Arquivos da etiqueta: Xulia Pisón

Metrópoles Delirantes 80 – Licor Café – Manel Cráneo, Xulia Pisón e Dani Xove

Abrimos programa coas novas da BD a todo filispím. Nos imprescidíbeis o Sr B anota a triloxía galáctica de Leo. Embarcan nesta emisión Manel Craneo, Xulia Pisón e Dani Xove, cos que falaremos do Licor café, a antoloxía da nova BD galega que ven de editar Demo Editorial. E tamén dos proxectos desta heroica editora coruñesa comandada por Cráneo.

 

As músicas desta emisión son:

  • Novedades Carminha – El Vivo al Baile.
  • Afterlife – Ten Thousand Things.
  • The Ladybug Transistor – These Days in Flames.
  • Stefan Obermaier – This Vive.
  • Miguel Rios – Ahora que he vuelto.
  • Jens Lekman – To Known Your Mission

Breve escolma de autoras galegas

Na BD galega, por sorte, temos un bo número de autoras, é quixemos facer unha pequena escolma, por suposto que hai máis, pero agardamos que esta sexa a primeira de moitas, porque queremos ver como esta listaxe non para de medrar.

Bella muerte-Metrópoles DelirantesEmma Ríos.

Cunha traxectoria impecable, é a nosa autora máis internacional. Despois de pasar por Marvel, comezou un proxecto persoal con Kelly Sue DeConnick que foi publicado en España pola editorial Astiberri co título de Bella Muerte. Amáis ven de poñer a andar unha revista de bd nos estados unidos con Brandon Graham chamada “Island”.

Mccactus-Metrópoles DelirantesXulia Pisón.

Ven de gañar o premio Xuventude Crea de cómic. Unha das autoras máis interesantes da longa nómina galega, o seu fancine McCactus é un éxito de vendas en cada festival de autoedición, sen dúbida un valor seguro da rica canteira Coruñesa, que xa traballa en obras máis longas que agardamos impacientes.

Anna Dedalus-Metrópoles DelirantesXulia Vicente.

Cun persoal estilo e unha traxectoria, aínda sendo moi nova, xa longa no fanzinismo. Xulia é unha das realidades máis sólidas da BD galega. Recentemente presentou o libro “El misterio de la mansión quemada”, feito con Miguel A. Giner Bou e Núria Tamarit. Publicou en importantes fanzines coma Sacoponcho, Nimio, Arrós negre. Gañou un feixe de premios entre eles o das  Xornadas de BD de Ourense 2013.

alicia-jaraba-ad-libutum-Metrópoles DelirantesAlicia Jaraba.

De de seguro que esta autora viguesa vainos dar horas e horas de bo cómic, non para de gañar premios de cómic, tanto no país coma no estado español, e de feito xa gañou varias veces o premio das Xornadas de Bd de Ourense. Ilustra libros para editoriales francesas e tamén está a preparar diversos proxectos de cómic.

 

Havarti party-Metrópoles DelirantesRoberta Vázquez.

Publica en revistas e fanzines, a compostelana, é autora de Havarty Party, un libro excelente publicado por ese milagre editorial vigués que é Fosfatina. Roberta é un prodixio de productividade, publica en mil sitios e en mil fanzines, creadora dun personalísimo e surrealista universo habitado por animais antropomorfos.

 

taiga-Metrópoles DelirantesCynthia Alfonso (Zynvaites).

Outra das autoras ás que debemos seguir ben pretiño. Integrante do colectivo Cabeza de corte aéreo e multipremiada tamén en distintos certames é habitual de distintos fanzines, entre eles os interesantísimos Nimio e Taiga.

 

Julia Huete-Metrópoles DelirantesJulia Huete.

Esta Ourensana é outra autora do “movemento Fosfatina”, experimental e arriscada, as propostas de Julia son pura xenialidade. É deseñadora e artista plástica, traballa a autoedición, o cartelismo e o cómic dende a pintura.

 

VideoclubFZN-Metrópoles DelirantesInés Casarejos.

Si vedes un fanzine cun estrano formato, moi alongado e estreito, titulado “Videoclub”, é obra de Inés. Un “must” en calqueira bedeteca. Tamén ten colaborado en diversos fanzines, coma Hormigas o Ilustrísimas, e na web de Tik Tok.

Metrópoles Delirantes 42 – José Domingo

pablo-jane-metropoles-delirantesVoltamos pola Coruña e recuperamos nesta emisión o fanzineando para entrevistar a Xulia Pisón, unha das sorpresas que nos dou o Autobán e que ademais foi recentemente premiada no Certame Xuventude Crea. Nos imprescindibles do Sr B un cómic chegado dende Israel, La propiedad de Rutu Modan, gañadora do premio especial do xurado do ano pasado en Anguleme. Mccactus_metropolesdelirantesImos adentrarnos nos mundos de José Domingo, o autor de Pablo & Jane y la dimensión de los Monstruos que acaba de sair do prelo e que é un dos libros máis marabillosos do ano. E para rematar esta emisión, as novidades, inzadas de manga, que desta volta trae Toño dende Alita na Coruña.

As músicas do programa son:Foto md42

  • Boney M – Sunny.
  • Ray Barreto – The soul drummers.
  • Kula Shaker – Only love.
  • PMJ ft. Blake Lewis – Radioactive.
  • The Last Shadow Puppets – Meeting Place.