e Láser de Benjamin Marra.

Este cómic que nos trouxeron as editoras Autsaider e Fatbotton, cun atractivo prezo de 6 euros, Acero e Laser 2 - Metrópoles Delirantesé unha das típicas historias tolas e alucinantes de Marra. Dous irmáns, que se asemellan a algúns dos referentes pop da infancia da xeración Mazinguer Z, dos que os delirantes non somos quen de nos poñer dacordo en si recordan o primeiro a He-man ou a Conan e o segundo a Marty McFly con láseres e moi mala hostia, ou a Pino DÁngio pasado de “Mitsubishis”, ambos, nun universo que podería ser a ruta do bacallao valenciana, macarritas que destripan demos coma quen vota ao PP, con sorprendente facilidade, efectividade e beneficio propio.

Marra, tráenos aquí unha historia futurista ben delirante, un xeito de opereta breve galáctica no que desprega un universo de seres raros, que teñen case tanto de superherois coma de sicarios, nunha historia que non só engancha desde a portada, senón que marabilla na primeira páxina, e dende aí, todo é un crescendo de fantasía gamberra que non podes deixar ata rematar de ler, cousa que por certo chega axiña pois só son 30 páxinas, pero Acero e Laser 3 - Metrópoles Deliranteseh, que 30 páxinas “mai frends”.

Divertidísimo como todo o que fai Don Benjamin, como lle chaman con razón na web de Autsaider, o autor non esconde as súas influencias dos cómics setenteiros, nin o seu gosto pola violencia. Está claro que si existe unha serie B na banda deseñada, debe ser este que tan estupendamente fai Mr Benjamin, que sería quen de mesturar Barbarella con Toxic avenger e facer unha obra mestra.

Metrópoles Delirantes 54 – Miguelanxo Prado

Nieves-Rodriguez-e-Miguelanxo-Prado-Metropoles-DelirantesNesta emisión temos un programa intenso e moi da terra. Comezamos coas novas da bd a todo filispím. Entrevistamos a un dos máis grandes autores de Bd do país e director do festival viñetas desde o atlántico, Miguelanxo Prado, e sen saír da cidade herculina, o Sr B apela á conciencia de clase e inscribe na lista de imprescindíbeis o Operario de Jano. Para rematar as novidades, que chegarán a velocidade supersónica con Javi da libraría A Gata Tola.

As músicas desta emisión son:Operario-Jano-Metrópoles Delirantes

  • Paloma Faith – Can’t Rely on You.
  • The Dave Brubeck Quartet – Take Five.
  • Alphaville – Big in Japan.
  • All we are – Feel Safe.
  • Triangulo de Amor Bizarro – A Cantiga de Juan C.