Arquivos da etiqueta: Xerais

Metrópoles Delirantes 66 – Jacobo Fernández

Comezamos coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescindibéis aventuras históricas no caribe, a entretida e fantástica triloxía cubana de Fran Jaraba. Saldamos unha débeda coa magnífica serie Marcopola de Jacobo Fernández Serrano, falaremos con él desta obra da que ven de publicar o cuarto número. No tempo das novidades, Eva dende a libreria Banda Desenhada de Vigo.

As músicas desta emisión son:

  • Nena – 99 Lufballons.
  • Kruder & Dorfmeister – Going Under.
  • Elíades Ochoa e Ibrahim Ferrer – Chan Chan.
  • Camera Obscura – Lloyd, I’m Ready To Be Heartbroken.
  • Rui Veloso – Não Percas o Teu Mistério.

Quo vadis, Astérix?

quovadisCando sae un libro agardado con gran expectativa e que ten para min un valor sentimental sufro certo tipo de bloqueo que me leva a telo no andel e non ser quen de abrilo, hai unha resistencia inexplicábel a devoralo, que é o que en principio un pensaría que vai facer. O novo Astérix levaba no lar xa uns días, e eu sufría ese bloqueo, claro, un é algo purista, o meu primeiro cómic foi O Escudo Arverno, e nestas cousas sempre me costa afacerme á idea de que alguén vai continuar unha obra mítica. Os libros de Goscinny e Uderzo son obras mestras, tanto, que a fama que acadou nesa primeira etapa do personaxe mesmo sobreviviu á segunda etapa, esa que Uderzo emprendeu en solitario e que levou o mesmo camiño que o dun kamikaze, a medida que ía facendo libros víase máis preto a catástrofe.

O primeiro libro con novos autores, Astérix e os Pictos, non entrará na listaxe dos máis memorables da serie, foi un libro de transición, o primeiro que non foi feito por ningún dos dous creadores, a min en xeral pareceume frouxo, mais entendo que a responsabilidade fixo pertinente a falta de risco na historia, digamos que foi unha posta o día, coma un quecemento dos novos autores. Seguir lendo

A capa do novo Astérix

Asterix36frcHoxe fixeron pública a capa do que será o trixésimo sexto álbum dos irredutíbeis galos, O papiro de César, coma no anterior (Astérix e os Pictos) esta nova aventura será asinada por Conrad e Ferri. Aínda non se coñecen moitos detalles da obra, só que desta volta e como é tradición os galos quedan na aldea é que haberá un novo e malévolo personaxe que levara o nome de Bonus Promoplús. (En portugués Vendetudus).

O libro estará á venda o vindeiro 22 de outubro e terá, coma o anterior, edición en Galego da man de Xerais.

Na España poranse á venda 160.000 exemplares en castelán, 25.000 en catalán, 4.000 en éuscaro, 3.000 en galego e 1.500 en bable.

Asterix36frp

 

O papiro de César é o titulo do seguinte álbum de Astérix

O-papiro-de-Cesar-metropoles-delirantesXa hai data e xa coñecemos o título do seguinte álbum dos irredutibles galos, o 22 de outubro de 2015 publicarase o trixésimo sexto álbum de Astérix e Obélix, que terá por titulo O papiro de César. Repiten neste álbum, tanto o guionista Jean-Yves Ferri coma o debuxante Didier Conrad, que foron os escollidos en 2013 para continuar coas aventuras dos personaxes de Goscinny e Uderzo no exitoso (en vendas) Astérix e os pictos (editado en galego por Xerais).

Nesta nova aventura a historia transcorrerá na Galia, mantendo a tradición de alternar un álbum onde Astérix e Obélix viaxan a outro país cun no que a acción ten lugar na Galia, ademais revelaron que haberá batallas e novos personaxes, algún “moi desagradable”, e que se abordará un tema característico da sociedade moderna”. Seguir lendo

Novo álbum de Astérix o 22 de Outubro de 2015.

Asterix_36Os irredutíbeis galos xa teñen data de volta ás librarías, despois do exitoso Astérix e os Pictos, editado en Galicia por Xerais, os personaxes creados por Goscinny e Uderzo estrearan nova aventura, que será a trixésimo sexta, o vindeiro 22 de Outubro.

Esta será a segunda aventura na que os guións e os pinceis estarán a cargo de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, que teñen a difícil tarefa de continuar con esta importante serie.

Astérix e os pictos, foi publicado el 22 de outubro de 2013. A primeira tirada francesa de dous millóns de exemplares na primeira semana, e vendeu en todo o mundo cinco millóns. Este álbum malia a ser excelente no debuxo no que Didier Conrad fai que non nos decatemos apenas do troco no lapis, non foi tan bo no guión, que defraudou sobre todo ós lectores máis esixentes.

Seguir lendo

Metrópoles Delirantes 8 – José Domingo

Novidades das que falamos

Novidades das que falamos

Entrevistamos a Manuel Bragado, Director da editorial Xerais e tamén a José Domingo flamante nominado ós Eisner, o Sr B viaxa polo Portugal de Cyril Pedrosa e coas novidades poñemos fin a este programa musical e sentimentalmente adicado a Portugal.